Newest Post

// Posted by :OGSN // On :luns, 7 de marzo de 2011

Caracteristicas-1.jpg
Freedom Project é un proxecto promocional da empresa Nissin Cup Noddles por motivo do seu aniversario. A pesar de que polo anterior cecáis se pense que non se esmeraron moito, non é para nada así. Dous datos ao respeito: o seu deseñador de personaxes  é o mesmo que dirixiu "Akira", e o seu director é Shuhei Morita.
Ademáis tamén esta o tema de que as similitudes con Star Wars son evidentes , habendo mechas, naves espaciais, robots e demáis enxeños mecánicos.Así, de que vai?

No ano 2267, na superficie da lúa atópase a cidade de Edén, cuns 3 millóns de habitantes. Como consecuencia dun cataclismo ocorrido centos de anos antes xa non é posíbel a vida na Terra polo que os humanos que quedan viven as súas vidas en Eden, onde hai centro comerciais, tendas e todo tipo de establecementos para a diversión dos seus habitantes. 
Un rapaz chamado Takeru, quen participa en carreiras calexeiras, atopa un día unha cápsula cunha mensaxe escrita mentres está traballando. Nesa mensaxe dise que a Terra está ben, polo que comeza unha aventura para descubrir a verdade que o levará a recorrer miles de kilómetros e coñecer a todo tipo de xente, así como ariscar a vida para mostrar a verdade a todos.



Tranquil@s, lendo o de arriba non hai ningún spoiler, só unha lixeira idea de de que vai. Así, pódese deducir que é algo dun estilo de ciencia ficción. O deseño de personaxes e robots está moi coidado, fixándose en cada detalle,aínda que teño que dicir que a mestura de animación 2d con 3d non me acabou de convencer.
Ten algún que outro plot hole, como que por exemplo pasen catro anos e os personaxes luzan igual con 15 anos que con 19 , e tamén abusa bastante(normal, xa que  a película é para facer publicidade) dos personaxes comendo esa marca de fideos de maneira descarda.
A pesar do anterior, o seu ritmo arroiador ( son 6 caps de uns 23 min e un último cap de duración doble) e a súa incrible historia son razóns máis que suficientes para vela.

Nota: 8.9

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //