Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 14 de xuño de 2015



#manga #newwaves #ogsn
Boas! Fai tempo , eh? XD O caso é que hoxe falaremos da secuela do manga coreano The Breaker, do que xa falei(Entrada orixinal: ) , que comecei a ler dende que levaba apenas uns capítulos e que lin semana por semana ata a súa finalización. Antes de entrar en de que vai, este manhwa adolece dos mesmos problemas que o seu predecesor, incluso no feito de non rematar a historia e deixar un final moi aberto(O final de The breaker é  discutíbelmente pechado, isto é, aberto pero podemos considerar que se pecha unha parte da historia). Imos co argumento!

The Breaker: New Waves colle o seu título dunha nova xeración de artistas marciais, algúns dos cales xa coñecíamos e outros novos. Así, Shion atópase ao comezo da historia co seu centro de ki roto, o que imposibilita para a práctica de artes marciais. Sen embargo, el segue a practicar os exercicios que o seu desaparecido sensei Goomonriong lle deixou e por motivos un pouco aleatorios, segundo a miña opinión, remata por ser xefe dunha casa de artes marciais. Esta circunstancia é bastante curiosa porque hai persoas notábelmente máis poderosas ca el dentro do seu clan pero polo que sexa el é o xefe, o Gaju.
A historia evoluciona de xeito que Shion faise máis e máis poderoso co tempo grazas aos seus encontros cos inimigos e incluso remata por recuperar o seu centro de ki dun xeito un pouco "máxico"(Tódolos personaxes son moi op, tampouco hai que sobreanalizar cousas coma esta XD) e a historia chega ao seu clímax coa aparición do sensei perdido, quen parece ser que non recorda demasiado a Shion e ten unha persoalidade e ideais notábelmente diferentes ao que recordábamos. Sen entrar ao críbel que resulta que alguén tan badass coma o sensei poida ser manipulado tan facilmente(A min non me quedou 100% claro canto era real e canto finxido) o encontro entre os dous personaxes mola, máis que nada porque por moito que o intenten(E a pesar da melloras aparentes de Shion) o carisma do sensei é moi superior.

A histria inicia de xeito moi lento, incluso de xeito máis lento que a serie orixinal porque pasan moitos capítulos ata que Shion pode pelexar(Uns 100, e o manga ten uns 200 , así que...XD) polo que a sensación de recheo é bastante poderosa durantes eses 100 capítulos. Sen embargo, a graza deste manga non está nas pelexas do protagonista(Soamente) senón nos entresixos do mundo das artes marciais e a historia dos abundantes personaxes secundarios, algúns dos cales moi memorábeis(E non, non me refiro a Jinnie, personaxes que, se te paras a pensar, só foi usada para dicir que será importante no futuro).

Respeito do arte, non se nota un empeoramento da mesa. Que por que se espera un empeoramento? Porque , a pesar de que houbo moitos capítulos non publicados a tempo conseguiuse un ritmo semanal lixeiramente estábel e para un autor ao que parece que lle costa chegar a tempo hai que admitir que non se nota un empeoramento na calidade do debuxo; de feito, incluso podemos apreciar unha lixeira maioría nalgúns deseños, con komas de pelexas máis traballados.

Se falamos de diferenzas coa obra orixinal, aparte de cambios lixeiros no artes, principalmente está un argumento máis traballado. A duración deste manga é moito maior que a da obra orixinal e se temos en conta o tempo que tardan e poñer o fundamento da historia dámonos conta que se prestou unha maior atención ás tramas secundarias. A pesar de que The Breaker é un gran manga, se cadra apreciábase falta de detalle nalgunhas cousas e historias difusas , algo que se subsana en gran parte nesta segunda entrega.Isto non quere dicir que non haxa tramas que se vexas moi débiles, coma o feito de que se supón que non se coñece a identidade do xefe malísimo, algo que, tendo en conta a cantidade de cousas que pasan, remata por pasar a un segundo plano(Esperemos que na confirmada terceira parte aten eses cabos soltos).

En conclusión, este manga era o que esperaba con máis ganas cada semana tódolos fins de semana. Historia que te atrapa(aínda que lenta por momentos) con gran profundidade, artes marciais, personaxes carismáticos(Falta traballo no principal por momentos) e moi bo debuxo fan deste manga algo imprescindíbel.

Nota: 9.25

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //