Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 14 de setembro de 2012


Boas! Falemos de GYARUGEWE NO SEKAI YO, YOUKOSO!, manga de nome horríbelmente compricado que ven a siñificar algo así como Welcome to the world of Galgame(En xaponés soa máis como garu que como gal XD). Pra que non o saiba, os galge(pronunciado garuge) son xogos nos que o xogador métese na pel dun rapaz, normalmente novo(de idade), e ten que conquistar a unha serie de féminas de indiscutíbel beleza. Tamén son coñecidos como dating sims e a mecánica de xogo é máis ou menos esta: o xogador ten varios atributos aos que lles pode asignar puntos nun comezo e mellorar despois a base de minixogos. Así, cantos máis puntos teña máis fácil lle será "conquistar" ás rapazas, cousa que conseguirá con regalos e con conversacións, nas que terá que responder correctamente ás preguntas que se lle prantexen(preguntas sobre datos persoais do estilo de cantos anos teño, cal é o meu peso....) . Cando se acada o nivel de experiencia requerido normalmente hai esceas de sexo como "colofón". Cómpre dicir que en moitas ocasións as respostas que se poden dar están predefinidas, polo que hai varios camiños que tomar e soe haber unha gran variedade de finais.
Así, de que vai este manga?

Este manga conta a historia dun rapaz que despois de estar a xogar a un galge remata dentro do propio xogo. Cecáis isto non sexa de todo exacto, xa que é máis ben como se a súa vida fóse reescrita pra coincidir co xogo, algo que lle parece moi ben ao principio pero logo se converte nun problema ao ter que lidiar cos sentimentos d@s personaxes. Así, o protagonista terá que elexir as mellores rutas de acción pra poder salvar a tódalas rapazas, algo que lle dará máis dun crebadeiro de cabeza.


É un manga bastante interesante polo concepto que prantexa, aínda que como non ten demasiados capítulos e ao no meter demasiado drama non o explora na medida que debería. En resumo, a idea é prometedora pero a execución non é todo o boa que debería.



Nota : 6.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //