Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 7 de decembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Nota: Xa sei que fai algún tempo que non hai posts....pero agora escribirei varios seguidos para que se publiquen nas próximas semanas.

Boas! Hoxe falaremos dun anime de xénero shonen baseado nun xogo mmorpg online, Blade & Soul. Así, emitírino xa fai algún tempo e incluso cheguei a velo semana a semana pero a review retrasouse ata hoxe XD. O caso, imos co argumento!


ARGUMENTO

Este anime é un deses nos que dicir que o viches polo argumento non cola XD.Non obstante algo de historia sí hai e iso é o que comentarei aquí.
O anime conta a historia dunha rapaza chamada Aluka(Aruka), unha asasina experta que é buscada polas forzas do malvado imperio Param dado que é a última dun grupo moi poderoso e en consecuencia a única que podería rematar cos plans do imperio. Así, sen demasiados recordos sobre a súa vida debido á amnesia, Aluka decide investigar en diferentes vilas sobre a súa vila para esclarecer quen é e vingarse pola morte do seu mestre. Durante esta viaxe coñece a diferentes personaxes secundarios que, atraídos pola recompensa que o imperio ofrece por ela , deciden capturala ou axudala, aínda que todos teñen unha gran aversión polo imperio e todo o que este representa.
Realmente o argumento baséase en sucesos aparentemente inconexos para desvelar o pasado de Aluka, que rematan por converxer nun enfrontamento final. O argumento é soso e predecíbel, pero hai algunha subtrama secundaria, coma á que pertence a propietaria dunha taberna na que para Aluka, que teñen un certo interese.

PERSONAXES

Basicamente poderíamos dicir que hai catro personaxes principais que pertencen ao bando dos "bos" e un par deles ou así que pertencen ao bando dos malos. Só hai mulleres, quero dicir, non se dignaron en facer algún personaxe masculino para enmascarar o claro público masculino ao que está dirixido este anime, coma se pode observar nos constantes planos de tetas que se mostran.
Aquí falarei das dúas personaxes do bando das boas que me parecen máis interesantes.
Aluka: é a protagonista do anime. Unha rapaza asasina que sempre cumpre o seu obxectivo, sen importar quen sexa a súa víctima nin as dificultades que teña que pasar para conseguilo. Así, é unha persoa carente de sentimentos polo que durante a súa viaxe tenta aprender a ter sentimentos coma o resto das persoas para deixar de ser unha máquina.
Foi criada por un grupo de asasinos que a marcaron cun símbolo dunha bolboreta que fai que teña cetas habilidades sobrenaturais, principalmente a habilidade de aguantar ou inutilizar parte dos poderes da mala malísima sobre ela XD.
Karen: propietaria dunha pousada onde Aluka pasa algún tempo e interesada na misión de Aluka. Así, Karen é unha muller forte e independente que manexa a súa posada/taberna con man de ferro e non soporta a aqueles que queren rematar coa tranquilidade que reina no ambiente. Sen embargo, ten dúas caras dado que pode volverse fría e calculadora se a situación o require.
Ten un segredo relativamente importante relacionado con Aluka e que fai que as dúas rematen por enfrontarse nun combate no que Karen demostra ser un loitadora bastante poderosa con abanicos de metal.


ANIMACIÓN E BSO

A animación é bastante máis decente do que un podería esperar nun anime destas características e as loitas con espadas están bastante ben levadas: teñen bo ritmo e os movementos coreografiados non parecen demasiado artificiais. Aquí un exemplo en forma de AMV:

Se falamos do deseño de personaxes obviamente predominan as mulleres(De feito, apenas se ven homes e toda a serie XD) de beleza notábel e peitos suficientemente grandes como para xerar un campo gravitatorio arredor deles sen esforzo.
A banda sonora é moi corrente, nada demasiado bo como para ser recordado. Aquí un exemplo.


CONCLUSIÓN

O anime ten un primeiro capítulo razoábelmente bo pero dislúese co paso dos mesmos ata rematar cun final insulso e vacío, que pecha a trama por compromiso. Destacan as loitas con espadas e pouco máis.


Nota: 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //