Newest Post

// Posted by :Adrian Rodriguez Fariña // On :venres, 24 de xullo de 2015

#manga #anime #ogsn

Hoxe falaremos de Half&Half, manga de Seo Kouji(Suzuka, Kimi no Iru Machi) que foi serializado a partires dun one shot a un ritmo bastante irregular pero que conseguiu expandir a historia do one shot .Imos co argumento!

O manga conta a historia de como un rapaz e unha rapaza se teñen que poñer dacordo para decidir quen dos dous seguiría con vida logo dunha semana.Isto é así porque se ven envoltos nun accidente e morren ao mesmo tempo.Deste xeito, concédeselles unha oportunidade: deben decidir quen dos dous vivirá á fin dunha semana, de xeito contrario morrerán os dous.Ademáis, hai outra cousa: durante esa semana, os dous personaxes compartirán tódalas súas emocións e sensacións para acadar un nivel de conexión emocional adecuado que lles permita chegar a unha decisión, dado que non poden alonxarse un do outro(Vamos, que si, que teñen sexo XD).
O parágrafo anterior é un pouco a premisa básica do primeiro capítulo, que se desenvolve nos seguintes capítulos nos que a historia de amor progresa a medida que os personaxes se coñecen. Un podería pernsar que o final cantado é que maxicamente os dous consigan sobrevivir por algún fallo ou así pero o clímax da historia resólvese cun final bastante sorprendente que creo que rompe un pouco moldes deste tipo de historias(Aínda que coincide en certo modo co do one-shot)

O debuxo, non sei se é por o número reducido de capítulos, parece mellor do que é normalmente na outra obra que setá a publicar nestes momentos Seo Kouji(Fuuka) , os personaxes están ben caracterizados e as esceas ecchi teñen especial coidado(Parece ser que a demografía deste manga é máis seinen que shonen)

En conclusión, non é unha mala historia, pero realmente non merece a pensa ler a historia completa porque no one-shot xa se resolve basicamente todo, dende o principio ata á fin, polo que só recomendaría lela á aqueles que queiran unha reiterpretación do one-shot.



Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //