Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 11 de febreiro de 2011


WIN!O mellor anime de 2010!
Con estas dúa claras frases comeza esta crítica de Shiki, para min o mellor anime de 2010. É unha historia basada en novelas lixeiras e cun manga homónimo, dos que non podo falar porque non vin.
Sen embargo, sí vin o anime, e qué anime!Un anime que ten mantén pegado á pantalla dende o primeiro ata o último capítulo, áinda que cecáis se lle poida reprochar que cecáis o inicio é demasiado lento. Non obstante, esa lentitude axuda a crear unha atmósfera que aviva a necesidade de respostas e cando descubres algo sintes un FUCK YEAH! tremendo xD.Así, de que vai?
ARGUMENTO
É unha historia de vampiros....pero tranquil@s!Non é shojo e non ten ningún aire a Crepúsculo ou derivados.
A historia é maiormente do xénero misterio-intriga, sen ter un elemento de terror explícito durante a maior parte da mesma; non obstante hai esceas nas que hai grandes cantidades de sangue.
Este anime conta a historia dunha aldea xaponesa no verán. A aldea atópase no campo , rodeada de montañas e bastante soa poloa que é un lugar onde apenas hai comunicación co exterior en moitos momentos.
A partir de certo día dese verán comezan a morrer persoas dun xeito alarmante, chegando o número de falecidos a máximos históricos. Todos morren con mesmos síntomas: anemia, debilidade, fallo respiratorio e finalmente morte. Os sintomas son normais pero sen embargo non dan atopado unha causa clara de que é o que realmente fai que a xente morra.
Despois de varios capítulos , descóbrese que o que pasa é que a xente morre porque é mordido por vampiros. Para ser exacto no anime chámanlles shiki, dahí o nome do mesmo. Os vampiros chupan a sangue da xente para poder sobrevivir e dese xeito o número d emortes aumenta a un ritmo incrible.
Cando os primeiros habitantes da aldea descobren o dos vampiros, empeza unha guerra contra o tempo e os vampiros para evitar que tódolos habitantes da aldea acaben mortos.
Este anime, como dixen antes, usa un terror máis psicolóxico que explícito, e ten moitos elementos que cecáis o encadren dentro do xénero de traxedia.

PERSONAXES
Natsuno: protagonista da historia durante máis ou menos a metade da mesma, adoptando na segunda metade un rol moito menos importante.Rapaz de cidade que ven a vivir á aldea onde están os vampiros pouco tempo antes de comezar a historia principal.
O seu carácter é moi chulesco, indiferente e pasota; aínda que cando se da conta da existencia dos vampiros intenta alertar á xente e móstrase moito máis cívico.
Ozaki: doutor da aldea e protagonista do anime durante a segunda metade do mesmo. O seu carácter é moi sereo e serio, intentando por tódolos xeitos científicos posíbeis atopar unha explicación para todas as mortes. Sen embargo, cando chega á conclusión de que non son mortes naturais e descobre a existencia dos shiki vólvese moito decicidido e impulsivo, sendo tremendamento cruel e sádico por momentos
Seishin:monxe da aldea que se dedica a preparar oficios funerarios,rezar,etc.É amigo da infancia de Ozaki e axúdao na investigación para descubrir a causa das mortes.
O seu carácter é o dun pensador empedernido, serio, sempre usando a razón e non a emoción para actuar.
Tentou suicidarse cando estaba na universidade pero fallou polo que despois deso convertiuse en escritor e no monxe que agora é.
Sunako: líder do clan dos shiki. Ten a apariencia dunha fráxil nen pequena pero sen mebrago viviu por máis de 100 anos. É moi cruel e calculadora, áinda que demostra afecto polos seus semellantes e incluso derrama bágos cando lle sucede algo a un ser querido.
Tatsumi: maiordomo do Kirishiki que é un jinrou, isto é, un home lobo. Así, pode saír á luz do sol e non te n a necesidade de bebr sangue humana, aínda que só deste último xeito pode explotar os seus poderes.
O seu carácter é bastante chulo, sendo unha persoa á que non lle importa nada para conseguir o seu obxectivo.
Familia Kirishiki: familia de shikis que se muda á aldea en cuestión e comeza a invasión. Está conformada por Sunako, unha shiki moi guapa que actúa como nai de Sunako e un jinrou que actúa como pai de Sunako.Non se sabe moito do seu pasado.
Tohru: primeiro e mellor amigo de Natsuno cando este chega á aldea. En vida é un rapaz moi algere, risoño, que sempre anda a xogar con Natsuno.Como shiki, demostra ser un dos shikis máis recelosos de matar , costándolle moitísimo asasinar ás súas víctimas e derramando bágoas cando o fai.

Akira: e Kaori:dous irmáns que logo de ser informados da existencia dos Shikis por parte de Natsuno intentan defenderse da invasión como poden.
Os anteriores son os personaxes principais; non obstante hai un longo elenco de secundarios de máis ou menos importancia que aparecen en poucos caps.
Megumi: protagonista do primeiro capitulo do anime, no que se ve que ten un claro sentimento de afección amorosa cara Natsuno.Así, é das primeiras víctimas dos shiki converténdose nun deles.
Despois de resucitar vólvese moito máis malvada, non opoñendo resistencia para asasinar xente con tal de satisfacer o seu apetito.


Considero necesario facer algunhas consideracións:
Os shiki son vampiros nun sentido bastante aproximado da palabra. Necesitan beber sangue para poder subsistir, non lles pode dar a luz do sol e son innomrtais a menos que se lles corte a cabeza.Ademáis, non poden entrar nunha casas a menos que sexan invitados.
Como non respiran, ao principio non poden falar e para facelo teñen que tomar unha profunda bocanada de aire.
Os jinrou(homes lobo) descríbenos como unha especie de shiki especiais que só aparecen unha vez cada moito tempo, capaces de vivir unha vida normal pero que necesitan beber sangue para facer uso dos seus poderes.
Non tódalas persoas mordidas por un shiki se coverten en shiki, a ser exactos son un pequeno porcentaxe retorna como Shiki.

ANIMACIÓN E BSO
A animación é certamente incrible. O deseño de personaxes é realista pero ao mesmo tempo extravagante e diferente e o que é a acción en sí é tremendamente realista. Non falta a sangue cando hai unha pelexas e os tons escuros danlle un toque de terror que axuda a fortalecer o universo do anime.
A BSO é moi adecuada para un anime de intriga e misterio como é este. Os OP e ED son rítmicos , dinámicos e nada cansinos e os ED serven para pechar ben os caps. As melodías que soan durans os episodios usan instrumentos coma flautas ou outros instrumentos tradicionais xaponeses o que lle da un maior aire de realidade: melodías moi adecuadas para unha historia no Xapón rural perdido.

CONCLUSIÓN
O mellor de 2010. Cecáis hai animes con mellor animación, xa que este non se caracteriza polas esceas de acción, sen embargo, un argumento que te atrapa en cada capítulo e unha BSO impresionante fan deste produto algo imperdíbel.







Nota: 9.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //