Newest Post

// Posted by :OGSN // On :mércores, 2 de marzo de 2011


Ben, hoxe recomendo un manga curto pero intenso. Dura quince capítulos repartidos ao logo de dos volumes, tendo cada capítulo unhas 20-25 páxinas. Así, de que vai?
O argumento de Swweeet é bastante difícil de entender nun primeiro vistazo, movéndose entre un manga de xénero psicolóxico e algo máis de tipo school life.
Conta a historia dun rapaz que tiña un irmán xemelgo, pero este desapareceu fai xa 10 anos. Agora, despois de todo ese tempo reaparece dentro dos espellos, podendo falar co noso protagonista. Só el o pode ver  ,algo que recorda a películas coma " o maquinista".
Así, o manga transcorre nun clima de misterio, drama e elementos que axudan a crear unha atmósfera que faga que o lector queira descubrir tódolos secretos da desaparición do xemelgo con algún elemento típico da school life. Sen embargo, a school life que aquí se presenta non é precisamente feliz, tratándo temas coma o do abuso escolar, a violación , facer cousas malas porque o grupo cho pide , o amor tráxico ,etc.
En resumo , aínda que a historia sexa algo complicada, unha vez que colle ritmo está ben, sendo un manga bastante interesante sobre os fantasmas do pasado. Eu recoméndoo.

Nota: 8.4

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //