Newest Post

// Posted by :OGSN // On :venres, 17 de xullo de 2015

#manga #anime #ogsn

Boas! Hoxe falaremos do manga spin off de Naruto. Son 10 capitúlos así que tampouco hai un gran argumento que comentar, dado que suponse que a historia é unha introdución do que vai pasar na película(Que mellor que sexa así que facer un Dragon Ball Super e invertarse unha nova liña temporal incongruente coas películas...XD)

A historia sitúase algún tempo despois do final do manga orixinal, con Naruto asentado como Hokage e a vila nun período de paz. Así, a paz é ameazada cando son divisados unha serie de personaxes sospeitosos con sharingans cerca da vila, polo que Naruto decide investigar.Únense a el a filla de Sasuke quen nunca coñeceu ao seu pai, e a filla de Choji(Este última como "alivio cómico", máis que outra cousa). Rematan por atoparse con Sasuke na persecución destas figuras misteriosas, que resultan estar afiliadas a Akatsuki.
Para axudar na investigación van xunto de Orochimaru, que polo que parece non foi castigado de ningún modo e de paso Sarada, a filla de Sasuke, aproveita para facerse un test de adn para saber se Sakura é a súa nai(Flipa coa tecnoloxía dos ninjas). Para facelo colle un pelo que pensa que é de Karin, pero resulta ser de Sakura e á fin prodúcese un drama tremendo co de que Sakura non é a nai pero á fin sí. En fin XD.
O caso é que os tipos estes son clons dunha persoa que é un ex-recluta de Akatsuki, van á súa guarida , machácanos e todos contentos.

Argumentalmente, a historia é máis interesante que a fin de Naruto(Non era moi difícil) ao tentar volver dalgún xeito ás raíces. Atopámonos cun debuxo bo e con esceas bastante salientábeis coma un Susanoo voador por parte de Sasuke . O drama do tema do asunto de Sarada tería sido moito máis trascendental no caso de non ser Sakura a nai finalmente pero esta non era ese tipo de historia e por moitas pistas que deran xa sabías cal ía ser a conclusión dende o primeiro momento. Agradécese o esforzo de tódolos modos.


En conclusión, é unha historia autoconclusiva sorprendentemente sólida que rememora algunhas das boas cousas que tiña Naruto. Notábel.


Nota: 7.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //