Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 26 de decembro de 2012

 
UIII! XD Parece ser que antes de Code:Breaker a persoa encargada de debuxar dito manga xa fixo outra obra de máis de 300 capítulos que contou cun anime , aínda que este non facía demasiada xustiza. Así, o manga que hoxe nos ocupa vai de samurais tal como se indica no seu título, conretamente de samurais no período Edo. Así, de que vai ? 


Este manga conta a historia de Demon Eyes Kyo , un samurai lendario que se di que ten o poder se aniquilar exércitos enteiros grazas ás súa habilidades sobrehumanas. É moi coñecido en todo Xapón polas súas fazañas pero sobre todo polos seus ollo de cor vermella, que fan que a xente pense que é un demo . Sen embargo, ao comezar a historia o seu espírito esta selado dentro dun rapaz aparentemente endeble e normal chamado Kiyoshiro, quen nalgúns momentos non pode controlalo e cédelle o control do seu corpo a Kyo pra que este derrote aos seus inimigos.
A historia comeza co encontro de Kiyoshiro con  Yuya , unha cazarecompensas armada cunha pistola cuxa gran misión da vida é atopar  ao asasino do sei irmán. Pouco sabe ela de que un inocente curandeiro ten no seu interior unha besta como Ky, polo que queda alucinada cando Kyo derrota a tódolos malvados no corpo de Kyoshiro. 
Así comeza a aventura, aventura na que hai unha gran cantidade de personaxes secundari@s que axudará a Kyoshiro/Kyo a recuperar o corpo de Kyo, que parece estar oculto en certo lugar de Xapón. No transcurso dese búsqueda hai varios mini-arcos argumentais nos que á fin se xunta un grupo de guerreiros e guerreiras bastante diverso que , aídna que ao comeza temas a Kyo , rematan por collerlle camiño
O mana é moi profundo argumentalemnte, non é unha simple historia de samurai. As respostas aos ollos vermellos e Kyo, a por que o corpo de Kyo está escondido nun bosque secreto e outras son realmente imaxinativas, de xeito que cando as desvelan , na gran maioría dos casos, non os ves vir XD



O debuxo é excelente, tanto das personaxes femininas como masculinas, véxase en especial os paneis nos que Kyo, xa con tódolos power-ups posíbeis loita contra os malos, son espectaculares.

En resumo, altamente recomendábel, unha obra moi ao estilo Code:Breaker(como que son da mesma persoa XD ) cun argumento moi enrevesado que fará que queiras saber como acaba canto antes, con grandes doses de acción, oques de comedia sobre todo moita, moita intriga Sobresaínte.



Nota: 9.2

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //