Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :xoves, 3 de febreiro de 2011
Nanaco Robin é un manga de xénero shojo con toques de comedia dunha duración máis ou menos curta, xa que son doce caps, aínda que cada cpas ten entre 40-50 páxinas. Recoméndoo porque se alonxa un pouco do típico shojo esteoreotipado cos protagonistas namorados dende o primeiro cap e adopta máis un tono de comedia avanzando realmente na trama nos últimos capítulos. Así, de que vai?
Nanaco Robin conta a historia dunha rapaza chamada Nako que irrumpe nunha voda e saca ao noivo da mesma . Lévao xunta da súa irmá , xa que o matrimonio era concertado e polo tanto o noivo estaba realmente namorado da súa irmá, polo que Mako xúntaos.Como consecuencia disto o irmán pequeno do noivo, chamado Konatsu, quen é un líder dun "gang" de Istituto, remata vivndo con Mako xa que a súa familia cae en desgraza e perde tódalas posesións despois dos actos de Mako?Como rematará a historia?Averíguao!
En conclusión, creo que é un manga que se debería ler, a súa arte é bastante interesante(hai mangas con mellor arte pero esta é por riba da media) , o seu argumento é bastante sólido, cun desenvolvemento dos personaxes importante e un tono un pouco realista pero sen deixar de lado o disparatado. Vamos, worth reading!
Nota: 6
- Back to Home »
- Manga , Nanaco Robin , Nota entre 6 e 7 , romance »
- Recomendación : Nanaco Robin