Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 22 de decembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Ola! Hoxe falaremos dunha continuación en forma de cómic da sobresaínte "Avatar, the legend of Aang" que continúa a historia xusto onde rematou a serie de animación nunha historia en tres volumes que chega a ser incluso superior á serie e destinada a lectores máis adultos, na miña opinión.Imos co argumento(Contén spoilers importantes da trama, se queredes saber simplemente de que vai podedes consultalo en avatar wikia)!

The promise trata unha temática que está bastante presente no mundo actual i está altamente relacionada con temas sociopolíticos. Así, dado que á fin da serie de animación o lord do lume Oozai fóra derrotado a ocupación do imperio do lume de territorios dos outros imperios queda como decisión de Zuko, novo lord do lume. A razón dille inmediatamente que o mellor é devolver eses territorios á súa nación de orixe, pero despois dunha visita a un deles dase conta de que esa pode non ser a mellor solucióni, dado que hai tantos anos que os territorios son parte da nación do lume que xa formaron lazos , tanto afectivos como persoais, e non queren independizarse.
O avatar Aang está dacordo coa postura inicial de Zuko e considera que deberían indepedizarse, algo que fai que os dous amigos rematen por ter unha disputa na que están involucrados máis ca eles dous. Deste xeito, aínda que á fin non se produce, case se produce unha guerra entre Zuko e o emperador da nación da Terra polas súas posturas enfrontadas que rematan por chegar a un acordo común que satisface a tódalas partes: os territorios problemáticos converteranse nunha nova nova nación, parte da cal será a chamada cidade República que aparece en The legend of Korra, serie de animación continuación da lenda de Aaang.

Unha trama máis adulta e seria, sen demasiadas esceas de acción e que toma como centro unha problemática real ao explorar ese terreo inexplorado de "que pasa cando os heroes gañan" da un resultado excelente, con debuxos que non desmerecen para nada á serie de animación.
Certo é que un podería pensar: "Debería ler isto ou ver a serie de animación de Korra dado que é a secuela directa?" A resposta é clara: ler isto, sen súbida(Falarei máis de Korra proximamente).

PD: Hai máis triloxías e comentareinas en próximos posts.

Nota: 9.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //