Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 21 de xaneiro de 2011



Ai Kora (あいこら),tamén coñecido como Love & Collage é una historia que nos trae o autor de Midori no Hibi  Kazurou Inoue , polo que as similitudes entre as mesmas(e a outros harems , coma Love Hina de Ken Akamatsu) son importantes. 
Así, ao longo dos seus 119 caps Ai Kora cóntanos a historia dun rapaz chamado Hachibei Maeda que vai ao instituto, que é un fetichista e ama partes individuais das mullers, coma as pernas, os peitos, os ollos, o cu, as mans..... O que fai que nunca coñecese o amor . Decide irse a estudar a Tokio para atopar as mulleres coas súas partes ideais e cal é a súa sorpresa cando remata vivindo nunha residencia feminina chea das "partes" que tanto lle gustan, polo que fai todo o posíbel por satisfacer o seu desexo fetichista .
Como se pode deducir é un manga ecchi , comedia e sobre todo harem. Argumento non ten demasiado, son maiormente arcos independentes aínda que cando cara a metade do manga comeza a haber un desenvolvemento vólvese bastante interesante. 
A arte é bastante decente e os escenarios están moi ben definidos, cecáis mereces un anime.
É unha lectura fácil, sinxela e que se pode disfrutar moderadamente se che gustan as historias de tipo harem, con altas doses de comedia e algo de ecchi, aínda que peca de ser altamente predecíbel.O final é altamente aberto, deses míticos finais onde sería facilmente posíbel retornar a historia aínda que en certo modo si hai un desenvolvemento.
En resumo, se che gustou Love Hina ou Midori no Hibi é unha lectura obrigatoria.


Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //