Newest Post

// Posted by :Adrian Rodriguez Fariña // On :venres, 13 de marzo de 2015

#peli #kingsman

Boas! Hoxe falaremos dun filme que fun ver a semana pasada ao cine: Kingsman, servizo de intelixencia. Certamente non se trata dun anime, pero se temos en conta que é unha adaptación dun cómic do autor daquel mítico Kickass, pois pode colar, non? XD

Podedes ver o argumento da peli en diferentes fontes pero basicamente Kingsman é unha pleícula de espías coma as de James Bond, pero coma as primeiras, tal e como salientan na película. Non se intenta desenrolar persoalidades críbeis e situacióins verídicas, senón que se opta por saírse pola tanxente e optar por unha aproximación moito máis libre, con grandes efectos especiais e moita violencia gratuita. Así, a peli basicamente vai de que hai un certo rapaz que é un macarra da vida que descobre que o seu defunto pai non era militar, senón membro dunha axencia de espías supersecreta chamada Kingsman. Isto prodúcese porque é recrutado por parte dun axente da organización para substituír a un axente caído, o que provoca que entre nun proceso de selección onde se ten que enfrontar a outros candidatos en diversas probas, nada nivel hunger games pero non por iso menos interesante.

Estamos ante unha longametraxe que non ten medo de caír en tópicos, é máis, decide abrazalos con forza para que os fans do xénero desfruten coma nenos coa acción e co argumento no que un malo sen senso decide dominar o mundo cun absurdo plan derivado de dominios de grandeza nun papel ben interpretado por Samuel L.Jackson. Xa que falamos de actores, destaca claramente o papel do protagonista de "The king's speech",  o discurso do rei, que nesta ocasión enfúndase na pel dun veterán axente secreto que sabe repartir golpes de xeito  mçais que solvente e que en conclusión síntose coma peixe na auga. As demáis actuacións, se quitamos a do personaxe de Merlin, non son demasiado espectaculares pero grazas a que a película rise dese feito e tenta desviar a atención a base de cousas que pasan en pantalla a toda velocidade non hai demasiado problema.

A peli rise dos tópicos das películas de espías con detalles como o de que cando estopen cabezas saias fogos de artificio ou cando os personaxes principais son sometidos a probas de rendemento das que poden saír grazas a míticos gadgets, coma un paraugas antibalas. Pero non nos enganemos, as esceas de acción serias da película son altamente desfrutábeis, moi ben coregrafiadas e ben realizadas , especialmente se temos en conta a escea que se converteu en mítica que ocorre dentro duna igrexa, onde asistimos a unha xigantesca pelexa.

Por último, a película non é políticamente correcta nas súas formas, os heroes reclaman o seu premio en forma de princesas e non resultan ser asexuais , coma noutras películas XD. Kingsman é un filme altamente recomendábel se che gustan as películas de acción, con pelexas frecuentes e sobre todo coa sensación de que calquer cousa extraña pode pasar en calquera momento debido á loucura dalgunhas situacións.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //