Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 6 de outubro de 2014



#manga #anime #ogsn
Boas, hoxe falarei un pouco do último xogo de One Piece que saiu para Wii, a segunda iteración da franquicia Unlimited Cruise(Aínda que despois sairon para Playstation 3-4 e Wii U novas entregas da saga Unlimited) que realmente non innova demasiado e opta por unha filosofía continuista.
Podería contar un pouco de que vai a historia pero é que é bastante mala, non serviría nin como capítulo de recheo XD , polo que centrareime máis noutros aspectos do xogo.

Estamos ante un xogo do tipo "eu contra o mundo", cun gameplay similar aos chamados Musou, áínda que con motos menos inimigos (Dita filosofía musou é explotada na saga Pirate Warriors). Podes controlar a calquera dos mugiwara e alternalos cando queiras dentro da pelexa no caso de que o consideres necesario.
O gameplay é bastante simple pero efectivo: non hai un gran número de botóns de ataque pero as combinacións entre os mesmos e a posibilidade de elexir entre dous tipos de movementos para cada botón aporta algo de variedade. Así, temos o ataque normal co botón A(Que poderemos converter nun combo ao pulsar varias veces), o ataque forte ao axitar o WiiMote, o ataque de salto ao saltar e atacar normal e o ataque de sprint ao sprintar(Dúas veces C) e pulsar A. Ademáis destes ataques é posíbel esquivar ao pulsar A e B ao mesmo tempo e realizar ataques especiais ou pulsar A ou axitar o wiimote ao tempo que pulsamos C, o que consume SP , unha especie de puntos de Maná.

O obxectivo do xogo é avanzar cara adiante por diferentes illas ata derrotar primeiro ao xefe da metade e despois ao do final, coa opción de derrotar a un xefe oculto por illa, que soe ser moito máis poderoso.
Para poder avanzar hai que recoller diversos materiais , como por exemplo mármore para facer unha ponte ou bambú para facer unha escaleira, que se combinan con puntos que conseguimos ao converter os materiais que nos sobran para habilitar as loitas contra os xefes, o que provoca que haxa que vagar polas illas de xeito un tanto repetitivo ata conseguir a cantidade X de certo material para poder loitar contra o xefe.

Aparte das illas, cando estamos no barco temos a posibilidade de desenrolar diferentes habilidades. Por un lado temos a Usoop, quen pode desenrolar un submarino, a caña de pescar, trampas , bombas, diais e diferentes ataques especiais. Logo temos a Chopper, quen pode crear mediciñas e desenrolar algúns ataques especiais e por último a Sanji, que pode cociñar pratos de cociña con ingredientes que recollamos. Esta comida serve para aumentar tanto o HP(Puntos de vida) coma o SP(Puntos de "maná", aprox XD), polo que quereremos cociñar moito, aínda que chega un punto que se volve terriblemente repetitivo e hai que ter en conta que unha vez que fagamos que un personaxe tome un plato máis de 3-4 veces xa non lle suben os atributos e hai que darlle un plato diferente.

Conseguir tódolos ataques, pescar tódolos peixes, cazar tódolos bichos e rematar o xogo en tódolos niveis de dificultade engade unha certa rexogabilidade, dado que non é posíbel rematar o xogo ao 100% se xogas no nivel fácil, o primeiro dispoñíbel. Ademáis, se queres ter a tódolos personaxes do xogo dispoñíbeis para xogar no modo VS(Xefes incluídos) tes que derrotalos no BossRush, modo ao que non podes acceder ata a túa terceira partida no nivel de dificultade Unlimited, o máis difícil.

O xogo non é especialmente complicado e só resultan un relativa desafío , se non comiches demasiada comida e os teus personaxes teñen uns atributos relativamente baixos, os dous últimos xefes opcionais, Barbablanca e Garp, dado que requiren centos de golpes para poder derrotalos(Non esaxero, podes botar media hora ou corenta e cinco minutos ben) aínda que uses os "trucos" que usas cos outros xefes. Con estes trucos refírome a usar a Nami cun ataque co que crea unha nube e despois lanza raios, o ataque non especial  máis poderoso do xogo, usar a Usoop como Sogeking cando lle queda pouca vida para que os seus proxectís fagan x4 de dano, luffy en gear second, Sanji en Diable Jambe, etc.

Como conclusión, dicir que é un xogo que lle pode gustar aos fans de One Piece e como xogo da Wii non é demasiado malo ao ser un xogo de acción aventura cunha duración que pode estar en torno ás 70 horas se queres conseguir todo. Sen embargo, se non che gusta One Piece, este xogo non é para ti XD.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //