Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 3 de outubro de 2014

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos dun manga de comedia de 99 capítulos(Mala sorte non chegar aos 100, aínda que os últimos tres poderían resumirse nun só, tamén volo digo) que é unha obra realmente "refrescante" dentro des te mundo de fantasías épicas, piratas e titáns xigantes. Imos co argumento!

Esta manga conta a historia dun rapaz de istituto chamado Aoshima Hitoshi que é bastante inútil: non ten ningún tipo de habilidade social, non é listo e non sabe facer basicamente nada. Aínda así, está namorado da rapaza máis guapa do istituto Wagatsuma Ai.
Aoshima non ten moitas esperanzas de que saian xuntos pero de repente espértase no futuro e descobre que estan casados! Así, decide invertir todo o seu esforzo, coa axuda dos seus colegas da brigada DX , en conseguir que ese futuro se faga realidade.


Argumentalmente é bastante simple, pero esa é unha gran vantaxe. Aquí o tema das viaxes no tempo é un elemento secundario que serve para forzar situacións cómicas, non hai unha catástrofe que prever ou nuha misión épica que levar a cabo: simplemente un final feliz. Así, aínda que o protagonista do manga non sexa un personaxe demasiado bo os secundarios son épicos e provocan situacións hilarantes que me fixeron rir coma non moitos mangas, crédeme. O absurdo das situacións combinado con centos de referencias á cultura popular(pelis, manga...) fan dos gags algo exquisito. É especialmente gracioso a maneira na que vacilan aos mangas shonen no senso de que despois dun longo entreamento o protagonista segue a ser igual de inútil en deportes ou parvo, segundo a situación XD
Obviamente non todo ía ser bo e o último tramo do manga(Os últimos 2-3 volumes) fan que baixe bastante a calidade porque se lle intenta dar unha conclusión á historia dun xeito máis ou menos serio,polo que ao deixar dun lado a comedia o manga perde bastante.

Como conclusión, a pesar dos seus fallos , esta manga é algo que debes ler, ten un gran debuxo e un nivel de calidade na súa comedia que non se atopa comunmente. Sobresaínte!


Nota:9.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //