Newest Post
Como se pode ver no seu título, aqui volven as aventuras e desventuras de Lala, Rito e demáis personaxes deste anime nunha segunda temporada que adapta historias do manga que quedaron sen adaptar na primeira.Así, de que vai?
ARGUMENTO
Seguindo a historia da primeira tempada, (e continuando o mostrado nas OVAs entre ámabalas dúas tempadas) atopámonos a un rapaz chamado Rito que vive na súa casa coa princesa Lala , as irmáns da mesma e a irmá de Rito. Teoricamente hai unha historia: o pai de Lala, o dictador e guerreiro mais todopoderoso do Universo, o soberano do planeta Deviluke, deixa a Lala ao coidado de Rito para ver se este é digno de ser o próximo rei de Deviluke. Isto en realidade só en únha excusa para montar un slice of life con altas doses de ecchi e comedia, deses anime que se os ves con censura(misteriosos raios de luz ...) perden case todo. Digo case porque aínda así o elemento cómico está ben levado, mellor que na primeira tempada porque nesta adaptan as historias do manga que para o director fóron as mellores: eu coincido con el na maioría.
O formato deste anime varía respeito á primeira tempada, agora cada episodio divídese en dous ou tres pedazos curtos e independentes entre sí, cada un é un pequeno episodio o que axuda a contar moitísimas historias en apenas 12 caps de anime e non mete recheo.
O final do anime se non é clavado, é altamente parecido ao final do manga orixinal, aínda que cecáis non sexa o final dos anime de To love ru porque fai pouco comezouse unha secuela chamada To love ru:Darkness, polo que cecáis a adapten ao anime aínda que en bastante tempo xa que é mensual e apenas leva uns poucos caps.
PERSONAXES
Repiten os mesmos da primeira tempada cun par de incorporacións : Nana e Momo, as irmás de Lala.
Rito: un rapaz de instituto ao que moitos consideran un pervertido aínda que non o é; de feito é unha persoa moi honrada e "pura" que apenas pensa nesas cousas e decántase por un amor máis puro.
Nesta tempada o seu personaxes desenvólvese , xa é capaz de confesar os seus sentimentos e de falar normalmente con mulleres aínda que estas estean en Bikini. É o protagonista deste anime e case tódalas mulleres do mesmo están namoradas del en maior ou menor grao.
Lala: princesa do planeta Deviluke, con superforza e que ademáis é inventora aínda que a maioría das veces os seus inventos saen mal e acaba ocorrendo o contrario do que quería.
É unha persoa moi alegre, sempre anda a rir e toma a vida dun xeito despreocupado, aínda que realmente se preocupa por Rito e di que o quere abertamente.A súa mellor amiga e Haruna.
Haruna: rapaza do Instituto de Rito que está namorada do mesmo desde que se coñecen, aínda que non se atreve a confesar os seus sentimentos facilmente(A pesar de que Rito tamén está namorado dela).
O seu carácter é amábel e sincero, sempre comportándose dun xeito moi feminino e indefenso.
Ten un can chamado Maron que sempre a acompaña e ao que quere moito.
Kotegawa: é a presidenta do consello estudantil do Istituto onde Rito vai. A pesar de que por fóra parece moi estricta, sempre repredendo aos demáis polos seus comportamentos pervertidos(que na maioria dos casos son malentendidos) no fondo é moi tenra e unha amante dos gatos, ademáis de que está namorada de Rito.
Nana : irmá de Lala pouco desenrolada para a súa idade(un gag recurrente é comparar o tamaño dos seus peitos cos da súa irmá Momo, da mesma idade pero moito máis grandes) que é bastante dsecofiada de Rito ao comezo pero logo cóllele aprecio. Ten unha habilidade especial que lle permite falar cos animáis e ten un dispositivo que lle permite invocar xunto dela a calquera animal do universa que conocese.
Momo: é a outra irmá de Lala, moito máis desentolada que Nana e que xa de primeiras lle toma afecto a Rito, chegando a dicir que non lle importaría casar con el. A súa habilidade especial consiste en poder falar coas plantas , ademáis ten un dispositivo similar ao de Nana e pode invocar plantas.
Kyoko Kirisaki :personaxe nova desta segunda tempada que é metade alieníxena , o que lle permite lanzar lume a vontade. É amiga de Run-chan.
Hai moitos máis personaxes pero fundamentalmente son os mesmos da primeira tempada polo que se queres saber algo máis deles mira a review de To love ru(nas etiquetas da páxina principal deste blog), ou buscar en wikipedia.
ANIMACIÓN E BSO
É un harem, isto é , non hai esceas de acción a pesar de que ocorren moitos feitos tipo explosións, colpeo duns personaxes a outros,.... Cumpre, o deseño dos personaxes é exactamete igual aos da primeira tempada aínda que se cadra un pouco máis refinados. A censura é claramente visíbel cando para tapar os peitos, ou simplementse pantsu aparecen uns misteriosos raios coma de luz transparente, que desaparecen na verisón sen censura.
A súa BSO ten o seu punto, o op é bastante rítmico e as melodías que soan durante a serie son pasábeis.
CONCLUSIÓN
Ao meu entender é mellor que a primeira tempada ao cinguirse máis á historia do manga aínda que cecáis puideron darlle un final máis orixinal. Se buscas algo cun argumento profundo ou esceas de acción, aínda que se buscas un ecchi sinxelo , con altas doses de comedia para ver un cap de vez en cando esta é unha boa proposta.
Nota: 7
- Back to Home »
- Anime , ecchi , gender bender , motto to love ru , Nota entre 7 e 8 , shonen , To love ru »
- CriTiCa ANiMe: Motto to love ru