Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 26 de maio de 2015

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe(Por fin!) falaremos de Tokyo Ghoul, a primeira tempada do anime do manga homónimo. Dirá algún : "Ah, pero, xa rematou a segunda, vas moi atrasado..." Eu vou ao meu ritmo, a vida vai demasiado rápido para min XD. O caso é que este anime tivo bastante fama no seu momento polo que decidín ver os seus 12 episodios(Sen censura) para ver a ver se a fama era merecida. Imos co argumento!

ARGUMENTO

Tokyo Ghoul, como o seu nome indica vai duns monstros chamados Ghouls(Gul ) que están vagamente inspirados no demo do mesmo nome da cultura árabe, do cal podemos saber máis cousas en Wikipedia. O caso é que estas criaturas teñen aspecto humano pero só poden morrer se non se alimentan(De carne humana) ou se son asasinados, en principio non morren de morte natural co paso dos anos, o cal fai que haxa Ghouls moi , moi vellos.
A historia comeza cando o protagonista, Kaneki, é atacado por unha Ghoul nunha calexa escura, que dis ti, para que vas por ahí, se xa se ve ao lonxe que unha tía tan boa non vai querer ir contigo así por así na primeira cita,pero bueno....Pasa o que ten que pasar, que a tipa comeza a atacalo co seu tentáculo(Resulta que os Ghouls teñen un ou varios tentáculos que poden usar como consideren) ata que aparece outro personaxe que salva a Kaneki. Este é levado ao hospital rapidamente pero os médicos danno por morto debido á gravidade das súas feridas. Sen embargo, un doutor decide empregar os órganos da muller que atoparon xunto de Kaneki(A Ghoul) e transplantarllos a Kaneki, algo que provoca que Kaneki se convirta nun híbrido: medio Ghoul-medio humano. Así, sen poder dixerir a comida humana remata por asociarse cun grupo de Ghouls pacíficos que rexeitan unha cefetería para saciar as súas necesidades de carne humana.
Ese é máis ou menos o argumento, ao longo da tempada podemos observar certas evolucións no argumento pero sendo honestos nos doce capítulos tampouco avanza moitísimo a trama, de feito avanza a tompicóns durante os últimos 4-5 capítulos , onde morren varios personaxes e ves que realmente algo pasa.Da a sensación de que había que rematar a trama como fose...Isto provoca que o final pareza demasiado abrupto e repentino, en certo modo sabes que foi o que pasou pero non se da ningunha pista do que pasa con moitos personaxes . Aínda que exista unha segunda tempada, creo que poderían ter pechado mellor a primeira.

PERSONAXES

Comentarei aquí os dous personaxes que me pareceron máis interesantes, hai moitos máis XD.
Kaneki: é o protagonista da historia. Ao comezo ten unha persoalidad bastante xenérica , coma o típico rapaz bo que non quere ferir nin a unha mosca pero co paso dos capítulos vaise dando conta de que así non vai a ningún sitio e decide loitar por si mesmo.
Debido a que a "alma" de Rie, a tipa á que pertencen os seus órganos Ghoul está dentro del, algunhas veces entra en trance e herda parte desa natureza sádica que caracterizaba a Rie aínda que Kaneki é capaz de controlarse a maioría das veces. Isto non quita que cando é levado ao límite, despois de sufrir torturas inimaxinábeis remate por saír a relucir a súa propia parte psicótica e matar a un montón de xente(Os Ghoul teñen unha capacidade de rexeneración de tecido moi boa, polo que como tortura o que se soe facer é romperlle/arrancarlle partes do corpo , esperar a que se rexeneren e repetir).
Kotaro Amon: é o investigador número 1 da unidade anti-ghouls de Tokyo, os malos, para que nos entendamos. Así, dedícase a cargarse Ghouls, xunto co seu compañeiro máis experimentado Kureo Mado, aínda que soe ter remordementos e despois de coñecer a Kaneki, quen mostra un comportamento errático e intenta claramente non sucumbir aos seus institintos comeza a preguntarse se realmente o que están a fecer é o correcto ao cargarse Ghouls sen miramentos.
Ao igual que o resto de membros da unidade especial, pode usar como arma os poderes dos Ghouls(Os tentáculos que dixen antes), polo que ten a súa propia arma en forma de lanza, aínda que despois usa outras e demostra ser perfectamente hábil con tódalas armas que manexa.

ANIMACIÓN E BSO

Así para comezar, ver isto sen censura non merece demasiado a pena, isto é, perde gran parte de graza. Hai unha cantidade de sangue notábel , especialmente en dúas ou tres esceas importantes,  o que axuda a darlle un certo "realismo" ao anime(Que si, que xa sei que son monstro inventados e que o de que a xente bote sangue coma se fose un puzo de petróleo igual é algo esaxerado, pero aínda así). As pelexas están ben coregrafiadas e ao contrario do que podería parecer o de ter tentáculos estilo Dr Octopus non fai que as pelexas sexan demasiado liosas con moitos elementos en pantalla.
En canto ao deseño de personaxes, non hai fallos importantes e tódolos personaxes teñen o mesmo nivel de debuxo, non é un anime especialmente orientado ao fan service, polo que non se pasa dos personaxes masculinos en detrimento de ter unhas tetas a 1080p nas personaxes femininas .
O opening é razoábelmente bo, pegadizo e que se che queda facilmente na cabeza pero para min ten un fallo crítico na forma dun Spoiler : móstrase a Kaneki nunh forma na que non aparece ata o últimom capítulo do anime, o que fai que te preguntes " a que ven Kaneki co pelo branco?" ata o último capítulo. O ending, como soe ser costume, non me gustou demasiado.


CONCLUSIÓN

A miña opinión deste anime mellorou notábelmente vistos os tres últimos capítulos do mesmo, senón a miña opinión sería bastante diferente. Non foron suficientes para subsanar os erros pasados pero sí que foron notábeis. Así, os dous primeiros capítulos e os tres últimos son sen dúbida os mellores; se restamos da nota os capítulos do medio quédanos unha nota de entorno a notábel alto.
Este anime é bastante bo, pero creo que podería ter sido moito mellor, hai moito potencial desaproveitado. Gustaralle a todos aqueles que busquen acción e monstros, cun trama aceptábelmente boa.

Nota: 8.2

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //