Newest Post

// Posted by :Adrian Rodriguez Fariña // On :mércores, 1 de xullo de 2015

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos de Naruto The Last, a penúltima peli de Naruto (A última sería a de Boruto) e a primeira despois do final do manga. Así, de que vai?

Temporalmente situada dous anos despois do final do manga , situámonos nun período de absoluta calma despois de toda esa movida da guerra ninja e tal. A peli comeza coa mítica trama denominada NaruHina, onde Hinata parece que, esta vez si, vaise confesar a Naruto. Á fin , cando o vai facer bótase atrás , é raptada por unha serie de figuras misteriosas e a cousa queda en nada. 
Resulta que ditas persoas misteriosas son parte dun grupo liderado por alguén máis poderoso que Kaguya(Ou da liga de , vamos) que , polo que sexa, ten interese en estrelar a lúa contra a Terra, algo bastante evidente no ceo e que tiña moi preocupados aos kages(Á xente normal non estrañamente XD). Hinata , ao ter Byakugan, pode rastrexar a entrada á guarida do malvado polo que uns cantos ninjas de Konoha(Véxase Hinata, Naruto, Sakura, Shikamaru e Sai, creo recordar) van tras o malvado, que de paso secuestra a unha prima de Hinata (Que eu era a primeira vez que vía, aínda que eles actúen como se a coñecesen de toda a vida). Unha vez chega á guarida conseguen atravesala ao pasar por unha especie de auga verde que revive as memorias dos personaxes, detalle que se aproveita para rechear varios minutos de película ,ata que despois de varios momentos conseguen chegar a un lugar misterioso onde incluso hai aldeas deshabitadas que resulta ser a lúa. 
Logo o desenvolvemento é máis ou menos normal, Hinata faise mala e parece claudicar pero non, os kage deciden usar un canon para cargarse á lúa pero debido a que Naruto/Kyubi consegue derrotar ao malvado non  remata por ser usado e pouco máis. 
A nivel argumental o único destacábel é que por fin se confirma NaruHina e os dous rematan xuntos.


A nivel artístico gustoume especialmente certa parte da peli con liñas máis difuminadas , un estilo claramente diferenciado do anime que é bastante refrescante i é de agradecer.
En canto a batallas, certo é que a batalla final é bastante decente, dado que observamos unha pelexa do kyubi e iso sempre resulta bastante espectacular.


Como conclusión, a peli está bastante ben . A pesar de que argumentalmente empeora o visto na última película que me gustou(A peli na que Naruto remataba preso, non na que o mundo era unha ilusión) nótase o esforzo de facer algo que "cole" dentro da continuidade . Ademáis, logo de ler algúns capítulos da secuela manga(Que é probábel que coincida , polo menos en parte, coa peli de Boruto), eu decantaríame por esta última.

Nota: 6.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //