Newest Post

// Posted by :OGSN // On :xoves, 10 de setembro de 2015



#books #libros #ogsn
Ola, sei que fai tempo dende a última entrada , pero a parte boa é que hoxe por fin hai entrada!Será o inicio dunha nova tanda de entradas periódicas?Esperemos XD
Hoxe falaremos da novela The Anubis Gates, As portas de anubis. Trátase dunha novela de ciencia ficción que xa se publicou fai uns anos (1983) , pero que en certo modo volveu subir á palestra porque a serie de TVE "El ministerio del tiempo" está baseada en parte nesta novela. Obviamente vai haber spoilers , así que se non vistes a serie ou non queredes saber de que vai o libro , pasade disto XD.

A historia comeza cando hai un certo vello británico que está nas últimas. É moi rico pero toda a súa riqueza non lle serve para estender a súa vida. Así, comeza a investigar diversas cousas que teñen que ver coa maxia e chega á conclusión de que hai un modo de estender a súa vida pero para iso require viaxar no tempo ao Londres antigo da época de Lord Byron . Para financiar a súa expedición, contacta con diferentes "turistas" , quen pagarán un alto prezo para poder asistir a unha conferencia dun poeta chamado Samuel Taylor Coleridge e que lle axudarán a financiar a máquina de viaxar polo tempo. Entre eles está o que podemos considerar coma o protagonista da historia, Brendan Doyle, un experto no poeta que é contratado para axudar expedición. 

Fagamos unha pausa aquí. Neste punto xa podemos atopar similitudes coa serie de tv, aínda que non demasiadas. Por unha banda, está feito de que non se poida viaxar no tempo á carta, hai que aproveitar unha especie de fisuras temporais que só permiten ir a certos momentos(Aínda que no caso da novela úsase unha máquina que usa fusión nuclear ), o cal está claro que ten moito que ver co concepto de portas da serie. Prosigamos.

Algo sae mal e Brendan queda atrapado en Londres, moito anos antes de nacer sequera e sen opcións de contactar con ninguén da súa expedición que o axude . Deste xeito, logo de dar tumbos dun lado para outro remata por facerse mendigo para un certo "xefe de mendigos da cidade" para poder sobrevir, e no seu camiño coñece a multitude de personaxes secundarios.Pasan unha serie de cousas e despois deun par de xiros un pouco previsíbeis a novela acaba de xeito máis ou menos relacionado con como comezous. O que quero dicir con isto é que o xiro de que Brendan Doyle se convirta en Ashbless, un poeta, era máis ou menos obvio para atalo co argumento do principio e o feito de que Ashbless e a única rapaza da historia(practicamente) se coñezan pois tamén da moitas pistas sobre o de que rematarán por casar nun futuro(Incluso usan a mesma maneira na serie: unha foto /retrato na que se ve aos dous xuntos)

Un aspecto importante no que difire a novela da serie é no uso da maxia: sí aquí hai maxia e varios dos personaxes son xitanos que poden realizar diferentes feitizos coma facer clons de barro dunha persoa, facer lume ou , posteriormente viaxar no tempo. Realmente exploran moito este tema na novela , o cal lle da á mesma un toque místico e máxico que está claro que a serie de televisión non ten.

En canto a cousas que non me gustaron do libro, sobre todo o que máis me "chirriou" foi o tema do recheo. Digamos que hai certos segmentos da obra que poderíamos eliminar complentamente e a historia principal non se vería especialmente afectada, dado que non serven para que os personaxes ou a trama evolucionen e poden ser calificados de vacíos ou faltos de contido. Parece que son unha escusa para falar sobre certos personaxes históricos e deixar de lado a trama que ocupa o libro. É algo que a serie de tv tentou non facer, dalgún xeito estruturouse de xeito que a trama dos personaxes sempre estivese ligada á trama histórica para non constiuír paralelismos que resultan en que unha das tramas floxee cando nos centramos na outra.



En conclusión, hai moitos elementos desta novela que se nota que son a base para a serie de tv, pero incluso se non a viches creo que é bastante desfrutábel.


Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //