Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 6 de marzo de 2011


Ben , aquí recomendo esta serie de manga, anime e novelas lixeiras. Só vin o anime pero creo que coas opinións que lin en internet e co se mostra nos mesmo foi suficiente.Debo dicir que a trama é bastante atractiva porque se sae do normal: isto é, conta a historia dun rapaz chamado Tatsuhiro Sato, un hikkikomori de 2X anos que vive só nun apartamento en Tokio.Os hikkikomori son persoas que viven pechadas nunha habitación sen ter contacto co exterior, só o teñen por necesidade como cando se teñen que desprazar para comprar comida. Normalmente son N.E.E.Ts(Not it employment,education or trainig) pero hai algúns que traballan.Non é o caso de Sato, que é desempregado e recibe unha paga dos seus pais.
Leva unha vida máis ou menos tranquila, facendo o que el quere cando el quere pero todo iso cambia cando un día timbran á porta do seu apartamento.Despois de superar o seu medo inicial, consegue abrir a porta e comportarse como se non fose un hikkikomori ante unha vendedora e a súa sobriña, pero non o consegue.
Así, a sobriña da vendedora, chamada Misaki, cita a Sato nun parque cerca da súa casa pola noite. Alí, os dous firman un contrato polo cal Sato se compromente a ir a reunións periódicas a ese parque onde Misaki lle lerá textos que o axudarán a deixar de ser un hikkikomori.
En realidade as reunións son só un pretexto para que se desenrole a historia, xa que non en tódolos capítulos hai unha reunión e apenas duran uns poucos minutos. O verdadeiro atractivo da historia é que intenta ser ultrarealista,mostrando tódolos posíbeis problemas que se poden presentar na vida dunha persoa.Trata temas coma o sucidio colectivo, a venta piramidal,... e outros que buscan captar a atención do espectador.
Como consecuencia do anterior , non é demasiado movido, pasan cousas , sí, e algúns capítulos son bastante entretidos pero a maioría de ocasións baséase en randomadas que fan que con ver só algúns capítulos xa chegue para dar unha opinión.
Tatsuhiro non está só, interactúan con el dous personaxes(entre outros, pero estes son os máis importantes) ao longo da historia que son bastante interesantes. O primeiro deles é un antigo compañeiro de istituto de Sato, un rapaz que marchou da súa casa do campo e agora vive dun xeito otaku asistindo a unha escola de creación de videoxogos e unha ex-sempai de Sato, que pensa que o mundo está controlado por unha organización chamada N.H.K. Sato comparte isto e en consecuencia está bastante "trallado", a min recordoume moitísimo ao protagonista da película "O maquinista".
Tanto no anime como no manga, o nivel artístico cumpre, non fai falta demasiado porque non hai grandes pelexas, pero o deseño de personaxes está coidado e os escenarios son cribles.
No manga parece ser que Misaki é moito máis fría e calculadora que no anime: no anime é un rapaza moi dulce que trata de axudar a Tatsuhiro porque é a primeira persoa que coñece que "é aínda peor ca ela" .
A BSO do anime é bastante boa, pero abusa da mesma canción , escoitándoa en TÓDOLOS capítulos, co cal chega a  aburrir.
Como conclusión, dicir que é unha historia que é interesante por momentos, en xeral calificaría como notábel por saírse do habitual. Sen embargo, cecáis perda ritmo en ocasións , polo que ver/ler tódolos episodios/capítulos pode chegar a facerse tedioso.

Nota: 7

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //