Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 16 de novembro de 2013


Boas! Hoxe falaremos dun xogo chamado The peacekeeper , que aínda que o título poida soar "pouco violento" o certo é que se un pensa en soldados o siñificado cambia bastante. Así, atopámonos ante un shooter con pespectiva isométrica/2D no que controlamos a un soldado que ten que derrotar a hordas de inimigos pra "pacificar" as zonas.
Cunha estética steampunk nos seus menús na pantalla de xogo parece que estás nunha xungla. O xogo manéxase co teclado e o rato . Moves o teu personaxe verticalmente nunha trincheira e co rato apuntas pra disparar. Cada vez que disparas levántaste por encima da trincheira polo que tes que calcular cando agacharte e cando disparar.Relacionado con isto está o feito de que non podes disparar todo o tempo seguido e cando rematas o teu cargador botas uns segundos sen poder disparar.
Pra facer ao teu personaxe máis poderoso podes comprar melloras na tenda con cartos virtuais que gañas ao realizar misións(Mata a x inimigos,etc.) . Estas melloras son do estilo de recargar máis rápido, disparar máis rápido, aumentar o tamaño do cargador, aumentar a cantidade de granadas que podes usar, gañar a capacidade de curarte máis rápido....

Hai varios tipos de inimigos con diferentes armas como  metralletas, hachas, láseres ou lanzachamas e inimigos especiais ou "xefes" , de dificultade bastante alta nos últimos niveis(Son 30) .


Un xogo bastante recomendábel, cun gameplay sinxelo pero que require de pericia pra pasarse os últimos niveis pola variedade de inimigos(Por exemplo, hai inimigos que poden atinarche aínda que estés agachado, outros que a menos que os mates antes de que poidan disparar mátante....todos a un tempo XD).

Link:
http://www.kongregate.com/games/BerzerkStudio/the-peacekeeper?acomplete=the+peacekeeper

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //