Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 23 de febreiro de 2011


Aquí falarei desta famosa obra de Rumiko Takahashi, probábelmente o seu primeiro superéxito que se publicou na shonen jump durante 9 anos(1978-1987) e que se compilou en 34 tankobons facendo un total de 314 capítulos. É un manga longo, que deu lugar a un anime de bastantes episodios(Máis de 150), así como OVAs, películas,... converténdose nun auténtico bombazo no momento e considerada un clásico imprescindíbel.
Así, de que vai?
Na Terra vive o rapaz con peor sorte do universo: Urusei Yatsura, nado un venres 13 durante un gran terremoto(o que en Xapón supón unha conxunción de causas de mala sorte). A súa mala sorte chega ao extremo cando o destino do planeta é posto na súas mans: deberá xogar ao pilla pilla  cunha alieníxena moi guapa chamada Lum . Se consegue atrapala no plazo que lle dan(varios días) a Terra sálvase pero se pola contra Lum gaña a Terra é destruída. Ataru , que é un mullereiro e pervertido, axiña se sente atraído por Lum e comeza a perseguila por puro placer, aparte do asunto ese de salvar o planeta, pero acaba desistindo da súa atracción dadas as continúas descargas eléctrica que Lum lle da.
Despois de moito correr, no último día Ataru consegue atrapar a Lum. Todo estaría ben de non ser porque Lum malinterpreta algo que di Ataru coma unha proposición de matrimonio, a cal acepta gustosamente e queda a vivir na mesma casa que Ataru.
Esa serie de sucesos que ocorren no primeiro capítulo do manga so o punto de partida da historia. O manga baséase en historias compostas de un ou máis capítulos(pequenos arcos) cheas de elementos sobrenaturais, alieníxenas , de ciencia-ficción, pero sobre todo, elementos dun carácter altamente fantástico cun variedade amplísima na que apenas se repiten ideas .Sen embargo, a historia faise demasiado repetitiva a medida que pasan os capítulos debido á lonxitude da mesma e pode chegar a aburrir chegado a un punto.
O manga é de xénero humorístico, o mesmo humor que se presenta en outras obras de Rumiko como pode ser Ranma 1/2. Situacións inverosímiles ,con centos de gags por capítulo son a base aínda que hai pequenas trazas de romance a algúns que outro momento serio(moi contados).
O debuxo , para o que é a época, é decente. Non é unha maravilla, mellora algo co paso dos capítulos pero tampouco cosnegue destacar en demasía: non é o obxectivo do manga.
Algo que me chamou bastante a atención foi a cantidade de cousas que pasaban nas 20 páxinas de cada capítulo debido á distribución das mesmas.Isto é, en cada páxina pode haver ata 7-8 comas, do estilo de obras coma  Mortadelo e Filemón, con komas pequenos un ao lado o outro e algún que outro grande para remarcar.
Recentemente , no 2008 para ser exáctos, fíxose unha OVA para conmemorar un aniversario cunha animación moito mellor que a súa antecesora e que pode ser unha boa maneira de descubrir esta historia.
Como conlusión, unha obra que hai que ler. Pode ser que resulte repetitiva co paso dos capítulos pero ten un humor hilarante que a pesar de ser unha obra de fai 30 anos segue facendo gracia, algo que ten moito mérito.
Eu recoméndoo.

Nota: 7.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //