Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 7 de setembro de 2012

Boas! Hoxe falaremos de mangas de mafiosos, esas persoas que se dedican a obter os seus ingresos de forma fraudulenta e que procuran que todo quede "na familia", como ben se mostrou en centos de películas(Véxase a saga de The Godfather(O padriño) como títulos especialmente remarcábeis).
Sen embargo, a mafia non é só italiana e tamén se falará n opost de hoxe de mafiosos coreanos que interaccionan con Yakuza, mafiosos xaponeses.
Comecemos!

-Sun ken Rock: que pasaría se un día che din se queres ser xefe dunha mafia coreana? Así de principio negaríaste, non? Bueno, pòis iso é o que lle pasa ao protagonista de Sun Ken Rock, quen é un rapaz que están traballo en Corea cando os integrantes dunha mafia pídenlle que sexa o seu xefe. Así, sen pensalo demasiado, convértese en xefe dunha mafia e ten que lidiar con tódolos problemas que existen coma mafiais rivais, policía....Sen embargo, Ken mantense fiel aos seus principios, é un home noble e intentará usar o poder que gaña na mafia pra cambiar Corea cara un país mellor en lugar de buscar poder pra sí mesmo.
O debuxo é épico, do mellor que levo visto. Trazos ultrarealistas son combinados con expresións faciais que mostran todo tipo de emocións nos personaxes pra dar unha sensación de realismo asombrosa.
Ademáis, as pelexas son tremendamente fluídas, con movementos sólidos e que dan lugar a enfrontamentos moi disfrutábeis polo lector.
Argumentalmene é unha proposta moi atractiva: é un seinen con certos toque de erotismo por momentos que derrocha violencia polos seus catro costados pero sen caer en banalidades. Aposta por un argumento profundo que lle de unha lóxica as pelexas, hai unha razón pra pelexar, intenta que os mafiosos sexan os bos.
Imprescindíbel.

-Katekyo hitman reborn: a reseña deste anime xa foi feita no blog e pode lerse aquí: http://ogsn.blogspot.com.es/2012/06/critica-anime-katekyo-hitman-reborn.html .
O argumento é o mesmo pero por se se vos esqueceu recórdoo. A historia sigue as peripecias dun rapaz chamado Tsuna que vive en Xapón . É bastante inútil en case todo o que lle valeu o mote de dame Tsuna. Sen embargo, a súa vida cambia cando aparece un personaxe de aspecto infantil que resulta ser un tutor disposto a convertilo n oxefe dunha mafia italiana da cal é descendente. Así, comeza a xuntar unha serie de "sicarios" pra itnentar cambiar as perspectivas da mafia e tentar que non se trate simplemente de mater xente senón de axudar aos demáis, tal como fixo a primeira mafia.
O manga é bastante similar ao anime, non se epode diciir que o anime é basura e o manga maravilla coma noutros casos, aquí a a cousa esta máis equilibrada.
É coma o bo viño: mellora co tempo. Con dous primeiros arcos argumentais bastante corrientes logo toma carreira e consegue pasar de ser un manga que se centraba simplemente en gags nun shonen de batallas.
Unha lectura altamente recomendada.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //