Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 15 de novembro de 2014

#manga #anime #ogsn

O número de post atrasados que teño por escribir comeza a acadar uns niveis onde ou escribo algo do que teño atrasado ou isto non avanza XD. Así, hoxe falaremos de Sankarea, manga bastante coñecido de temática zombi, aínda que dende un punto de vista máis romántico que realista. Imos co argumento



Sankarea conta a historia de como un rapaz chamado Furuya descobre unha fórmula para resucitar aos seres vivos, algo que fai que sexa posíbel convertir a humanos en zombis. Así, fai diversos experimentos e consegue resucitar ao seu gato Babu pero obviamente non consegue un especimen humano ata que coñece ata unha rapaza , Rea, quen se suicida e Furuya ten que resucitala.
Rea conserva a súa memoria e o funcionamento da maioría de funcións motoras e congnitivas do seu corpo, polo que de non ser pola "palidez" apenas parecería un zombi XD. 
Haber hai máis inconvintes, coma que os órganos descompóñense co paso do tempo e que unha vez que se é un zombi tense unha ansia incontrolábel por comer carne humana( Vamos, que revelación jej) que debe ser suprimida mediante a inxesta dunha planta especial.

Nótese que neste manga danlle outra perspectiva ao tema dos zombis e explican que non son mortos viventes sen corazón, din que son persoas e que a "drogan resucitadora" , a pesar dos seus efectos secundarios, remata por salvarlle a vida a varias persoas. Cóntase como surxiu dita droga e como , en pequenas doses, pode contribuir a aumentar a esperanza de vida dunha persoa en varios centos de anos sen chegar a zombificarse completamente.

Antes dixen que o tema ía de romance e a pesar de que aínda no no mencionara, é a clave. Este manga é unha comedia romántica onde hai varias heroínas e un protagonista onde este debe elexir entre o seu harem cal será a gañadora, nunha premisa altamente típica.Hai ecchi en cantidades notábeis, sobre todo a medida que pasan os capítulos ,en detrimento de esceas máis de xénero gore(Que as hai, pero son bastante escasas durante a maior parte da trama).

A nivel de debuxo o manga non está mal, cumple co seu cometido, non intenta debuxar zombis desfigurados e feísimos, máis ben ao contrario, polo que creo que cumpre bastante ben nese aspectp.

Como conclusión, o manga en sí é bastante símpel e aínda que se explica bastante ben o dos zombis , este tema non consegue impoñerse ao ton de comedia romántica xenérica xeral que reina durante toda a historia.


Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //