Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 21 de decembro de 2014

#manga #anime #ogsn
Ola!Hoxe publicaranse dous post polo tema de que onte tiña que ter saido un e non saíu...pero aínda hai posibilidades de conseguir chegar á cifra de 6 posts en seis dias, e que mellor forma de facelo que con esta colección de posts de "manga sobre". Así, hoxe falaremos sobre mangas nos que apareza a música como elemento principal da trama, e en consecuencia, onde os seus protagonistas sexan músicos ou similares.

-Shigatsu wa kimi no uso: este manga comeceino a ler recentemente e gustoume bastante dende o primeiro momento. Trata a música coma algo máos que unha afición e trata de darlle unha dimensión emocional a través dos ollos dos seu protagonista principal, un rapaz que era un prodixio do piano anos antes do inicio do manga pero que despois da morte da súa nai tivo que deixar o mundo da música debido a que non era capaz de escoitar o piano ao pouco tempo de comezar a tocar. Esta circunstancia vese alterada no primeiro capítulo cando coñece a unha violinista , quen remata por convencelo de que toque con ela. Ahí comeza a historia, onde o rapaz embárcase nunha xornada para descubrirse a sí mesmo como persoa a través da música e deixar atrás tódolos seus medos
-Beck: este manga vai unido ao tema da música de xeito case automático, se pensas en mangas sobre música pensas en Beck, de xeito automático. Tivo bastante éxito no seu momento e incluso chegaron a sacar unha liña de guitarras inspiradas no mesmo.
Argumentalmente non é tan persoal coma o anterior, neste caso estamos ante as aventuras e desventuras dunha serie de rapaces ao montar unha banda de rock, coas dificultades necesarias que o camiño cara o éxito presenta.
-Piano no mori: este manga está baseado no mundo dos pianistas profesionais e dos concursos de talentos de música clásica. Segue a evolución dun neno chamado Kai dende que é un cativo ata a madurez, (aínda non rematou na actualidade) , o único capaz de tocar un vello piano roto que se atopa no medio dun monte. É bastante persoal no senso de que Kai non se cingue aos canons habituais da música clásica e por iso non consegue despuntar nos concursos, a pesar de ter unha técnica infalíbel e xoga co tema recurrente de "Salieri tería sido o mellor de non existir Mozart".
-Fuuka: este manga é do autor de Kimi no Iru Machi e Suzuka  e ubícase no mesmo universo, polo que pensaredes "pero isto, que ten que ver coa música?" Certo é que a música non é o tema principal nos comezos da historia pero a medida que esta progresa vólvese un punto central na vida dos protagonistas. Podes esperar algo do estilo das obras do mesmo autor, aínda que noto que esta historia tenta difrenciarse algo, hai momentos dramáticos máis impactantes, sobre todo se temos en conta que hai poucos capítulso publicados.

Aparte dos tres que comentei hai algunhas cousas máis interesantes coma Watashitachi no Shiawase no Jikan para algo lacrimóxeno, Nodame Cantabile para romance ou Sakamichi no Apollon , tamén dunha banda de istituto.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //