Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 8 de novembro de 2013

#manga #anime #bimbougami-ga


#ogsn
Paren máquinas!O manga do que hoxe falaremos merece toda a vosa atención. Non é chuminadas desas de notas entre 5 e 7, non!Aquí temos algo que a petou moito(Ten un anime pero non o vin), un manga bimensual de comedia que foi do mellorciño que levo lido ultimamente. Así, este manga merece que o comente un pouco máis pormenorizadamente que os post sobre mangas que fago normalmente polo que , aparte do argumento e opinión persoal, comentarei os personaxes e farei unha especie de ficha con número de capítulos, editorial.....Agora falarei do argumento:

Bimbougami-ga conta a historia dunha rapaza chamada Ichiko Sakura que ten unha cantidade de enerxía positiva moi superior a calquera outra persoa no mundo, algo que fai que teña moita sorte. Tanta sorte que é imposíbel que lle pasen cousas malas nunca, todo lle sae ben....Isto provoca que o resto do mundo teña moi pouca enerxía fortuna(Enerxía fortuna, enerxía positiva....chámalle como queiras XD) e que lle pasen cousas moi malas como contraposición, especialmente á xente que vive cerca dela.Pra tentar solucionar este problema o reino dos deuses manda a Momiji, unha deusa da mala fortuna , á Terra pra tentar restablecer o correcto balance de enerxía: O que se supón que ten que facer é quitarlle enerxía a Ichiko e repartila entre o resto. Isto parece moi sinxelo pero o certo é que resulta que Ichiko non está pola labor e despois dunha pequena pelexa no primeiro capítulo Momiji decide quedarse a vivir con ela pra pillala desprevida.

Os capítulos desenvólvense sen demasiada conexión entre sí, cada un é unha historia diferente, ainda que sí é certo que hai "miniarcos" ao longo da historia e sobre todo no arco final hai bastante capítulos que seguen a mesma trama.
A trama basicamente vai de que Momiji tenta roubarlle a enerxía a Ichiko cos aparatos máis absurdos que un se poida imaxinar. Nunca o consegue e case sempre remata escaldada, pero ela segue intentándoo.
Un elemento moi gracioso na trama é o das homenaxes. Que quero dicir con isto? Pois resulta que ao longo dos capítulos  personaxes aparecen caracterizad@s coma no manga de Hokuto no ken(Puño da estrela do norte), algo que da como resultado féminas tochísimas que son realmente hilarantes.Xunta iso con parodias de One piece , Naruto, DragonBall, Death Note, Rosario+Vampire......WIN!Aquí algunhas imaxes pra ilustrar o que quero dicir:



















Por se che interesa saber se realmente acaba ben ou mal....acaba ben, non hai problema por iso. Non hai unha batalla seria rollo shonen de pelexas pero se cadra esa é a razón pola que o manga é gracioso, sabe rirse de tódolos típicos clichés shonen e consegue un resultado máis que satisfactorio.

Agora falarei dos personaxes principais. SPOILERS AHEAD!
Sakura Ichiko: a protagonista do manga. É unha rapaza de istituto moi guapa, cunha boa figura(O de que os seus peitos son anormalmente é mencionado frecuentemente por personaxes petanko) que provén dunha familia acomodada. Así, ten un maiordomo que a coida pero este marcha ao pouco de comezar a historia pra que Ichiko madure e se faga mellor persoa.
A súa persoalidade é egoista, por culpa de ter unha vida tan "sinxela" non valora as relacións interpersoais e pensa que as persoas arredor dela non son máis que ferramentas que está pra servila. Dita visión cambia a medida que se desenvolve o manga, sobre todo porque coñece a máis xente e descobre que parte da súa persoalidade era un mecanismo de defensa e que ao ter amigos non necesita telo.
Momiji: é a deusa da mala fortuna que ven á Terra pra restaurar o balance de enerxía . Así, sempre intenta roubarlle a enerxía a Ichiko con tácticas nas que , basicamente, engánaa XD. Nunca resultan e Momiji frústrase moito . Isto cambia a medida que pasan os capítulos, cando desenrola un verdadeiro "aprecio" por Ichiko e a súa persoalidade deixa de ser tan frívola e "troleadora".
Keita Tsuwabaki: é o interese amoroso de Sakura Ichiko e de varias das féminas que aparecen na serie.
É moi pobre e vive con varios irmáns e irmás nunha pequena e humilde casa. Isto fai que Ichiko queira axudarlles dalgún xeito pero como se ve en certo capítulo, unha casa mellor e unha vida resolta romperían os lazos familiares.
O rasgo máis característico da súa persoalidade é que non se da conta de nada nunca. Tarda moitos capítulos en darse conta de que o de persoas xigantes , homes lobo, raios de enerxía, etc. moi normal non é XD.
Ranmaru Rindo: é unha rapaza altamente marimacho que viviu toda a vida baixo a tutela do seu pai en artes marciais, algo que fai que sexa moi forte. Debido a este feito ten apariencia de "yankee" e apenas ten amigos debido a unha persoalidade típica deste tipo de persoas.Sen embargo, despois de facerse amiga de Ichiko, consegue facerse algo máis feminina(Aínda que non de todo, inténtao e non acaba de funcionar) e sobre todo máis amábel, incluso chega a admitir os seus sentimentos por Tsubaki.
Nadeshiko Adenokouji: é unha rapaza dunha familia acomodada, pero moito máis que a familia de Ichiko dado que Nadeshiko vive nunha gran mansión e conta con maiordomos ninja(Sí, como te quedas? XD) que a protexen día e noite.
É moi altiva e considera a todo o mundo coma os seus servintes, pero ao igual que Ichiko, dobla co paso dos capítulos e faise mellor persoa ao ter máis amigos.
Ten grandes habilidades ninja e pode realizar técnicas coma o "cambiazo" ou voar atada a unha cometa, algo que fai que poida espiar ao seu ídolo Tsubaki.
Bobby: este personaxe é un monxe budista con gran poder espiritual. O problema é que ten máis poder cando máis "cachondo" está, o que provoca que teña que facer actos "pervertidos" pra conseguir poder.
De feito, hai certo capítulo no que despois de aterrizar sobre os peitos dunha muller xigante transfórmase nunha especie de super guerreiro XD
Momo'o Inugami: este personaxe é un can-humano(é un deus) que ten unha gran afición, po dicilo así, ao sadomasoquismo. Fai parella cómica con Bobby e fai bastante graza cando se transforma nunha especie de megacan xigante asasino debido ao pracer provocado por que lle peguen unha patada nos testículos. Hai xente pra todo XDD









E agora, imos coa ficha!
NomeBinbō-gami ga!  (貧乏神が!?, lit. "This God of Poverty!")
Mangaka: Yoshiaki SukenoAno de saída: 2008Ano de remate: 2013Revista de publicación: Jump SquareAnime: SiXéneros: Comedia, Romance, Parodias



En resumo, o manga gustoume, gustoume moito. Comedia atípica con centos de gags que te farán rir a gargalladas , un soplo de aire fresco. Sobresaínte.


Nota: 9.2

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //