Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 17 de febreiro de 2011

IIYoutube ten o seu aquel para ver anime online.... pero honestamente falando, os caps non saen todo o rápido que deberían e a calidade dos mesmos deixa moito que desexar.Así, hai outras alternativas para ver anime online:
-Funanimation: un canal que emite por internet onde botan anime as 24 horas do día.Ten un canal de youtube con tódolos episodios emitidos dispoñíbeis(aínda que non está dispoñíbel desde España). É totalmente legal, o que pasa é que cecáis os horarios non son moi adecuados xD.
Funanimation tivo bastante publicidade ultimamente xa que a pesar de emitir o anime Fractale de xeito legal, outros fansub traballaban con ese anime polo que deixou de emitilo, aínda que na actualidade teño entendido que o volve emitir.
Eu intentei entrar na páxina principal pero non din, cecáis sexa por entrar desde España:
-Crunchyrroll: páxina web con moitos animes para ver, coa posibilidade de pasarte a premium para saltarte os anuncios.O malo que lle topo é que os títulos non sen sempre os últimos emitidos en Xapón, aínda que de calidade non se pode un queixar: alta definición garantida.
-Anime44: desde que descubrín esta páxina vexo todo o anime semanal aquí. A calidade dos seus vídeos é indudábel, sendo a maioría dos vídeos en alta calidade e como mínimo a uns 360p. A velocidade coa que sacan cada release é asombrosa adiantándose en ata 2 días a youtube nalgúns casos.
Os subtítulos son smpre moi precisos e intégranse á perfección nun reprodutor propio que divide os caps en dúas partes.En resumo, a mellor páxina para ver anime subtitulado en inglés que existe na actualidade.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //