Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :luns, 14 de febreiro de 2011
Row Row Figth the power!
Quen cona cres que son!
Atravesa o ceo co teu taladro, Simón!
Cando penses que algo é imposíbel, bótalle ovos!
Tengen Toppa Gurren Lagan ( algo así como: atravesa os ceos , Gurren Lagan) é un anime de mechas de Gainax , aínda que se buscas que se pareza algo a Evangelion vas mal encarado, aquí apóstase por acción máis pura. Ten 27 caps e algunhas OVAs, así como un par de películas que serven para ampliar o universo aínda que non engaden elementos máis alá do final do anime.Ben, vamos co argumento:
ARGUMENTO
O argumento xeral conta a historia dun rapaz chamado Simon, que xunto con seu irmán(trátanse coma irmáns aínda que en realidade non o sexan) Kamina que viven nun pobo subterráneo de excavadores. O xefe do seu pobo dilles que non existe a superficie, aínda que eles logran atopala despois de que un xigantesco mecha caia da mesma e teñan que destruilo grazas un robot chamado Lagan que atopa Simon. A serie conta as súas aventuras.
Spoiler Alert!
Ao meu entender poderíamos dividir Gurren Lagan en tres grandes arcos, cada un deles nomeareino co feito que deu fin ao mesmo. Así:
-Dai gunzan arc: este arco abarcaría desde o comezo da serie ata a conquista do Dai gunzan. Isto é, a medida que transcorren os caps a Gran Brigada Gurren comeza a gañar adeptos , habendo moita xente capaz de pilotar un Ganmen, polo que decídese ir á base dos ganmmen para a súa destrucción total. No transcurso disto atópanse co Dai gunzan, un xigantesco ganmen propiedade dun dos 4 xenerais do rei espiral , que é o xefe de tódolos ganmen. Despois dunha cruenta batalla conseguen derrotar o dai gunzan e usalo para o seu proveito pero a Simon ocorre algo difícil de esquecer que fará que Simon se replantee quen é e por que loita.
-Tepperin: Tepperin é o nome da cidade onde reina o Rei Espiral e se atopan tódolos mechas , polo que despois de derrotar a tódolos xenerais restantes conseguen chegar á cidade. Logo dunha cruenta batalla co Rei Espiral derrótano, conseguindo así a paz para o mundo.
Neste arco aparece unha nova personaxe chamada Nia, filla do rei espiral aínda que desprezada polo mesmo polo que se une á Gran Brigada.
-Anti-spiral arc: 7 anos despois dos eventos de Tepperin agora os humanos multiplicáronse a unha velocidade pasmosa e viven nun estado de dereito con dilixentes. Sen embargo, como a poboación humana sobrepasa o millón de habitantes comeza unha guerra con chamados anti-espirais que planean estrelar a lúa contra a superficie da Terra aniquilando así toda a vida humanda.
Para desgraza de Simón, Nia resulta ser unha creación artificial dos anti-espirais e pasa a ser controlada por eles.
Cando a guerra remata, despois de moitos sacrifizos de varios secundarios Nia desaparece xusto cando se dan o bico de recen casados ela e Simón , pola destrucción dos anti -espirais.
Vale , este anime ten fallos argumentais claro ao meu entender, sobre todo o de que os malos reesulten ser bos no último momento e se unan aos bos para derrotar aun inimigo final parece un recurso demasiado visto e moi malo.Queda dito.
Sobre o final do anime teño que dicir que non me gustou, aínda que Gainax soe facer cousas WTF!? cos finais de continuo. O anime remata co seu gran heroe, Simon, relegado a ser un ninguén e contentándose con ver a vida pasar facendo obras boas, relegando do seu Gurren Lagan nas novas xeracións , e sobre todo sen ser capaz de atopar a felicidade; algo similar ocorre con Yoko, unha personaxes que ve como os seus dous grandes amores morren ao longo do anime e remata sendo unha profesora de primaria. Tamén salientar que Rossiu, quen por momentos é un vilán remata sendo o principal mando da cidade e que grazas a el tódalas civilizacións espirais acaban levándose ben.
O epílogo do anime mostra a algúns personaxes 20 anos despois do de Tepperin, polo que así péchase a posibilidade de que haxa un continuación , porque o protagonista Simon tería arredor de 50 anos.
O final non me acabou de convencer aínda que o argumento xeral gustoume con múltiples xiros e acción, moi ao estilo Gainax, aínda que con toques de comedia e fan-service nalgún que outro momento.
PERSONAXES
-Simón o excavador: protagonista absoluto e indiscutíbel da historia, aínda que ao comezo da mesma cecáis se vexa superado por Kamina.
Ao comezo da historia é un neno de carácter amábel, moi vergoñento e cun forte senso da xustiza que o leva a facer cousas imposíbeis e a crer aínda que só haxa unha mínima posibilidade.
Posteriormente na historia, xa de adulto é unha persoa moito más centrada, madura, que sabe o que ten que facer ; aínda que non perde de vista os seus principios cando a situación o require.
O último que se nos mostra del é un vello Simón que parece disfrutar vendo as cousas boas da vida pasar.
-Kamina: "irmán"(en realidade non o é pero trátanse como tal e Simón denótao como aniki)de Simón. Cando era pequeno o seu pai levouno á superficie polo que non a puido esquecer e ata que con Simón consegue chegar alí non para.
Ten un carácter moi marcado, é forte, orgulloso, teimudo e en resumo alguén que non se para a buscar razóns para defender os ideais que el cree que son correctos.
Probábelmente un dos mellores personaxes da historia do anime a pesar da súa curta aparición.
Destacan da súa indumentaria as súas gafas con forma de Boomerang e a súa capa co símbolo da Brigada Gurren Lagann, que era do seu pai.
-Yoko: xunto cos dous anteriores, é unha dos tres primeiros membros da Brigada Gurren Lagann, xa que no primeiro episodio cae desde a superficie xunto co Ganmen para destruilo.
É un excelente tiradora con rifle, ela recoñece ser a mellor da súa aldea, sendo capaz de empuñar un gran rifle capaz incluso de derrotar Gannmens cun disparo certeiro.
A súa indumentaria é moi provocadora, xa que na parte da arriba só viste algo similar á parte de arriba dun bikini, polo que aporta fanservice por momentos.
Ten dous amores na serie, que son Kamina e Kittan, ambos membros da Brigada Gurren Lagann, aínda que se descobre posteriormente que a súa gran vocación é ser profesora nun xardín de infancia.
- Nia: é unha misteriosa rapaza atopada dentro dun gran cofre por Simón que resulta ser a filla do rei Espiral(unha delas), quen a trata coma unha boneca e maltrátaa só por diversión polo que remata uníndose á brigada Guren Lagann.Posteriormente resulta ser o enlance entre os Anti-espirais e a o planeta Terra.
Hai moitos máis personaxes, de feito o elenco de personaxes é moi grande neste anime, aínda que ao meu entender estes 4 son os máis importantes en toda a historia, xa que algúns secundarios son importantes son en algúns treitos da historia.
O importante non son as persoas, se non os tropecentos robots que hai . Hai unha lista en wikipedia, pero aquí mostro algúns exemplos.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é brutal, é dicir, non intenta ser o que non é: é unha serie de acción maiormente con algún que outro momento filosófico , pero maiormente de acción, polo que as súas esceas de acción son altamente recomndábeis . Nas mesmas desenvólvense grandes pelexas cun nivel de "epicidade" incrible cun nivel de explosións e brutalidade incrible, o que fai este anime un producto moi dinámico.
O deseño de personaxes está ben, aínda que non se pode negar que absolutamente tódalas mulleres que aparecen no anime son guapas e se debuxaron así polo fanservice, xa que nos homes hai moita máis variedade.
A BSO é outro dos puntos fortes, tendo un op e ed constantes durante os 27 caps pero con diferentes esceas a medida que ocorren os arcos. Relacionado con isto, a serie ten moitos momentos épicos e a música está á altura dos mesmos, o que non se pode dicir de tódolos animes, cun tema que creo que é un pouco o símbolo da filosofía deste anime, chamado Row!Row!FIght the power!.
CONCLUSIÓN
Must-see se che gustan os mechas ou non, xa que as esceas de acción son moi memorábeis e a calidade mantense constante a pesar da ida e vida constante de personaxes e o discorrer do tempo e dos sucesos.
Un producto de calidade made in Gainax que nada ten que ver con Evangelion e que é altamente recomendábel a pesar dos seu argumento pouco profundo e o seu fanservice esporádico.
Nota: 9.5
- Back to Home »
- Anime , Nota entre 9 e 10 , shonen , Tengen Toppa Gurren Lagan »
- CriTiCa ANiMe: Tengen Toppa Gurren Lagan