Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 28 de xullo de 2010








































Bueno, reseño as dúas ao mesmo tempo porque unha é a continuación directa da outra, xuntas forman unha unidade completa. Isto é porque son a adaptación dunha light novel que contaba a historia, o que pasa é que en dous segmentos.Comecei a velo porque vin que era dos máis populares en mcanime pero nunca pensei que fose como é, é dicir, é un must-see, un deses animes que tes que ver si ou si. Non hai moitos deses, eu só conozo death note, dragonball, eden of the east e DTB aparte deste.Vamos, que é unha gran obra.

ARGUMENTO
Así vamos co argumento.Pode parecer trivial, éo, pero é que ese cecáis sexa un dos maiores atractivos do anime, converter cousas triviais en algo que chegue a entreter e que chegue ao espectador.
A historia conta a vida dunha serie de rapaces de último de Instituto.Así, o protagonista da historia, Okazaki, é un rapaz moi solitario sen soños, que é un delincuente e se leva mal co seu pai alcohólico. Pero un día coñece a Nagisa-san, unha rapaza que está repetindo o último ano e como consecuencia non coñece a ninguén, polo que decide axudala. Así, xuntos van coñecendo a máis e máis xente e conseguen formar un grupo de amigos que en si mesmo é coma unha familia.Este é o argumento, Clannad enfoca a vida do estudantes durante a súa adolescencia, mentres que After Story continúa a historia mentres son adultos, un punto a favor, xa que recorre a vida dos protagonistas e non uns poucos anos.
A serie sitúase en torno á comedia maiormente, algún diálogos son brilantes aínda que outros como os queren levar demasiado á estupidez rematan por ser malos, aínda que na súa maioría, estamos ante situación moi divertidas non polo que pasa en si, senón porque son situacións sen sentido ningún.
Aparte do elemento cómico aparente, se profundizamos un pouco máis atoparémonos que Clannad ten tamén elementos melodramáticos, hai tristuras e alegrías(raro é o capítulo en que algén non chore xDDDD) , en resumo, é unha especie de diario da vida dos protagonistas, unha guía de como afrontan o seu camiño dende a adolescencia ata a madurez e de que pasos seguen para conseguilo.
PERSONAXES
Os personaxes na súa maioría son moi pouco intelixentes, pot chamarlle dalgún xeito, polo menos na miña opinión.Non creo que sexa malo, creo que axuda a darlle ese aire WTF!? que tan ben le senta ao anime, os seus razonamentos hai veces que son dignos de mención. Así, podemos atopar dous personaxes que destacan sobre o resto e que poderíamos catalogar de principais:
-Okazaki Tomoya: protagnoista masculino da historia. É un delincuente sen futuro, que non se preocupa por ninguén máis qu epor si mesmo, ata que decide axudar a Nagisa por primeira vez e comeza a axudar a máis xente. É o meu personaxe favorito , xa que as bromas que lle gasta a Sunohara e aos demáis son certamente moi graciosas , polo que é un personaxe cómico, pero por outra banda ten o seu lado seio normalmente, dado que nunca alaba a ninguén e non é dado a exaltarse demasiado. Probábelmente isto sexa porque o seu pai lle feriu un ombreiro de pequeno e desde aquela non o trata coma o seu fillo, polo que Okazaki tampouco o considera demasiado o seu pai.
-Furukawa Nagisa: a protagonista feminina da historia. Así, está repetindo o último ano de istituto porque estivo enferma e non puido asistir , polo que está soa e sen amigos; coñece a Tomoya e todo cambia. É unha personaxe que a fan parecer bastante pouco intelixente, soltando a "machada" máis grande posíbel no peor momento, algo moi gracioso. É unha personaxe que aínda que ao comezo é débil psicoloxicamente, logo vai atopando a fortaleza que necesita coa axuda dos seus amigos. É bastante explorada xa que coñecemos as súas relación familiares, co seu pai e coa súa nai.
-Kyō Fujibayashi : rapaza bastante extrovertida e agresiva que se fai amiga de Nagisa e Okazaki.É a delegada dunha clase polo que sempre intenta manter a orde con ese carácter autoritario que ten. É moi forte chegando a lanzar a persoas varios metros polo aire coas súas patadas. Secretamente está namorada de Okazaki.
-Ryō Fujibayashi : irmán de Kyō, cun carácter totalmente contrario, é dicir, modosiña, introvertida, calada, calmada. Tamén é delegada dunha clase e o seu hobby é ler o futuro con cartas aínda que a maioría das veces equivócase. Está namorada de Okazaki pero é moi tímida polo que lle pide axuda á súa irmá.
-Tomoyo: rapaza que é admirada por todos pola súa gran capacidade de liderazgo e decisión. Ten unha forza incrible xa que se criou entre criminais polo que é capaz de derrotar a unha banda enteira ela soa.Tamén namorada de Okazaki.
-Kotomi Ichinose: rapaza tamén do instituto queten unha gran intelixencia e dedica a maior parte do seu tempo a ler libros. Ten un arco enteiro de "Clannad" dedicado a descubrir o seu pasado bastante interesante.
-Fuko: rapaza que é a irmá dunha ex-profesora do instituto que  vai casar. Así, fai estrelas de mar de madeira para invitar á xente á boda da súa irmán.Ten un arco enteiro dedicado de "Clannad" e contar máis do personaxe sería spoilear demasiado do mesmo.
-Youhei Sunohara: compañeiro de feitorías de Okazaki e o seu mellor amigo, aínda que sempre sexa pisoteado e molestado por este. Ten un problema realmente serio ao intentar ligar xa que sempre acaba pateado. Persoanxe tremendamente gracioso pola súa "pouca intelixencia" , por dicilo así.
Si, Okazaki parece que ten un harem de tantas rapazas que están namoradas del, algo moi típico en moitas series de anime.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é excelente nas dúas series, seguindo un ritmo similar. Isto é unha adaptación dunha novela gráfica, un xogo de ordenador vamos, o cal denota que moitos planos, coma por exemplo o típico plano no que se ve a un personaxe falando en primeira persoa contigo son herdados da mesma. Non esperes escenas de acción, non as hai, pero intentouse crear un universo o máis preciso posíbel, con multitude de detalles, hai lugares clavados a como son na realidade.
Da BSO podo dicir que está ben, os openings e endings son  rítimicos e tristes respectivamente, cumpren o seu cometido. Bastante reseñábel o da familia dango, épico para min xD.As melodías que sonan durante a serie son bastante repetitivas, iso sí, axudan a identificar a situación que pasa a continuación ou durante as mesmas, abarcan desde melodías sinxelas con instrumentos coma flauta, gaita(si, xD), e outros instrumentos de vento para momentos da vida diaría a melodías máis dramáticas de violín para momentos críticos da historia, ben porque son tristes ou simplemente porque son importantes.
CONCLUSIÓN
Unha must-see. Algo que se podería encadrar dentro do xénero shojo, aínda que ten unha cantidade de gags cómicos incrible que fará que escaches a rir  que evitará que se che faga empalagosa. O elemento que máis me sorprendeu foi que ao contrario que a maioría de animes que contan school-life, este segue cando rematan o Instituto , conta máis ou menos uns 10 anos, o seu camiño cara a vida adulta.


Nota: 9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //