Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 2 de marzo de 2015

#manga #anime #ogsn

Ola! Hoxe falaremos da última triloxía publicada a data de hoxe a nivel de cómics da franquicia de Avatar the last airbender.Imos co argumento!

The Rift é unha historia que cadraría perfectamente dentro da serie orixinal de animación polo seu ton. Estamos ante unha historia que ten un ton máis distendido e infantil en contraposición do ton máis serio das historias anteriores. Non é que esta non teña elementos serios pero sen dúbida están afrontados dende un ton máis suave.

A historia vai sobre unha viaxe que Aang , Sokka e os acólitos airbenders , que deciden ir celebrar un festival para rememorar unha vella tradición. Aang ponse molesto ao chegar ao sitio do festival, dado que dun monte pasou a convertirse nun lugar onde hai varias fábricas que ensucian todo con polución. Así, abórdase un pouco o conflicto da revolución industrial, que lle da traballo á xente , dado que a maioría dos benders non teñen traballo e parece ser que hai moito paro no mundo de avatar(Hai crise ata nos debuxos XD). O caso é que a fenómena de Toph Beiphong reaparece nesta historia porque o seu pai é a persoa que pon cartos para que a fábrica funcione, polo que ela e Aang teñen posturas moi enfrontadas respeito ao da fábrica: Aang quere derrubala e Toph non. 
A situación cambia dramáticamente cando varios personaxes quedan atrapados nunha mina e Aang e Toph vense obrigados a loitar contra un espítilo xigante con forma de samaurai, o cal nos regala unha serie de paneis de loita realmente espectaculares.
Todo remata ben, para resumir, Aang entende que todos poden desfrutar do festival e os da fábrica deciden mellorar o tema da contaminación.

A historia ten os seus momentos interesantes, sobre todo a escea da pelexa contra o bicho xigante, pero a nivel xeral é peor que as anteriores triloxías. Notábel baixo.

Nota:7.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //