Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 24 de decembro de 2010



TÍTULO: Special A (S・A スペシャル・エー)
AUTOR: Minami Maki
Nº VOL:17
Nº CAPS: 99(En serio, a que escribiu isto non lle quedou unha sensación de por que non rematei no 100?)
ANO INICIO: 2003
ANO FINALIZACIÓN:  2009
XÉNERO: romance, school life, slice of life, comedia, shojo, comedia romántica.


Ben , este é un manga que shojo que considero que é bastante decente porque non é tan empalagoso coma a maioría dos deste xénero, ofrecendo romance pero sobre todo unha comedia moi traballada que polo menos pode enteter. Polo que teño entendido pulicouse bimensualmente durante os 4 primeiros caps e logo pasou a ser quincenal, o meu formato favorito, xa que ao ter máis páxinas e máis tempo para desenvolvelas que un semanal a trama soe ser mellor). Foi bastante popular como se pode observar polo seu número respetábel de caps e porque se fixo un anime de 24 caps . Ben, dito isto, vamos contar un pouco de que vai.

Este manga conta a historia dunha clase especial dentro dun istituto xaponés chamada Special A , na que están os 7 mellores alumnos do mesmo. Así, pasan a maior parte do tempo nunha greehouse e todo o ambiente é bastante cute, por dicilo así.Esta parte é aburrida, o interesante do manga son as interaccións entre os seus personaxes , especialmente entre os dous protagonistas Kei e Hikari, xa que son rivais desde que son uns nenos e caban dándose conta de que están namorados un do outro.
Aparte, senón sería moi aburrido, hai varios personaxes secundarios que se volven principais nalgúns arcos o que contribúe a que o manga non se volva demasiado repetitvo, aínda que sí é certo que a partir do cap 50(+ ou -) perde un pouco da súa maxia orixinal e céntrase máis no tema amoroso polo que a min deixoume de gustarme pero seguinno lendo poque aínda así tivo os seus momentos e quería saber como acababa.
Ao respeito disto último o final é moi aberto, é dicir, case remata practicamente sen resolver o tema do amor dos personaxes e síntese coma se fora o final dun só arco e non o final do manga. Xa sei que a maioría dos slice of life teñen finais así(hai excepcións, tipo School Days, ou sen ser tan besta Clannad After Story) pero a min non me convence ese tipo de final.A parte boa do mesmo é que ao mellor acordan e retoman o manga cando lles saia xD.
En conclusión, creo que é un manga shojo moi gracioso, non demasiado centrado no romance ao principio que pode ser bastante disfrutábel.

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //