Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 28 de febreiro de 2011


Sekirei Pure Engagement (Motacilla Compromiso Puro, de xeito literal) é a segunda tempada desta historia , sendo emitido este anime no ano 2010. Así, continúa a trama da primeira tempada e achégase á historia do manga, aínda que non a acada. Imos co argumento:
ARGUMENTO
Continuando a historia da primeira tempada, atopámonos a Minato e ás súas Sekirei absortos na segunda fase do "xogo". Aínda que nesta fase non se plantexa un obxectivo concreto ten restriccións coma que ningún Ashikabi ou Sekirei poden saír da cidade. Agora veñen os SPOILERS:
---SPOILERS ALERT----
Esta tempada comeza xusto no punto en que rematou a primeira, co arco de Homura. Recordemos que Homura é un Sekirei incompleto, polo que o seu aspecto será o que o seu Ashikabi desexe. Sendo esto así, cando o corpo de Homura(Kagari-san dagora en diante) reacciona a Minato vaise volvendo feminino ata rematar sendo completamente unha sekirei feminina(aínda que a gran maioría son mulleres, hai dous sekirei que son homes) estabilizándose os seus poderes cando Minaro lle da ás .Dado que Kagari era a última Sekirei sen ás cando as consegue tódalas Sekirei conseguen ás polo que os poderes de tódolos oppoñentes xa está definidos.
Tamén se nos mostra como obtén as ás Kazehana, tamén de Minato, polo que Minato ten, despois de tódolos eventos da tempada, un total de 6 Sekirei, facendoo un dos Ashikabi máis poderosos.
Aínda que só dura un cap, hai un arco particularmente interesante no que se nos mostra como comezouo proxecto Sekirei. Isto é, o descubrimento dunha nave espacial con 108 formas de vida latentes , en cápsulas, e a protección desa isla das invasións.
A partir dese punto si comeza a haber diferenzas notábeis respeito do manga, máis que nada na orde na que suceden os eventos , non no conteñido en sí. Así, unha das diferenzas máis salientábeis é a morte(as Sekirei non morren, son postas en estado de hibernación pero considéranse mortas nese estafo) de Uzume , a cloacked sekirei protexendo a Musubi-chan mentres están na segunda fase. Este feito prodúcese moito despois no manga, xa que se produce xa ben entrada a terceira fase e ademáis Uzume morre protexendo a Minato, non a Musubi.

Logo disto, Minato e compañía asaltan a torre do MBI para recuperar os datos que lle permitan sobrevivir á ex-ashikabi de Uzume, Chiho, polo que despois dunha longa quest conseguen á final saír todos sans e salvos e recuperar os datos.
Móstrase durante esta batalla que ningunha Sekirei está aínda ao nivel de Karasuba aínda que conseguen que se retire.
Particularmente creo que a tempada estivo ben levada, sen demasiados recheos e bastante directo, pero se liches esto no manga notarás que faltan eventos e hai cousas que lle quitan moito dramatismo ao situalas noutros momentos, polo que cecáis se queres continuar o manga desde onde o deixou o anime eu recomendaría ler varios caps máis atrás.
--FIN SPOILERS----

PERSONAXES
Minato: rapaz de 19 anos que suspendeu o exame de acceso á universidade por segunda vez consecutiva. A pesar disto , é extremadamente intelixente e clava tódalas prácticas que fai, o que pasa é que non soporta á presión. Evoluciona nesta tempada estando moito máis centrado, serio e cun obxectivo moito máis definido polo que non lle importa loitar para conseguilo.
O seu carácter é moi pacífico, evitando sempre as pelexas na maior medida do posíbel aínda que se ten que pelexas para defender algo non o dubida.
Dado que este anime ten un carácter bastante ecchi , Minato con frecuencia cae no cliché de situacións ecchi constantemente a pesar de que fai todo o posíbel por evitalo.
Ten seis sekirei, varias delas dun só díxito polo que é considerado o Ashikabi máis poderoso da zona norte de Tokio, áinda que a Sekirei máis poderosa desa zona é a número 1, a dona da Izumo inn .
Musubi : é unha das Sekirei de Minato, sendo o seu número o 88. É unha rapaz moi xovial e sempre anda a  xogar e a facer bromas, en parte motivado porque non parece demasiado intelixente.

                                                        Minato con Matsu

As súa habilidades son principalmente a capacidade de pelexa corpo a corpo grazas á súa superforza, áinda que como se veu na tempada un pode ser poseída por unha ex-sekirei incrementando moito o seu poder.
Kusano: outra Sekirei de Minato. É unha nena pequena que sempre quere estar cerca de Minato e trátao coma o seu Onii-chan. A pesar de non ser moi poderosas, as súas habilidades coas plantas fóronlle útiles ao grupo nalgunha ocasión.
Matsu: ex-membro do escuadrón disciplinario e actualmente Sekirei de Minato. Nunca sae da Izumo inn porque o MBI estáa buscando aínda que hai unha necesidade indispensábel sae . As súas habilidades son principalmente o seu intelecto, sendo probábelmente a Sekirei máis intelixente, e a súa capacidade cos ordenadores sendo capaz de saltar calquera tipo de barreira posta polo MBI para acceder a uns datos.
Tsukiumi: é a cuarta Sekirei de Minato. O seu personaxes está claramente definido polo arquetipo tsundere, sendo fría nalgunhas ocasións e noutras facéndosa agarimosa. A súa habilidade é elemental, isto é, pode manipular a auga a vontade.
Kazehana: quinta Sekirei de Minato e ex-membro do escuadrón disciplinario.É moi festeira e sempre anda bébeda dada  a súa afición a darlle ao sake aínda que sabe poñerse seria cando a situación o require. A súa habilidade consiste en controlar o vento, podendo crear tornados e moverse grazas ao mesmo.
Kagari/Homura: sexta (e última polo momento) Sekirei de Minato. Ao comezo mostra unha total indiferenza cara Minaro pero despois de obter ás trátao dun xeito amabél. As súas habilidades consisten no control do lume, polo que é moi poderosa.

                                Tódalas Sekirei actuais de Minato, co seu número.


Uzume: inquilina da Izumo inn. É unha Sekirei cunha Ashikabi que está gravemente enferma, polo que ten que facer misións moi perigosas destruíndo  a outras sekirei  en contra da súa vontade para poder ter á súa ashikabi no hospital.
A súa personalidade é alegre e risoña, áinda que sabe poñerse moi seria para protexer á súa Ashikabi.
Miya: dona da Izumo inn e probábelmente a Sekirei máis poderosa de todo o proxecto. Antes estaba casada cun investigador do proxecto que actualmente está morto polo que deixou o proxecto e dedícase completamente á inn.
Karasuba: actualmente membro do escuadrón disciplinario e despois de Miya probábelmente a Sekirei máis poderosa. É moi sádica e cruel, sempre buscando facer sufrir aos seus opoñentes áinda que trata con respeito a Musubi dado que ten a Yume no seu interior. Pelexa sempre cunha katana con habilidades puramente físicas, non se lle veu usar ningún tipo de maxia.
Haihane: outra membro do escuadrón discplinario. É bastante esquecediza e fala con moita pausa. A súa habilidade consiste en pelexar usando unhas garras que se pon nas mans.
Benitsubasa: terceira e última membro do escuadrón disciplinario . A súa personalidade é fría e autoritaria agás cara o seu namorado. É bastante poderosa, xa que ten superforza e pode facer tremores.

                   As tres membros do escuadrón disciplinario e Minato no medio

Hai moitos máis personaxes, pero estes son os máis relevantes e entre os que se desenrolan a gran maioría das batallas.
Hai algún personaxe bastante carismático aínda que a maioría deles teñen un personalidade que se repite nos anime; hai moitas esceas que queres ser sensibleiras pero ao meu entender non o conseguen e seríalle mellor non abandoar o ton  cómico que caracteriza ao anime.


                                                           Minaka, xefe do MBI




ANIMACIÓN E BSO
Sekirei Pure Engagement pretende ser unha comedia de corte ecchi con elementos de acción que a faga apetecíbel para o público masculino. E iso faino ben, xa que a súa animación é boa, cumpre co seu cometido brindando unhas pelexas interesantes pero curtas e cun deseño de personaxes femininos no que ningunha muller que sae no anime é fea.
A súa BSO non é un maravilla, pero bueno, ten o seu pase , polo menos o op gustoume bastante.

                                                   Musubi pelexando con Karasuba




CONCLUSIÓN
Se buscas un anime de comedia con cortes de ecchi, pero tamén queres ter elementos de acción e maxia esta é unha boa opción. Ademáis, a historia a ,pesar de que non é o seu centro, é bastante interesante e podería dar moito máis de sí.

                          Kazehana a punto de bicar a Minato, que está durmindo


Máis información en :
-http://sekirei.wikia.com/wiki/Main_Page
-http://en.wikipedia.org/wiki/Sekirei
-http://es.wikipedia.org/wiki/Sekirei

Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //