Newest Post

// Posted by :OGSN // On :sábado, 26 de outubro de 2013

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos de Countrouble, un manga de comedia romance de 37 capítulos de Nao Akinari.
Foi pubricado na revista Bessatsu Shounen Magazine da editorial Kodansha ;o seu primeiro capítulo saiu en 2009. Imos co argumento!

A historia vai sobre certo anxo(unha rapaza loli, pra precisar) ven á Terra e decide axudar a un rapaz de istituto deseperado porque a rapaza que lle gusta non lle fai caso e non consegue cambiar a situación. Así, este anxo, que ten poderes relacionados cos números(Concretamente co número 10, o título do manga fai referencia ao feito de que ao contar haxa problemas XD ) , decide axudalo. Isto desemboca en que no primeiro arco argumental o protagonista ten unha especie de contador que, cada vez que o corazón do rapaz late debido ao "amor" que sinte pola rapaza que lle guste réstaselle unha unidade. Cando o contador chega a 0(comeza en 10) o rapaz confesa tódolos seus sentimentos.
O plan non sae alá moi ben e o anxo decide quedarse pra axudar ao rapaz en futuras ocasións con diversas aparellos como parar o tempo, saber o que pensas os demáis ou outros, todo relacionado co número 10.

É un manga bastante interesante porque non é o típico shonen estúpido e a comedia está bastante ben levada. O de que todo xire arredor do número 10 é unha volta máis ao argumento típico de un invento por capítulo que hai noutros mangas do estilo(To-love-ru) pero o certo é que non queda mal e non se perde o interés co paso dos capítulos.
Respeito do debuxo é correcto, como é típico neste tipo de mangas os homes son moito menos detallados que as mulleres, quen aparecen retratadas en planos ecchi en multitude de ocasións, aínda que non tan frecuentemente coma se podería esperar polo tipo de manga.
Se falamos do final, realmente é algo "aleatorio",non pecha as tramas e simplemente fai un pouco que lle parece, pásase perfectamente sen ler ese capítulo.

Non é o típico shonen, de romance, case notábel.

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //