Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 31 de decembro de 2012


Sí, xa sei que dixen que escribiríra unha entrada diaria...case o fago , estiven ahí XD.
O caso, hoxe ocúpanos un manga de xénero fantástico(a ser exactos manhwa, dado que é coreano e lese de esquerda a dereita ) , con bastante comedia e lixeiros episodios de romance. Así, de que vai ??

Pois este manhwa conta a historia  de coma a vida dun rapaz chamado Shik-nam, quen basicamente está obsesionado con sacar boas notas e con ser o número un, de xeito que non lle importan os demáis i é un tipo moi solitario. Vive coa súa irmá que está en cadeira de rodas e incluso con ela non é todo o amábel que debería , aínda que é certo que é a única persoa pola que preocupa algo, dado que a culpa de que esté en cadeira de rodas foi(en parte ou totalmente, depende como se mire) del.
A situación de Shik-nam cambia cando aparece Yegrinna, a princsa do reino animal, filla do rei can, quen foi enviada ao mundo dos humanos pra comvertilos a todos en animais debido ao mal que se comportan. Esta aparece no cuarto de Shik-nam, quen apenas de da conta de que é unha princesa do reino animal(parece humana salvo por pequenos detalles) . Este dille a Yegrinna que ensinaralle que os humanos tamén fan cousas boas pra que non leve a cabo o plan de "animalización" , algo co que Shik-nam tamén aprenderá a relacionarse cos demais.


É un manga cun debuxo sólido, bo, @s personaxes están moi ben feitas , con bastante detalles. É un estilo bastante realista que se diferenza da maioría de manhwas(dentro do realista que pode ser un manhwa sobre un reino animal ficticio XD ) . Realmente é un dos mellores debuxos que vin en manhwas

En canto ao argumento non é unha marabilla , ten elementos noviosos en como desenvolve a trama pero realmente non hai unha gran profundidade argumental, bótase en falta algo máis d eintriga e que non tódalos arcos argumentais teñan unha solución tan simple.


En conclusión, un manga con moi bo debuxo e cun argumento diferente. Notábel.



Nota: 7.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //