Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 28 de xaneiro de 2011
Ben, despois de 13 caps ,coma na primeira tempada, rematou a segunda temporada de Sora no Otoshimono(heaven's lost property) chamada Sora no Otoshimono Forte , continuando a historia xusto onde o deixara a súa predecesora e adaptando novas historias do manga do mesmo nome aínda que con algunha que outra diferenza. Así, vamos co argumento.
ARGUMENTO
Continua a historia de Tomoki e os angeloids, aínda que esta vez descubrimos un novo angeloid(hai máis angeloids pero non quero spoilear) chamado Astraea de tipo delta que se une á party de Tomoki ao pouco de aparecer. Coa chegada da mesma, a tranquilidade que tanto ansía Tomo segue sen aparecer e a súa vida vólvese aínda máis tola se cabe, con centos de situacións ecchi e momentos tremendamente graciosos, para min se non a mellor, unha das mellores comedias da tempada.
Creo que nesta temporada se é máis fiel ao manga ,por momentos, explorando un pouco máis a historia nalgúns capítulos aínda que o ecchi é o que segue predominando na maioría dos mesmos. E un anime que a consecuencia do ecchi tivo moito éxito aínda que eu creo que ten unha boa historia e as pelexas entre angeloids están moi ben animadas.
A profundidade da historia é moito maior do que poida parecer en primeira instancia , xa que pouco a pouco se van desvelando detalles dos angeloids e por fin coñecemos de onde veñen e que é o seu creador, aínda que deses caps poucos hai; sexamos realistas: inclinarse cara a comedia non foi unha mala decisión.
Gustoume máis o argumento desta segunda tempada porque creo que recolle mellor a esencia do manga e ademáis o conteñido inédito da mesma, así coma o cambio de orde dalgúns feitos danlle un toque de orixinalidade que lle senta moi ben e non desentoa para nada na historia.
PERSONAXES
ATENCIÓN SPOILERS-xa que hai personaxes que non saíron na primeira pero merecen ser analizados pola súa gran relevancia /deseño/carácter.
Sakurai Tomoki: mesmo protagonista da primeira tempada, un rapaz de instituto tremendamente pervertido que usa todo o seu tempo libre para matinar plans para espiar a rapazas espidas e outras cousas pervertidas.
Sen embargo, tamén ten un lado masculino, que fai sentir seguras ás féminas que hai arredor del , e ademáis é bastante intelixente e decidido en momentos puntuais cando a situación o require, tendo cualidades necesarias de para un bo mestre de angeloids.
É probábelmente un dos personaxes máis interesantes do anime porque ten un carácter dual: pode ser moi pervertido(un dos maiores na historia do anime incluso se podería dicir ) ou pode ser serio(aínda que algúns dos momentos nos que é serio atópanse dentro do contexto de situacións de corte ecchi ; tamén ten os seus momentos "heroe invencible para protexer á princesa").
Non é demasiado atlético aínda que pode correr a unha velocidade incrible cando a situación o require superando a velocidade dun angeloid por momentos e a súa capacidade de esconderse acada niveis similares aos dun ninja.
Na película será onde se mostre un desenvolvemento real do personaxe , nesta tempada segue na liña da anterior.
Ikaros: a angeloid máis poderosa xamáis coñecida coñecida tamén como a "raíña de Urano". É de tipo Alpha, o que quere dicir que foi das primeiras que se construiu polo que é moi poderosa en batalla pero non ten funcionalidades recentes como a capacidade de hackeo.
A súa intelixencia é a dun humano normal, o que pasa é que é moi inocente e sempre acaba por facer as cousas dun xeito completamente contrario ao que lle mandan, o que remata moitas veces con Tomoki moi anoxado.A pesar disto, Tomoki segue sendo o mestre de Ikaros xa que Ikaros non quere a liberdade, quere servir a Tomoki para sempre.
Ela está namorada profundamente de Tomoki, probábelmente sexa a rapaza con sentimentos máis fortes cara o mesmo de toda a serie, dado que estaría disposta a morrer por el se fose necesario.
Usou varios tipos de armas, entre as que destaca o sistema Urano, un arma-nave que lanza unha cantidade innmensa de misís teledirixidos cara obxectivos fixos , polo que non deixa escapatoria; Aegis, o escudo máis poderoso que existe e as súas ás convertibles, facéndoa a máis rápida de toda a serie.
Nymph: angeloid de tipo beta que ven á Terra cunha misión pero acaba abandonándoa e quedáse a vivir na Terra, concretamente na casa de Tomoki.
É un angeloid de tipo Beta, polo que é extremadamente intelixente e as súas capacidades de hackeo son moi grandes, sendo capaz de hackear incluso a seres vivos que se atopen dentro da súa " hacking zone". Nesta tempada comeza sen ás (arrancáronllas as arpías na primeira temporada ) pero eventualmente recupéraas.
Ten o corpo dunha nena e como se demostra dun capítulo o paso do tempo non lle afecta demasiado xa que despois de 30 anos os seus peitos seguirían tendo o mesmo tamaño.
Un tema recurrente é a soidade que sente e a envexa a Ikaros, xa que aínda que non o queira admitir, quere que Sakurai Tomoki sexa o seu mestre.
Astraea: personaxes nova que aparece esta tempada. É unha angeloid de tipo Delta, enfocada principalmente á batalla(é probábelmente a única angeloid ademáis de Chaos de facerlle pé a Ikaros en batalla) polo que as súas capacidades de procesamento non están demasiado desenvoltas, isto é, é rematadamente parva(cando chega por primeira vez para matar a Tomoki nen se preocupan por ela xa que din que é demasiado parva).É rubia de ollos azuis, ademáis que é unha das personaxes cos peitos máis grandes, polo que a comparan cunha balea (metaforicamente) algunhas veces.
Os seus gags baséanse principalmente en interaccións con Tomoki, para ver quen é o máis listo dos dous, aínda que á fin o seu nivel de intelixencia é máis ou menos similar(gaña Tomoki aínda así).
Pode voar bastante rápido , de feito é a máis rápida de tódolos angeloids e as súas capacidades de combate en curto rango superan as de Ikaros. As súas armas para combatir con unha espada chamada Chrysaor, de dimensións xigantescas se o require e unha versión mellorada do Aegis chamada Aegis L. A pesar de todo isto, non sería capaz de derrotar a Ikaros nun combate.
Sugata: repite da primeira tempada, é o presidente do "Club para o descubrimento do novo mundo". É unha persoa tremendamente intelixente, capaz de entrar en Synapse(mundo dos angeloids) e marchar no momento xusto para que non o arresten. Ademáis, entende os aparatos que usan os angeloids i é capaz de darlle ordes estratéxicas de batalla para sacar o mellor rendemento de cada unha.
É unha persoa soñadora, de espírito lobre aínda que seria, gústanlle conseguir os seus logros co seu propio esforzo : el vive só nunha tenda de campaña e caza a súa propia comida.
Dalgún xeito está relacionado coa familia de Mikako e ademáis as súas habilidades de combate son moi boas, incluso pode combatir de ti a ti con Mikako.
Mikako: a Presidenta de consello estudantil, unha muller que por fóra parece boa , dulce , desas que nunca romperon un prato; pero en realidade é unha muller fría, sádica , calculadora, cruel, que desexa o sufrimento dos demáis para a súa propia diversión. A súa Seiyuu fai un traballo brilante nete senso.
A pesar de todo o anterior é amiga de Tomoki e compañía e demostra axudalos cos fortes recursos, tanto económicos como persoais, da súa familia cando a situación o require. Ten tantos recursos porque é a líder dunha familia de Yakuzas, vive nunha casa xigantesca e ten suficientes cartos como para comprar o que propoña.
Moitos capítulos do anime transcurren de xeito que Sugata e Tomoki deben derrotar a Mikako, quen fai plans maléficos de xeito recurrente por diversión.
Probábelmente sexa a única das féminas amigas de Tomoki que non mostrou unha relación demasiado cordial co mesmo e desde logo non mostrou o seu amor cara a él, aínda que se viu en actitude cariñosa con Sugata.
Sohara:
é amiga da infancia de Tomoki e probábelmente a personaxe que o coñece desde fai máis tempo e polo tanto que o coñece mellor. O seu soño é casar con Tomoki, pero dado que é un pervertido sempre remata feito cachiños.
O seu carácter é alegre e xovial, aínda que é unha rapaza seria e cando Tomoki a cabrea executa un golpe de kárate capaz de matar a calquera ser humano(agás Tomoki xD).
Aínda que non o recoñeza, ela tamén é bastante pervertida como se ve nun cap no que se ven os seus soños.
As súas apricións son maiormente para pegarlle a Tomoki aínda que ten momentos nos que lle da consellos amorosos a Ikaros ou a Nymph.
É unha das personaxes cos peitos máis grandes, como se demostra no capítulo da "pesca" onde a describen coma algo lendario que é moi compricado de capturar.
Chaos: angeloid de segunda xeración cun poder que sobrepasa en moito a calquera do angeloids e que é tremendamente poderosa no combate. Podería derrotar a calquera das tres angeloids nun combate 1 a 1 , pero se se alían conseguirían derrotala.
A súa maior característica é a capacidade de evolucionar , xa que pode absorber nutrintes e acadar novas formas de poder.
A súa arma son as súas ás, que parecen de metal e se estiran ou encollen segundo lle conveña , o que a fai unha opoñente practicamente invecíbel.
Ten dúas formas, unha forma de nena e unha forma de adulta despois de evolucionar durante algún tempo.
No anime móstrase a súa forma de adulta e resólvese a súa trama pero no manga ainda falta por mostrar esa parte.
O seu carácter é sádico e manipulador, é cruel a máis non poder e ademáis non sabe o que é o amor.
Hai máis personaxes pero estes son os máis importantes.
ANIMACIÓN É BSO
A animación é sobresaínte, o deseño das persoanxes femininas é por momentos épico(no sentido da perfección das súas medidas) , ademáis que o estilo chibi que usan por momentos tamén é moi interesante e dalle un toque de orixinalidade.
A BSO .. é , é dicir, non é que sea horrible pero tampouco é unha cousa que se che queda na cabeza. O OP e ED son normalciños aínda que as melodías de batalla son boas , algunhas debo dicir que crean un bo ambiente e que están moi ben conseguidas .
CONCLUSIÓN
A ver,está ben, pero se liches o manga segue sen haber cor entre manga e anime, esperaba máis dalgúns arcos, a verdade.Se só viches a primeira de anime entón gustarache máis.
- Back to Home »
- Anime , ecchi , gender bender , shonen , sora no otoshimono forte »
- CriTiCa ANiMe: Sora no otoshimono forte