Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 1 de setembro de 2014

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos dun manga chamado Dolls Code que comezou a publicarse en 2012 e finalizou este ano. Así, estamos a falar dunha historia de corte shonen, con toques de intriga e misterio . Imos co argumento!


Dolls Code conta a historia dun grupo de adolescentes que se atopan nun lugar extraño no comezo do manga. Notan que a cada un deles lles falta unha cousa: a un fáltalle a cabeza, a outro o corazón (substituído por unha cousa mecánica) e demáis partes do corpo. Incluso un deles, a pesar de que non lle falta nada físico , di que lle faltan tódolos seus recordos.
De socato, unha voz infórmaos de que se atopan nun istituto de secundaria e que o seu obxectivo é graduarse. Así, todos eles realizaron algún crime macabro, polo que a voz promételles que se se gradúan limpará o seu historial criminal e poderán seguir coas súas vidas . Ademáis, para que resulte máis entretido, dilles que entre eles atópase unha "marioneta", un rapaz que non é humano, senón unha mestura das diferentes partes que lles faltan a cada un.
Conseguiran os rapaces graduarse? Averiguarán quen é a marioneta antes de que sexa demasiado tarde? Estas e outras preguntas respóndese no manga.


O manga é bastante curto e iso favorece bastante que non exista recheo e tódolos capítulos conten algo relevante da historia, ben sexa flashbacks sobre os crimes do personaxes ou capítulos onde averiguan cousas sobre as persoas que reteñen aos protagonistas no istituto.
Os capítulos , basicamente, consisten en diferentes tipos de "exames" nos que os alumnos teñen que levar a cabo diferentes tarefas, sempre co aliciente de que un deles non poderá levar a cabo a tarefa(Exemplo, son 5 e teñen que buscar 4 chaves), o que implica que se non se reúne un número mínimo de puntos non é posíbel graduarse .

O debuxo está bastante ben, non é realista , senón que intenta mostrar unha estética lixeiramente fantasiosa en lugar de debuxar a personaxes co buratos no peito enormes por non ter corazón .


En conclusión, un manga bastante interesante, curto e conciso. Recomendábel.


Nota: 8.0

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //