Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 28 de decembro de 2012


Tal como se pode observar no título desta entrada, hoxe falaremos dun libro titulado "The name of the wind" , que chegou a España como "El nombre del viento". Así, esta novela de Patrick Rothfuss é a primeira da triloxía chamada "Crónica del Asesino de Reyes"  . Non está realemnte claro que se qurede nunha triloxía, dado que aínda que ao comezo estaba pensado asçi en declaracións recentes o autor dixo que igual escribía máis libros sobre a historia. Así, de que vai ?

O libro está prantexado como unha biografía dun dos personaxes máis grandes que existiu nun suposto mund imaxinario ubicado na idade media, chamado Kvothe(pronunciado cuoth) . Así, este personaxe ten motes como o "sen sangue", "asesino de reis", "mata dragóns" e outros,  polo que se pode deducir que é alguén moi poderoso.
Sen embargo, cando se nos presenta a Kvothe atopámonos a un simple posadeiro que traballa nunha posada nun lugar perdido sen demasiada acción na súa vida, que se fai chamar Kote pra pasar desapaercibido. Así, durante varios capítulos vese un pouco como é a vida Kvothe como posadeiro, algo tremendamente aburrido XD. Sen embargo, a situación cambia coa aparición dunha serie de "bichos" con forma de araña que matan  á xente e que Kvothe ten que matar sen ser visto . Mentres realiza esta tarefa coñece a Cronista, quen pasaba por alí e sen comelo nen bebelo vese envolto na pelexa. Despois disto, Kvothe decide contarlle a historia a da súa vida a Cronista, quen xunto co aprendiz de Kvothe, Bast, escoita atento o relato. Deste xeito, este primeimo día abarca o primeiro día dos tres que Kvothe di que necesitará pra contar a súa historia . 

Nótese que os denominados "interludios", isto é, capítulos de Kvothe na taberna , son bastante aburidos en xeral e o realmente interesante son os capítulos onde Kvothe conta a súa historia, que son a gran maioría.

A historia mostra a ascensión de Kvothe dende os estratos máis baixos da sociedade como mendigo ata ser un respetábel membro do Arcano na Universidade , onde aprende simpatía(que basicamente é maxia XD , pero eles deciden chamalo así ).


É unha historia de venganza, non conta exactamente cal é o motivo pra non espoilear, pero hai un motivo que leva a Kvothe a entrar na Universidade e que fai que se mateña vivo, é a súa finalidade.

A narración é bastante amena, en parte porque os capítulos son moi curtos(O libro ten unhas 700 páxinas e chega aproximadamente aos 100 capítulos, polo que hai capítulos moi curtos). Cóntasenos a  historia en primeira persoa dende a perspectiva Kvothe, quen é unha persoa extraordinariamente lista pero que non esconde os seus erros, o que fai de Kvothe un personaxe moi interesenta, que sempre tenta ir de sobrado pero que ten equivocacións coma todos.

Só me resta dicir que o final do libro non é un final, é simplemente o final do primeiro día da historia, aínda que ocorre certo suceso que podería ser considerado como cliffhanger. Libro altamente recomendado, con target de "novos adultos", como lle chamo eu , que intenta darlle unha viravolta á naracción fantástica baseada en Tolkien mediante a inclusión de humor, linguaxe soez e personaxes moito máis realistas. Sobresaínte

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //