Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 9 de novembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Boas! Esta semana rematou Naruto cun dobre capítulo despois de máis de 15 anos de serialización, un dos mangas máis populares da Weekly Shonen Jump no seu momento e unha das chamadas tres Marías da época dourada: One Piece, Naruto e Bleach. Naruto rematou e Bleach está no seu arco final, así que achéganse tempos interesantes no mundo do manga para ver como evoluciona a cousa.

Non vou contar de que vai Naruto porque todos o sabedes ou polo menos sóavos algo de que ía dun neno ninja que de maior quería ser o xefe da aldea ou Hokage. E se te paras a pensar, resumes a serie dun xeito impecábel con ese argumento.
O meu primeiro achegamento a Naruto foi cando botaron o seu anime en Cuatro, polas mañás, dende o comezo da serie. Así, non tiña moito interese na serie ata que o probábelmente se atope entre os meus 3 arcos argumentais favoritos, a pelexa do equipo 7 contra Haku e Zabuza. Afeito a ver series como Arale e en certo modo Dragon Ball, ver algo que dalgún xeito parecía tan "adulto" foi algo que me alucinou no seu momento. Unha pelexa na que o personaxe principal gañaba simplemente porque de repente tiña algún tipo de poder oculto que estoupaba non era algo precisamente novidoso, pero estaba moi ben levado.
Zabuza e Haku eran dous personaxes tremendamente interesantes, viláns pero ao mesmo tempo ninjas, estaban caracterizados de tal xeito que parecía que tiñan motivos perfectamente lexítimos para loitar como o facían e a súa derrota era un golpe duro á audiencia, non unha sensación de "por fin se cargan a este".
Logo a cousa empeorou bastante e , sendo honestos, da parte do exame de Chunin só hai un par de cousas que se salvan: A pelexa de Rock Lee contra Gaara e a frase de Naruto a Sasuke sobre o gato asustadizo. Isto ven a falar dun dos puntos máis baixos deste manga e que creo que puido ter dado, moito, moito máis: os/as personaxes secundari@s. Se preguntas por ahí quen é o personaxe favorito de Naruto da xente moitas persoas recorrerán a personaxes como Rock Lee ou Shikamaru. No caso de Lee atopábamonos cun personaxe epicamente carismático, traballador e que suscitaba unha sensación de empatía dado que era alguén que sen Ninjutsu podía loitar igual, un intento de heroe normal.  A pelexa contra Gaara é probábelmente a 3ª mellor pelexa de toda a serie(Despois da de Naruto vs Sasuke como nenos e Naruto vs Pain) polo seu gran despregue de sentimentos e sobre todo pola súa simpreza: fóra estúpidos trucos de clons de sombras e bolas de lume, Rock lee loitaba a base de puños e patadas e cando finalmente consegue romper a "carcasa" de Gaara a sensación é absolutamente incríbel, ahí sí pensas "Yeah" .
No caso de Shikamaru, se temos en conta que é probábelmente o rapaz máis listo de todo o manga(Orochimaru ou Kabuto son moito máis listos, pero máis maiores tamén) temos a un prototipo de personaxe que gaña as súas pelexas con intelixencia, un sherlock holmes no mundo dos ninja se nos poñemos a pensar. Tivo os seus momentos de gloria na saga na que se resarce da morte de Azuma pero despois dese momento, ao igual que Rock Lee, cae nos máis absoluto anonimato a non ser por aparicións esporádicas sen demasiada relevancia.
Unha vez que Sasuke decide abandonar a vila, nunha das peores esceas de toda a serie(Sakura xa se estaba a preparar para o inútil que ía chegar a ser XD) hai un gran número de capítulos nos que tampouco é que pase nada decente , Naruto aprende o rasengan e pouco máis.
A cousa non mellora , e vaia se mellora, ata que se empeza a esplorar a organización que aparece esporadicamente chamada Akatsuki. Tódolos seus membros son bastante poderosos,algúns deles con características moi interesantes como Pain ou Itachi, probábelmente os dous mellores personaxes de toda a serie. Hai moitas persoas que consideran que a pelexa contra Pain é un despropósito polo sinxelo feito de que é fisicamente imposíbel que Naruto, un Genin que apenas pode controlar ao seu demo de nove colas, aínda con power-ups coma a enerxía natural, machacara a tódolos Pain el só. Certamente é algo difícil de crer, dado que Jiraiya perdeu contra eles(E non me vale a explicación de que Jiraiya non sabía que compartían a visión uns con outros, creo que non é un elemento tan crítico, especialmente para Naruto), Sen embargo, xa o momento da entrada, cando Naruto lle machaca a cabeza ao Pain-robot é absolutamente épico.Poida que a pelexa sexa terríbelmente longa(Non sabía o que era longo nese momento, despois sería moito peor)pero dalgún xeito conseguía manterte enganchado ao manga tódalas semanas, capítulo tras capítulo. Cagárona bastante con ese final sentimentalista onde Pain decide resucitar a todos(Que basura de vilán é ese? Vale que tentes ensinar que non era tan malo é quera unha cuestión de perspectiva pero non podes cargarte todo o que fixeches en non sei cantos capítulos dun plumazo. E vamos, non quero comezar co TNJ, talk no jutsu, esa habilidade de gañar a pelexa sen sequera pelexar....) pero a entrada de Naruto como heroe en Konoha síntese coma o final natural da serie. Con incógnitas(Sasuke, principalmente) , pero dalgún xeito pensas que xa se acadou o tope do que Naruto , como manga pode dar. O tempo resultou darme a razón dado que en ningún momento se superou a calidade dese arco argumental pero daquelas aínda esperaba mellores cousas.Iluso XD
Tiña certas esperanzas postas no arco argumental da guerra, que en certo modo soaba a un Marineford de One Piece(E todos sabemos que Marineford foi do mellorciño que se leva visto en manga) ...pero nada. Había , en certo modo unha boa materia prima e pelexas coma as dos Kages contra Madara foron decentes pero é que a cousa dexenerou cada vez mais chegando a límites insospeitados co tema de Kaguya, o máximo, vamos. Nesas épocas Naruto era un absoluto coñazo, case un suplicio lelo semana a semana só para atopar a mesa historia sen sentido que dalgún xeito seguía a estirarse máis e máis. Non pode ser que os mellores capítulos dun arco argumental sexan os flashabacks. Non estou a dicir que teñan que ser malos pero dende logo o obxectivo é usalos como complemento da historia principal. As partes onde se falaba dos pais de Naruto, de Madara, dos primeiros Hokages e , en definitiva, de como era o mundo antigo eran sumamente máis interesantes que o que estaba a acontecer. Suficientemente interesantes para dedicarlle un manga enteiro .
Logo a cousa foi a peor coa regra de "Nunca morrerá ninguén importante". Vale que morresen Neji e Gai, e aínda que a morte de Gai tivo un certo significado(Aínda que despois estaba de parranda nunha xogada lamentábel) a de Neji foi absolutamente inútil e carente de sentido, deu a sensación de que Kishimoto, o mangaka, pensou que alguén dos rapaces do principio tiña que morrer na guerra e tocoulle a Neji(Por que non Sakura, digo eu? XD).
Logo houbo unha pelexa entre Naruto e Sasuke a modo de  "esta pelexa é a que resolverá todo pero dalgún xeito, co trol que son, sabedes que será estúpida" XD Non podes facer o último arco argumental do manga, a batalla definitiva , unha especie de batalla dialéctico-filosófica na que apenas loitan e todo se reduce a un ataque final no que os dous protagonistas perden os seus brazos e nin sequera se dignan a permanecer así e márcanse un "arco de Pain" outra vez.
O manga remata cun capítulo de epílogo no que se confirman a maioría das cousas que os fans querían : Naruto con Hinata, Sasuke con Sakura, Shikamaru con Temari,.....e , sobre todo e ante todo, Naruto como Hokage(A min deixoume medio mosqueado o feito de ver un Mac , ahí ao sutil ...pero bueno XD). Vai haber un manga curto(Uns 3 volumes) a modo de spin-off e unha película que se ubicará despois do capítulo 699 e antes do 700.

E ata aquí a parte sobre o argumento de Naruto. Pero un manga de 700 capítulos non podía ser analizado só co seu argumento, así que a continuación falaremos de personaxes.

Se falamos de personaxes, o personaxe que probábelmente fose o máis popular en moitos momentos non era Naruto, como se podería pensar, senón Sasuke. Sasuke sofre dun fenómeno que podemos considerar así:  "cando un personaxe non protagonista é máis popular que o protagonista". Non é un fenómeno precisamente novo(Recentemente puidémolo observar en Attack on titan con caso de Levi) pero sen dúbida non é algo que usen tódolos mangas . Ben levado pode contribuír a mellorar o plantel de personaxes e a descargar parte do interese noutros personaxes, o que balancea o argumento e a axuda a construír unha historia máis sólida.Lóxico, non? Pois no caso de Sasuke a cousa non foi así, para nada. Sasuke comezou cun arquetipo de personaxe moi común, de tipo superdotado con power-ups varios que rivalizaba co protagonista pero que no fondo eran colegas. Sen embargo, despois da súa saída da vila a cousa dexenerou e o seu personaxe escachou en pedazos a medida que a historia , dalgún xeito, chegaba á conclusión de que o seu rol na historia estaba absolutamente esprimido e non aparecería nunca máis.
Podo entender todo o asunto ese da venganza, de ter un odio irremediábel contra Konoha unha vez que descobre a verdade sobre Itachi. É certamente normal que existise un sentimento de odio contra toda a vila polas cousas que lle fixeron facer a seu irmán. Vale. Pero unha vez que Sasuke remata por entender a verdadeira idea de Itachi,o motivo polo que fixo todo o que fixo (Co punto culme cando teñen a conversa ao rematar a batalla con Kabuto) non é lóxico que decida axudar a Konoha e despois, coma se fose unha veleta, volverse malvado outra vez e loitar contra todos. Non podes facer que un personaxe ao que tardaches non sei cantos capítulos en facelo un vilán se comporte como heroe un breve lapso de tempo para despois retornalo á súa persoalidade orixinal(Sobre todo se non se trata de ningún tipo de engano). Á fin, nos momentos finais da historia, Sasuke parecía un estúpido neno malcriado que o único que facía era queixarse porque non lle prestaban a suficiente atención con rabietas aleatorias que tiñan nefastas consecuencias para todos.
Sasuke puido ter sido un personaxe estupendo pero acabou por naufragar nun mar de argumentos sen senso para convertirse nun recheo , algo que, se te paras a pensar, non era necesario para que Naruto se convertese en Hokage.

Tamén me gustaría falar dun fenómeno que se atopa neste manga e que bebe de Dragon Ball e similares: os personaxes inútiles. En Dragon Ball o espoñente máis claro sería Yamcha e aquí , sen lugar a dúbidas, Sakura. Se borras a Sakura da historia tódolos acontecementos da mesma terían pasado da mesma maneira, especialmente cantoso despois do salto temporal de dous anos no que os protagonistas son máis maiores. O único que fai é queixarse e provocar problemas, non ten ningún propósito claro na historia, unha motivación, algo que faga que poida servir para algo. Simplemente vale para que a salven e para queixarse de que Sasuke non lle faga casa por vez infinita, algo que remata por resultar aburrido despois das primeiras cincuenta veces(O número total chegou a centos , polos meus cálculos XD).
Despois do salto temporal tentaron , dalgún xeito, mellorar a súa forza para que , dalgún xeito, puidese ser un activo necesario do equipo 7 . Nin así, a única pelexa decente que gaña é contra a marioneta aquela na aldea do deserto i é porque a manexa unha vella fenómena, que senón vamos, perdería facilmente.
Logo , relacionado con este punto, está o feito de introducir personaxes para despois deixalos no máis absoluto anonimato cando deixan de ser útiles. Con isto quero remarcar o caso de Sai, aquel tipo que substituía a Sasuke no equipo 7 e que podía facer técnicas ao debuxar e rollos de papel. Que foi dese fulano? Alguén sabe dicirme onde estivo os últimos 200 capítulos?(Non vale dicir estivo na guerra, poida que o vísemos brevemente nalgún panel pero iso non conta) Teoricamente Sai estaba destinado a convertirse no novo Sasuke pero se Sasuke rematou por ser unha decepción, de Sai xa nin falo. Un personaxe lamentábel , sen persoalidade que aparece uns cantos capítulos para rematar evaporándose coma por arte de maxia coma se non pasase nada. Non sei se foi un movemento planificado de Kishimoto ou algo que fixo en función dos resultados das enquisas, pero o resultado final foi absolutamente lamentábel.

Despois dos dous párrafos anteriores podería pensarse que opino que tódolos personaxes de Naruto eran inútiles, faltos de persoalidade e irrelevantes a longo prazo pero iso non é verdade. Case toda a peña de Akatsuki molaba e entre os "bos" Kakashi e Gai eran bastante carismáticos.
Falemos de Pain-Nagato-Yahiko. A relación que se constrúe entre aqueles tres rapaces(Pain, Yahiko e Konan) resulta moi interesante, especialmente a nivel dramático. Tentan formar paralelismos coa relación que existe entre os membros do equipo 7 pero non o conseguen, xa lles gostaría aos do equipo 7 chegar a ese nivel de "alucinancia". O flashback no que se explica a motivación de Pain, como coñeceu a Jiraiya e como decide cal é o seu camiño de ninja(nindo) é altamente relevador e interesante a un tempo, probábelmente porque non me esperaba que chegase a ser tan interesante, esperaba algún tipo de motivación estúpida e sen sentido.
O caso de Itachi é terríbelmente complexo e a súa morte supuxo a morte do mellor personaxe da historia na miña opinión. Non é fácil facer que alguén que nos é presentando coma un vilán resulta ser un aliado da xustiza, sobre todo se dalgún xeito segue a realizar accións de dubidosa moralidade. Pola contra, o lóxico é que resulte mal(Ehem, Sasuke,ehem). Sen embargo, Itachi resultou ser un personaxe moi sólido, dende a súa presentación ata a súa morte. Cría no que facía e tiña unha fé cega en que as cousas podían facerse noutra maneira, os seus motivos eran tan absolutos coma os de Pain, se ben os seus fins eran diferentes . Uchiha de nacemente decidiu sacrificar a todo o seu clan para salvar ao seu irmán, algo que incluso Naruto chegou a comprender e a admirar , en certo xeito, unha vez qu coñeceu esa información.

Para rematar con temas de personaxes quería falar un pouco do que probábelmente sexa o peor vilán de toda a serie(Kaguya está ahí...pero nin ela XD): Obito-Tobi. Xa só o feito de chamarse Tobi,algo que facía sospeitar que a identidade do xefe de Akatasuki sería alguén super molón prometía . Sen embargo, recordo perfectamente a miña expresión de "pois vaia" cando revelaron que Tobi era Obito. Xa non falo dos evidentes fallos de argumento que iso supoñía(A ver, alguén se tragou todo o tema esa da "resucitación", onde milagrosamente obito estaba vivo despois de ser aplastado por unha maldita rocha xigante?E o seu cadáver? E as incosistencias temporais cando ataca a vila? E máis, e máis....XD) , senón do personaxe en sí.
Obito non é que  fose unha veleta, este tiña atado un maldito trasbordador que daba voltas XD. Non podes sacarte un vilán así da manga e dicirlle á xente "ala, a aguantalo". Non pode ser de repente boísimo e de repente malísimo segundo lle veña en gaña, e o mesmo pasa co seu nivel de poder. Os seus motivos para dominar o mundo eran absolutamente absurdos! Non me extraña que á fin Madara pasara del , porque que fulano....

Centrémonos agora en aspectos do debuxo. Hai algo claro: Kishimoto mellorou de xeito notábel co paso dos anos, os primeiros capítulos de Naruto tiñan un debuxo bastante normalciño-malo e os últimos, especialmente algúns da saga da guerra tiñan un nivel altamente satisfactorio. As cousas como son, os últimos volumes de Naruto son moi bos en certos momentos visualmente e non lle teñen nada que envidiar a outras obras. De feito, houbo unha evolución moito máis salientada que en obras como One Piece, isto foi máis ao estilo de Tite Kubo en Bleach.
O deseño de personaxes é sólido, non son xente chunguísima e con proporcións pouco naturais e aínda que con algunhas excepcións apenas hai ecchi presenten en toda a serie.


E ata aquí. Probábelmente houbese moitas cousas máis das que falar , á fin e ao cabo é o manga máis longo sobre o que levo escrito neste blog, pero creo que podedes facervos unha idea do que opino .
É difícil poñerlle unha nota porque está claro que o último ano, ano e medio de Naruto foi malísimo, horríbel, era practicamente un suplicio ler o capítulo cada semana ; e antes diso xa non é que estivese a un moi bo nivel.O meu interese na obra rematou coa pelexa de Pain e a pesar de que tiña curiosidade de ver como remataba , o que veu despois sentiuse coma un recheo.
Leo Naruto semanalmente dende a saga de Hidan e Kakuzu, dende fai 6-7 anos e a súa fin , en lugar de resultar triste alégrame bastante porque me daba bastante pena ler unha obra que me gustaba neste estado. Non me enrolo máis....seis e medio.


Nota: 6.5




Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //