Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 31 de decembro de 2009


Ben, vin 8 dos 12 capítulos de Lamune( non xuzguei necesario ver máis) e crin que era hora de facer unha reseña sobre este anime.Ben, para comezar, teño que dicir que se empezo a ver un anime remato, aínda que me salte algúns capítulos. O certo é que este anime se podería resumir nuns dous ou tres capítulos, os dous do final e o primeiro. O resto é recheo, sinceramente non aporta nada a unha historia que sinceramente non evoluciona, levoume uns 5 capítulos chegar á conclusión de que non había un fin, que facían capítulos por facer ata os dous finais.
Este anime alónxase da temática shonen e ecchi que soi visionar, por iso crin que era hora de ver outros xéneros.O anime ten uha temática de romance - drama, e aseméllase máis a un dorama que a un anime. Así, paso a describir un pouco de que vai:
A historia céntrase na vida nunha aldea-vila costeira, onde viven Kenji e Nanami, ademáis dos demáis personaxes secundarios, caso dos familiares de Kenji(pai, prima, e irmá menor), amigos da escola e a nai de Nanami. A historia desenvólvese mostrando os quefaceres diarios de Nanami e Kenji, quen se coñecen cando son nenos e pasan todo o tempo xuntos . Así, parece que son mozos pero ningún dos dous os da recoñecido. Certo é que cecáis hai algún momento cómico, pero non son os pilares da serie. Os momentos cómicos non deberían ser os pilares dunha serie, anque aquí igual necesitaba algúns máis. A estrutura dos capítulos é a seguinte: uns 3-5 min nos cales se mostra unha conversa entre Kenji e Nanami cando eran cativos, que teñen certa relevancia , coma cando se explca a orixe dos favores. A serie transcorre así sen demasiada acción ata o capítulo 11, onde de repente, pasa algo que te deixa descolocado ao ter visto o resto da serie. ATENCIÓN SPOILERS: No capítulo 11 a Nanami dóelle moito a barriga, e oomo hai un tifón , Jenji móntaa nun carro e tira do carro ata o hospital. Nese mesmo capítulo, Kenji ten un accidente de moto ao estoupar un encoro e queda en coma. O capítulo 12, mostra como Nanami queda ao borde da loucura , falando con el e facendo plans coma se estivera ben. Os outros intentan convencela de que o deixe ero ela non o fai. Así, despois de aproximadamente un ano, Kenji á fin desperta, e o anime remata con eles dous sentados na praia. FIN SPOILERS.
A banda sonora é boa, cadra co que o anime é, é dicir, non necesita melodías épicas, necesita baladas,ademáis a flauta é u ndos meus instrumentos favoritos e está usada maxistralmente.
Logo a animación cumpre, os personaxes están en recreados no aspecto físico, aínda que se nos imos ao aspecto emocional os protagonistas están moi ben recreados,moito mellor que o resto en comparación.
Así, este anime debo recoñecer que os dous últimos capítulos estiveron ben, pero tamén debo recoñecer que o esto deles sobraban. Non é un anime que eu recomendaría especialmente quitando os citados capítulos, ainda que está ben para probar un xénero diferente.É o típico anime que se che gusta unha telenovela vaiche encantar pero se non, só che gustará o final.


NOTA: 5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //