Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 5 de setembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Boas !Hoxe falaremos da terceira entrega da saga do Lightbringer, traducida coma o "Portador da luz" en España. Teoricamente este ía ser o último libro da saga pero á fin o autor decidiu dividir o último libro en dous . Vou facer un resumo moderadamente amplio dos sucesos máis importantes que suceden na historia e despois farei unha breve reflexión sobre o que me pareceu o libro en si, de xeito máis subxectivo.Obviamente destriparei todo o libro, así que se non queres spoilers non o leas.
Imos co resumo!

A historia comeza xusto onde rematou a entrega anterior, a Daga da cegueira(The blinding knife) e atopámonos con Gavin como esclavo no barco do seu vello amigo o capitán Gunner. Seguen sen poder trazar e durante gran parte da historia , para subsanar ese feito, o autor fai que Gavin teña soños sobre o seu pasado, tanto de antes como de despois de facerse prisma, que fan que averigüemos máis cousas sobre o personaxe, aínda que gran parte desas cousas son bastante irrelevantes e incluso tediosas(Especialmente un capítulo no que Gavin di o nome e unha breve descripción de unha parte das persoas ás que "liberou" no seu primeiro día como prisma(Por liberar quere dicir matar ao romper o halo, por se non o recordábades)).
Debido a que hai unha pelexa entre o barco de Gavin e outro de piratas, este consegue escapar ao botarse ao río pero ao ser atacado por un delfín rosa que lle rompe unhas costelas(Feito altamente xocoso XD) remata como preso da familia Malargos e da Nuqaba, onde pasa cautivo moito tempo.

Por outra banda, temos a perspectiva de Kip, que consegue escapar da pequena barca que el e Zymun comparten para rematar na costa, onde sobrevive a duras penas, con samesugas pegadas ao seu corpo e sen case comida nin bebida..Cando a cousa pinta bastante mal para el é atopado por un viúva que o coida ata que se recupera o suficiente como para poder regresar á Cromería.Alí, atópase outra vez con Karris, Teia e moitos dos personaxes dos libros anteriores.
En canto a Teia, cobra moito máis protagonismo dado que se infiltra na orde do ollo roto(Dahí o título do libro) de trazadores de paryl para descubrir os seus segredos, algo que introduce a un novo personaxe, Murder Sharp, un trazar de paryl tan hábil que é capaz de pinzar a espiña dorsal dunha persoa e incapibilizala de todo movemento.
Karris, por outra banda, atópase con que a Blanca lle prohíbe trazar e convírtese na persoa encargada de manexar unha rede de espías. Aquí hai unha revelación relativo que é que Marissia, a esclava de cámara de Gavin, traballa para a blanca e Karris relévaa, polo que as dúas teñen unha conversa para poñer paz finalmente.
Gavin é rescatado por Karris e o comandante Puño de ferro, quen resulta ser o irmán da Nuqaba, así coma de outro integrante da guardia negra chamado Puño tembloroso, que morre dun xeito algo insustancial, aínda que sí emotivo, dado que a súa morte non ten unha relevancia crítica para historia. Gavin está vivo á fin da historia pero sen un ollo e coa certeza de que é un trazador de luxina negra. Ademáis, esperta preso na antiga prisión onte tiña retido ao seu irmán, coa certeza de que Andross Guile o puxo alí(Molaría que o Gavin orixinal estivese vivo pero non creo que sexa así).
Hai un par de sucesos, relativos a Karris e a Puño de ferro que son importantes. Primeiro, Karris convírtese na sucesora da branca (Isto é, na nova Branca ao morrer Orea Pwllawr ou como se escriba XD )nunha xogada altamente anticipada pola miña parte(Era ou ela ou Marissia e a posición desta última dificultaba as cousas) e nunha revelación moito máis interesante Puño de ferro pertence á orde do ollo roto, así como Greenwoody, o esclavo de Andross Guile e tío por sangue de Puño de ferro. Os dous teñen unha conversa e Puño de ferro estrégalle o cristal da cor negra, elemento indespensábel para a elección dun prisma, ao parecer.
Zymun remata como prisma electo(Que non de verdade, despois explico como se fan os prismas) e Andross Guile, agora moito máis poderoso dado que non se convertiu nun enxendro de cor en "promachos" ou xefe altísimo e o que manda en todo XD.

Ademáis de todo o anterior, Kip, a través das cartas de Janus Borig e dun breve viaxe ao inframundo descubre datos interesantes:
-Atópase co Portador da luz no inframundo, que resulta ser o rei dun dos nove reinos antes da chegada de Lucidonius e mátao, o cal pode querer dicir que Kip é o novo portador.

-Descóbrese que a daga da cegueira non é só un obxecto que quita a habilidade de trazar senón que tamén a da , polo que se usa para facer novos prismas ao transferir o poder duns a outros.Non obstante, aínda non se da unha resposta clara a como é posíbel que existisen dous prismas ao mesmo tempo na época de Gavin e Dazen.
-Kip e Teia recoñecen que se gustan un ao outro aínda que Kip casa con Tisia Malargos(Si, a irmá dunha das persoas que torturou a Gavin e  fixo que o cegaran dun ollo) para poder sobrevivir.
-Os membros da orde do ollo roto teñen unhs capas especiais feitas do poder dos prismas coa daga da cegueira, que lles permiten reflexar a luz e volverse invisíbeis. Teia recibe de mans de Kip unha capa similar pero con máis poder, que fai que poida volverse de calquera cor.
-Toda a movida de cargarse ao demo de cor verde e sacrificar a centos de persoas foi inútil porque non arrancaron ou romperon o cristal de verde presente na illa, polo que o demo aparecerá de novo.
-Hai unha maxia chamada vontade(Will) que interactúa coa luxina pero que tamén pode ser usada en certas armas, coma unha que varía a súa rixidez en función da vontade.
Tamén saen personaxes dos libros anteriores brevemente e de forma moito máis interesante como Samila Ayeh, quen rompeu o halo pero parece ser que está en contra do príncipe das cores, Liv Danavis, quen remata por atopar o cristal de supervioleta ou o xeneral Danavis (Pai de Liv), que resulta non estar morto.


Agora imos cunha breve opinión persoal:

O libro , ao eliminar o valor de Gavin como personaxe de acción e mover a acción da guerra á Cromería opta por ter un ritmo máis lento, pero sen embargo con máis "chicha" ao responder varias das preguntas que estaban presentes dende o principio da saga e cuxa resposta se retrasara ata este libro, a máis cantosa, para que demo valía exactamente a daga da cegueira(Por iso do título do libro anterior , e tal XD).
Os flashbacks e os capítulos dende o punto de vista de outros personaxes están moito mellor levados, son moito máis interesante ao non recorrer a tanta alegoría en detrimento de datos máis importante cara a historia aínda que hai algúns que son altamente prescindíbeis e que realmente están de recheo.

En conclusión, este libro é o meu favorito da saga pola evolución de personaxes que presenta, as respostas que da a preguntas típicas da saga e por como deixa as cousas preparadas para o gran final.

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //