Newest Post

// Posted by :viriato911 // On :domingo, 26 de decembro de 2010




Highschool of the Dead é un anime que tivo moito éxito este ano que foi o inicio da serie,e ten ata agora 12 episodios á espera para facer máis o próximo ano, a sinopse da serie é:

"O mundo foi tomado por unha enfermidade letal que transforma humanos en zombies. No Xapon, varios alumnos da escola Fujimi e a enfermería unense para sobrevivir ao apocalipse. A historia segue Takashi Komuro, un dos alumnos que sobreviviron os superviventes da epidemia inicial, xunto con algúns amigos para tratar de sobrevivir a iste apocalipse zombie. "

Lista de personaxes

Takashi Komuro


O protagonista principal. De 17 anos, atopábase cursando segundo antes do desastre. El é probábelmente o primeiro do grupo en percatarse dos zombis. Ten un carácter bastante amábel e servicial cos seus amigos, pero en presencia de xente que desexe danar aos seus vólvese agresivo. Ao comezo da historia é testigo da transformación do seu mellor amigo, o que o leva a concienciarse da situación e a actuar intrepidamente. Desde anos antes dos eventos principais estivo namorado de Rei, sentimento que se fai máis fuerte ao vela sair co seu mellor amigo e demostra aínda telos ao longo da serie. Xa avanzada a historia ten un encontro semi-romántico con Saeko Busujima, momento no que se crea un vínculo máis forte entre eles. A pesar de non ter experiencia con armas de fogo nin ter estado en ningún club como kárate ou kendo, adáptase fantasticamente ao desastre e eventualmente é denominado líder do seu grupo. Ao logo do manga utilizou un bate, unha pistola, unha escopeta de bombeo (Ithaca m37) e unha escopeta semi-automatica (m1014), e tamén foi capaz de conducir algúns vehículos: así, pode adaptarse ás circunstancias e saber aproveitar aquelo do que dispón.


Rei Miyamoto

Unha das protagonistas femininas, está repetindo curso debido a un conflito co profesor Shida. Amiga de infancia de Takashi, prometeu que unha vez que cumprisen unha idade eles se casearían; a promesa que non cumpriu(debido ao desinterés de Takashi na etapa previa da historia),pois comezou a saír cun compañeiro de clase , Hisashi (un dos mellores amigos de Takashi).Comezando a apocalipse logra escapar con Komuro, e a partir desemomento, representa un bo apoio para o grupo. Coa eventual ausencia de Hisashi,retorna Rei a ter sentimentos por Takashi. Con todo, durante a serie fai varias referencias ao seu falecido compañeiro , sen entender que iso fire a Komuro. É unha boa guerreira que usa obxectos alongados , como lanzas,pois foi un membro do club soujutsu (unha arte de combat eque usa dita arma). Se a ocasión o require,usa armas de fogo (como o rifle de precisión Springfield M1A Supermatch).

Saeko Busujima

Líder do club de Kendo na súa escola e última campiona nacional da mesma disciplina, atópase cursando terceiro antes dos eventos principais . De apariencia seria e calma, protexe aos seus compañeiros en diversas ocasións(mención especial para Shizuka, a enfermeira, pois non tería escapadodo instituto, se non fose por ela), aínda así, o feito de loitar e ver sangue cáusalle un intenso pracer que, como ela mesma admite a diferenzaTakashi Kouta e ven de anos antes da historia principal. Ten un carácter moi maduro, pero ás veces compórtase de forma moi ousada. Despois de confiarlle a súa escura historia a Takashi e de que este prometese cargar con tódalas súas culpas e pecados , Saeko comeza a desenvolver sentimentos moi profundos por el. Fai honor ao seu título de campiona do mundo sendo, polo menos inicialmente, a máis habilidosa do equipo. Usa un bokken(espada como a katana, pero de madeira),que logo é substituída por unha katana valiosa katana,obsequio do pai de Saya,


Saya Takagi

É outra das protagonistas. Amiga da infancia de Takashi e , ao parecer, era o rapaz que lle gustaba ,mais ao longo da serie está máis interesada en Kohta, atópase cursando segundo no mesmo instituo que o resto. Debido ao éxito dos seus pais nos seus respectivos postos de traballo, séntese Impulsada a ser a alumno "perfecta" para satisfacer e, dahí o seu carácter orgulloso e presumido.Polos seus frecuentes cambios de humor na presenza de Kohta ou Takashi, ademais do seu peiteado, este personaxe claramente de tipo tsundere. Durante as loitas mostra unha falta de habilidade tanto no combate corpo a corpo como na media e longa distancia (pero non por iso evita o uso de armas de fogo, se ten oportunidade), unha lagoa que compensa cunha gran capacidade de análise de situacións e a capacidade de tomar decisións rápidas e eficaces, especialmente ao principio, como aquel que descobre que os zombis carecen de vista e que só reaccionan ao son.

Kohta Hirano

Segundo e último membro masculino do equipo,vai ao mesmo tipo de Saya.De aspecto burlesco e sen ter moito éxito académico, deportivo ou social, ten a personalidade típica dun otaku. Covarde e inxenuo en principio, traballa con Saya para escapar do"inferno", combinándose de forma significativa un ao outro ,pois así poden evitar ós zombies ao comezo gracias a Saya e repelelos grazas a Kohta, quen adopta un cambio de personalidade extrema e vólvese sendento de sangue en canto pon nas súas mans un arma real,resultando ser tan útil como Takagi. Salva ó grupo en varias ocasións polo seu talento con armas de lume. Durante a historia sente unha crecente atracción por Takagi, en parte porque a personaxe que representa é moi popular entre os otaku. É especialista en loita a distancia, sendo capaz de utilizar calquera destas armas, dende(no instituto) unha pistola de clavos que intelixentemente axustar para mellorar a súa eficiencia ata rifles de precisión moderna (Knight SR-25).


Shizuka Marikawa
A enfermeira da escola. Busujima consegue escapar grazas á intervención dun alumno que a estaba axudando. Presenta un corpo exuberante e (na maioría dos casos) unha actitude despreocupada e infantil. É evidente que ten idade suficiente para conducir, feito que permite que ó grupo escapar no autobús do istituto. Grazas a que ten unha amiga que pertence ás forzas especiais, os protagonistas reciben refuxio temporal e unha cantidade considerable de armas e municións. Non ten habilidades de loita, pero xa se mencionou a axuda prestada ao grupo e ter coñecementos médicos (aínda que isto, por desgraza, aínda non demostrou ter sido de utilidade porque as feridas causadas polos zombies son, polo menos no que vai de historia ,incurables).

Alice Maresato

Unha nena que se xunta ao grupo xa avanzada a historia. Perdeu ó seu pai cando este intenta poñela a salvo de "eles" (hai que mencionar que o pai morre non devorado por zombies, senón que é asasinado polos residentes da casa na que quería refuxiarse ).Sálvase xunto con Zeke (un can que tentaba defendela), grazas á valente intervención de Takashi e o apoio de Kouta e os outros. De Actitude despreocupada e inocente, non é unha axuda na loita ,o seu valor real reside no apoio moral que ela e Zeke lle dan ao grupo,xa sexa consolando aos seus compañeiros (caso de Takagi e Hirano), ou simplemente cantando e charlando alegremente, como se nadase ocorrese.


NOTA: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //