Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 10 de outubro de 2014

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos dun manga que, segundo se anunciaba nas súas páxinas(Non sei se por parte das persoas que debuxan o manga ou por parte da editorial) foi tan popular como Attack on titan e que na actualidade conta cun manga de "pseudo-continuación"(Chámolle así porque saen outros personaxes ,é a mesma historia contada dende outro punto de vista ao comezo e despois evoluciona cara outros camiños).UPDATE a 8/10/2014: Os novos personaxes atópanse cos vellos no capítulo 81
Hai feitos que respaldan dita popularidade, coma que vendeu 1.5 millóns de copias(Un número moi alto, sendo honestos) ou que vai ser adaptado a un live-action que seica vai saír este outono.
Dito isto, hai que ter en conta que , como o manga ten unha continuación, a cantidade inxente de cabos soltos que quedaron ao seu remate poidan que sexan respostados na continuación, polo que dito dato non penalízará a súa nota.Imos co argumento!


Kami-sama no Iu toori conta a historia de como todos os rapaces de istituto de Xapón estaban felizmente nas súas clases cando un fenómeno paranormal interrompeu a normalidade e fixo que o caos se extendese rapidamente. Así, en cada clase de cada istituto de todo o país aparece un boneco Daruma, que obriga aos rapaces ao xogar á versión de "escondite inglés": o boneco fai unha especie de conta atrás, durante a cal os rapaces poden moverse, pero se alguén se está a mover cando o boneco calou estoupa. Moi lóxico todo XD
O caso é que non todos morren e os superviventes descobren posteriormente que o que pasou non é máis que o comezo dunha especie de exames para determinar quen será un kami (Soa algo difícil de explicar pero máis sería spoiler).

O argumento , tal e como o escribín eu, pode parecer interesante pero se les o argumento que aparece na tapa do volume suaviza a parte do gore polo que quédaste coa idea de que é xente que xoga a xogos de nenos xaponeses e que palman de vez en cando(Idea non moi alonxada da realidade, despois de todo ) .Sen embargo, a execución non remata de ser todo o satisfactoria que debería. Sométese aos personaxes a un estrés psicolóxico atroz baseado no feito de que poden morrer en calquera momento pero esa sensación non se da transmitido ao lector. As probas son xogos clásicos xaponeses e non conseguen ser todo o épicas que deberían nun manga destas características, quédanse en simples sucesos despois dos cales esperas que pase algo épico, que non chega a pasar. Ademáis, un dos teóricos atractivos, a aleatoriedade das mortes, queda lastrado pola falta de desenvolvemento dos personaxes, polo que ao non establecerse unha certa empatía con eles por parte da persoa que le o manga a súa morte resulta sosa e inútil en lugar de emocionante, salvo cecáis nunha ocasión illada.

Argumento aparte, o debuxo está ben, non epicamente ben pero sí o suficientemente ben para transmitir certa atmósfera de opresión a varios personaxes que lle queda que nin pintada.


Como conclusión, o manga non é tan bo coma Attack on titan. Nin de lonxe. Poida que se continuasen coa mesma historia máis tempo conseguisen chegar a mellor porto e a pesar de que na continuación realizáronse varios cambios(os personaxes evolucionan, as probas teñen un compoñente de intelixencia que recorda a Liar Game, etc.) este manga quédase a media en tódolos paus que intenta tocar.Notábel baixo.


Nota: 7.0


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //