Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 31 de decembro de 2010
Black Cat é un manga que se adaptou a un anime de 24 caps que durou desde 2005 ata 2006. O manga ten 184 caps e sen embargo o anime ten só 24, e adapta un arco máis totalmente orixinal despois do final do manga, polo que se deduce que está compactado bastante o que eu creo que lle fai moito ben á trama evitando fillers.
ARGUMENTO
Black Cat conta a historia dun rapaz chamado Train Heartnet, que traballa de eraser para unha organización chamada Chronos. O seu traballo é eliminar, como ben indica o seu nome, tódolos obxectivos que se lle prantexan , teoricamente debido a que poñen en perigo a tan ansiada paz mundial que a organización persegue. Sen embargo, non todo son luces na organización, xa que se esconde unha complexa trama de corrupción na mesma privando de libertade aos seus axentes polo que Black Cat acaba deixando esa organización e convereténdose en cazarecompensas, aínda que os fantasmas do pasado sempre rematan por perseguilo...
Ben, para non espoilera demasiado, iso é o que podo dicir. A maior parte da serie desenvólvese con Train sendo cazarecompensas, cunha actitude diferente pero sen perder habilidades coa pistola. A min particularmente gustábame máis a actitude indiferente do Train eraser, estilo contratista DTB, pero convírtese logo nun simpler recordo.
É un anime con moita acción, en todos ou case todos os capítulos hai esceas de pelexas e maxias , o cal é de agradecer.
Se falamos de en que época se desenvolve poderíamos dicir que se desenvolve nunha época actual, xa que hai televisión, internet, tanques, coches, etc.
A trama divídese en dous grandes arcos principais, con varios fillers que non serven para demasiado: os apóstolos das estrelas, que ocupa a maior parte e logo a trama de Eden, coa que remata o anime.
Aínda que teña fillers, o ritmo non se sinte para nada lento porque son mínimos, ademáis é dos animes que mellor aproveita os 20 min xa que pasan moitísimas cousas en cada capítulo e non se estiran eternamente cunha pelexa como é o caso de míticos como DragonBall.
PERSONAXES
Poderíamos dividilos en personaxes principais e secundarios.Os principais serían Eve, Sven e Train .
Train Heartnet: apodado Black Cat(Kuro neko) ao comezo da historia é un axente dunha organización secreta chamada Chronos que se dedica a manter a paz mundial a base de asasinatos , polo que Train decide deixala nos primeiros caps do anime convertíndose logo nun cazarrecompensas.
Ao comezo a súa actitude é fría , calculadora, seria, sen importalle apretar o gatillo cando sexa e contra quen sexa pero logo avanza cara unha actitude moito máis humanizada influenciada fortemente polo seu encontro con Saya, outra cazarrecompensas.
Train non ten ningún tipo de superpoder , aínda que grazas a que leva recibido entrenamento desde que era un neno as súas habilidades son superiores ás de un humano normal, xa que pode esquivar case calquera ataque e desfacerse dun número inxente de inimigos sen "queimarse" nada. A súa arma é unha pistola chamada Hades feita de Orichalcum , o material máis poderoso da Terra, o que lle permite desviar calquera ataque con ela pero pola contra fai que sexa moi pesada e só el mesmo é capaz de apuntar correctamente con ela. No manga ten multitude de ataques especiais propiciados a usar diferentes tipos de balas pero no anime limítase a só disparar sen engadidos salvo nunha ocasión.
Sven Vollfield: un ex-axente da lei reconvertido a cazarrecompensas de xeito que é o compañeiro de Black Cat. Ten xa os seus anos polo que moitos denótano por Ojii.san, o que se lle chama aos avós.
É unha persoa chapada á antiga , cunha actitude sempre moi cabaleirosa cara as mulleres , sendo esa actitude unha das súas principais características.
Respeito das súas habilidades, Sven non é demasiado hábil no combate, valéndose así de trucos e artimañas para evitar o confrontamento directo.Así, as súas armas son un maletín no que ten unha metralleta, bombas de fumo, lumninosas, ... e todo tipo de armas e o seu Vision Eye, xa que o seu ollo dereito permítelle ver uns poucos segundos do futuro , o que pasa é que normalmente non o usa xa que o deixa baldado e case non se pode mover depois.
Eve: eve é unha nano-machine(nanomáquina) con forma humanoide, sendo a súa apariencia a dunha rapaza nova, co cabelo rubio. Eve nunca saíra da mansión onde estaba antes de que a rescataran polo que ao comezo mostra un grande descoñecemento do mundo e das súas costumes pero pouco a pouco vai evolucionando ata ter un comportamento normal.
As súas habilidades poderían ser consideradas das máis poderosas do anime, xa que tena habilidade de transformar calquera parte do seu corpo ao seu antollo, podendo convertir os seus brazos en espadas,que lle medren ás, convertirse nun escudo ou moitas outras cousas.
Se che soa Eve de vela ultimamente é normal, o autor do manga é o mesmo que o de To love-ru, e o personaxe de Yami (Oscuridade Dourada) deste é unha homenaxe a Eve de Black Cat.
Ben, eses tres son os personaxes principais do anime, hai moitos máis, pero poñelos sería espoilear bastante polo que non os poño.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é boa, moi boa para ser exactos. Nótase isto en que hai grandes pelexas épicas nas que non se ve ningún momento de perda de calidade , resultado moi agradábeis á vista.
O deseño de personaxes e escenarios é bastante bo pero non demasiado detallista ao ser un shonen.
Respeito da BSO é boa, especialmente as melodías que soan nas pelexas facendo das mesmas o mellor da anime aínda que a min particularmente non me gustaron nin os endings nin o opening.
CONCLUSIÓN
Black Cat é un deses anime que son tremendamente populares a pesar de que xa fai algún tempo que remataron i é por algo. Un must-see, sobre todo porque ten unha combinación de animación e música nas pelexas moi satisfactoria.
Nota: 8.8
- Back to Home »
- Anime , Black Cat , Nota entre 8 e 9 , shonen »
- CriTiCa ANiMe: Black Cat