Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 3 de xuño de 2011

Emitido durante 2010-2011 , a segunda temporada de To aru Majutsu no Index continúa a historia do universo "To aru " e segue a historia prantexanda nas novelas de forma máis ou menos decente.Particularmente creo que tivo os seus momentos pero non foi tan boa como a primeira tempada. Agora , o argumento:
ARGUMENTO
Retómase a historia dende o punto no que deixou na primeira tempada, aínda que tampouco se pode ver unha continuidade perfecta e a historia ten un novo comezo. Por se non recordas, o último que pasou na primeira tempada (Hyoka ark) remataba dun xeito bastante simple, carpetazo e punto. A historia sitúase no último día das vacacións de verán, con Touma apurando para poder rematar as súas tarefas a tempo.Sen embargo, ten que ter unha falsa cita con Mikoto, polo que rematará sen facer nada. Ao mesmo tempo, Index é raptada por un mago que quere extraer información que está nun dos libros que Index contén, polo que a somete a un ritual do que Touma a ten que salvar co seu xa mítico Imagine Breaker. Como comezo de tempada vale, pero espérase máis nos seguintes capítulos.Así, ao rematar este mini-arco, comeza de verdade un dos arcos adaptados das novelas, ao que eu chamo "Book of law ark".


Neste arco preséntasenos a unha personaxes chamada Orsola Aquinas, unha monxa que descubriu o segredo para poder ler o libro da lei, un libro que se supón que podería servir para destruir o mundo . Así, Kamijou & Company diríxense cara onde está dita monxa para evitar que lle de os seus coñecementos aos Amakusa. Como soe pasar neste tipo de histotias, os Amakusa non eran os realmente malos, senón so católicos romanos, que cunha división de monxas loitadoras(LOL) intentan facerse co coñecemento de Orsola. Á fin todo é en balde xa que se demostra que a clave para descifrar o libro da lei varía cada moi pouco tempo , polo que a que descubriu Orsola non vale de nada. Épica escea cando centos de monxas se clavan as súas armas nos oídos para non escoitar os cantos de Index.
Logo, o seguinte arco que ven é un pequeno arco no que Kuroko é a protagonista


Neste arco vemos a Kurosko en acción pelexando contra unha esper que ten o poder de transportar as cousas pero non pode teletransportarse ela mesma por un trauma. Agora mesmo esta persoa non ten importancia pero terao posteriormente
Logo entramos no arco máis amplo da tempada "Daihasehai", sobre o festival escolar


Este arco vai sobre o roubo dunha cruz por parte de Oriana, unha muller que traballa para unha monxa chamada Lidvia Lorenzetti. Así,consegue roubar a Cruz e para levar a cabo certo ritual con ela só lle serve cidade academia(que casualidade xDD). Bueno, o caso é que Touma, Tsuchimicado e Styl teñen como misión atrapala para que non consiga activar a cruz. Oriana é unha manga formidábel, usando papeis máxicos que lle permiten facer moitos tipos diferentes de maxia; ademáis de que as súas habilidades físicas son sobresaíntes sabendo pelexar. Os seus peitos son desproporcionadamente grandes e non faltan as ocasións en que o plano se centra neles así sen motivo aparente. Como é de supoñer, o arco acaba con Touma derrotando a Oriana e todo volvendo á normalidade.
Pasan máis cousas neste arco en plan recheo, como que se coñecen os pais de Touma e a nai de Mikoto(recordemos que Touma perdeu a memoria polo que o pasa bastante mal recordando cousas necesarias para a conversa cos seus pais xD) e hai unha serie de probas deportivas e tal.
Logo ven un arco no que Touma por algunhas circunstancias acaba en Italia


Para unha vez, Touma ten sorte e gaña uns boletos para unha viaxe a Italia de 2 días 3 noites con tódolos gastos pagados. Pero dado que non todo ia se bonito, atópase con Orsola Aquinas alí e xuntos teñen que loitar contra os Católicos Romanos coa axuda dos Amakusa. Así, deben derrotar a un alto cargo e a unha flota de barcos feitos de xeo.Bastante bo este arco.

Logo veñen uns capítulos de recheo, cheos de fanservice e algo graciosos.Pero continúa a historia despois diso, cun arco sobre a creación dun anxo artificial


Este arco trata basicamente o intento de certas persoas por crear un anxo artificial no corpo de Fuze Kazakiri. Así, Touma pelexará con Vento of the frtont, unha das magas máis poderosas do universo To aru para impedir que Kazakiri sexa destruída e de paso salvala.
Por outra banda, Accelerator vai na procura de Last Order(si, aquela Misaka chibi) xa que foi secuestrada. Así, hai bastante acción do personaxe neste arco, culminando coa liberación do seu poder nacéndolle unha especia de ás nas sáus costas.
O último arco do show mostra como Accelerator e Touma levan a cabo cadansúa misión.


Tanto Accelerator como a rapaza que podía transportar obxectos son asignados a unha nova misión. Neste caso, trátase de destruír ao líder dunha organización terrorista de Level 0. A "transportista" é derrotada pero Accelerator machácao.
Touma atópase con Misuzu, a nai de Misaka, quen lle da o seu número. Pouco despois Misuzu chama a Touma e dille que a salve xa que alguén lle quere facer mal, polo que vai cara alá. Accelerator tamén colabora no rescate anonimamente polo que á fin salvan a Misuzu.
Á fin Accelerator di que é bo ter un obxectivo, xa que xunto con Tsuchimikado, a "transportista" e o mago que se disfrazou como Unabara Mitsuki, os membros de GROUP) propóñense destruír aos altos cargos que dirixen cidade academia.
A ver... o final é moi malo.... Non se pecha nada de nada a trama, nen sequera se fai un esforzo por que polo menos de unha sensación de remate. Vale que a novela na que se inspira este arco remata xusto da mesma maneira que remata o anime, pero hai máis novelas e non hai mía capítulos de anime polo momento, polo que creo que se pouido ter pechado dun xeito moio mellor.
Adaptáronse 8 novelas en 24 capítulos o que supuxo un nivel de compresión da historia tremendo nalgúns casos e a ampliación sen senso(o arco de Daihasehai é longo nas novelas, pero no anime é demasiado longo en comparación cos outros arcos do show) noutros.




PERSONAXES

Touma ,Index, Misaka e a recua de personaxes da  primeira tempada volven aparecer e a verdade é que non hai desenvolvemento dos mesmos polo que só comentarei algúns novos personaxes que apareceron esta tempada que me pareceron bastante interesantes.
-Kihara:  personaxe clave no arco do anxo artificial. É un doutor que dalgún xeito conseguiu ter moito poder, suficiente como para poñer en xaque a Accelerator. A súa personalidade é moi cínica e actúa dun xeito prepotente, aínda que por momentos móstrase aterrorizado.
-Oriana: mala "malísima" do arco do Daihasehai, sendo unha manga moi poderosa que pon en xaque á xente de cidade academia. As proporcións son moi "xenerosas", por dicilo así, xa que ten un corpo bastante perfecto e os seus peitos son dun tamaño xigantesco(epic boobs ! xDD), bastante pouco natural. 
A súa personalidade é bastante cínica e só lle importa conseguir o seu obxectivo aínda que cambia un pouco ao rematar o arco.
É unha maga moi poderosa xa que domina diferentes tipos de maxia i é unha peleadora excelente. 
A súa maxia, a pesar de ser de varios tipos faina sempre cuns papeis que parecen amuletos que se transforman no que ela queira.
-Agnese: primeiro mala, logo tsundere, é unha monxa que está a cargo da operación do "book of law". É unha loli e así se mostra no show mostrando algunha que outra escea ecchi a ese respeito.
É bastante poderosa xa que ten un arma que lle permite aflixir dano aos demáis sen sequera tocalos;isto é: cada vez que rabuña o bastón (ou cetro xD) ou o golpea contra o chan o seu adversario subre dano, facéndoa un arma moi temible.
Hai máis personaxes novos que saen, especialmente do lado dos católicos romanos hai unha gran catidade de personaxes cada un con seu cargo, pero os anteriores son os meus favoritos.
 
ANIMACIÓN E BSO
Se falamos de animación, é moi fail por momentos.... hai baixóns de calidade evidentes que supoño que se correxirán en edicións en DVD/Bluray pero que quítanlle moita calidade. Se falamos en xeneral a animación é pasábel: as batallas de maxia ou poderes, ao igual que na primeira tempada, son boas e están ben animadas, o que é de agradecer.
O deseño de personaxes é calcado ao da primeira tempada, aínda que queda algo cantoso a cantidade de planos que se usan para enfocar "tetas", algo que, bueno, non aporta demasiado.
Se falamos da BSO o opening 1 gustoume, pero o 2 non me convenceu. Os ED non son nada especial para min e a verdade é que as melodías que soan durante a acción son comúns coa primeira tempada polo que non se innovou demasiado nese aspecto.
   
CONCLUSIÓN
Mola. E moito. Pero con respeito ao que cecáis se esperaría dun anime que é a adaptación dunhas novelas de tanto éxito cecáis se quede un pouco atrás e non cumpla tódalas expectativas. Sen embargo, a pesar de non ser tan boa coma a primeira tempada, esta segunda tempada ten de media un nivel argumental bo , superando amplamente ao mostrado en Railgun, e deixándo con ganas de máis ao acabr, algo que poucos animes conseguen. Unha serie notábel.
 

Nota: 8

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //