Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 7 de xaneiro de 2011
Como un manga que comezou cun éxito tremendísimo acaba rematando con poucos(relativamente) caps?Non digo que o final non chegara nun momento xusto xa que non había máis por onde "tirar", segundo a maioría de sites en internet din que foi unha decisión do autor pero eu creo que estar de último ou nos últimos postos nas encuestas da Jump e non vender ben os seus volumes non contribuiu de xeito positivo. Outra vez Jump acaba voluntaria ou involuntariamente cun gran manga so porque non o acompañen as ventas, xa que a xente prefire ler cousas coma Naruto ou Bleach no seu lugar.
Bueno, contar o argumento de Psyren sen usar spoilers é imposíble, de feito cando les o argumento na traseira dos volumes non tes fas á idea do que realmente é xD. Así que SPOILER ALERT
Ben, Psyren conta a historia dun rapaz chamado Yoshina Ageha, que se dedica a axudar a axente dos máis diversos modos posíbeis, desde tarefas moi sinxelas coma rescatar un gato dunha árbore a algunhas máis complicadas como defender a persoas de matóns.Pero todo isto cambia cando escoita unha chamada de teléfono nun cabina telefónica. Como ninguén colle o teléfono decide collelo e unha voz feminina faille unha serie de preguntas que vas subindo de tono con detalles cada vez máis persoais co cal Ageha cabréase e colga o teléfono. Pensa que só foi unha broma de mal gusto pero en realidade acaba de entrar en algo moito máis grande do que acada a comprender e que implica a salvación do mundo en si mesmo.
Isto é, pouco tempo despois , comeza a verdadeira trama do manga, cando Ageha comeza a ter un enorme pitido na cabeza i é teletransportado xunto con outros humanos a un lugar de tintes desérticos onde ten que atopar outra cabina para volver á súa casa. O que non sabe é que ese lugar está infestado de monstros polo que a estancia será incriblemente ardua e poucos sobrevivirán.
FIN_SPOILERS
Ben , non contei o mellor spoiler porque me parece que iso xa é máis que suficiente para interesar se polo manga. Como se deduce no argumento, o manga baséase nunha historia de ciencia ficción con toques por momentos de survival horror e moita acción. Sen embargo, polo que vale a pena ler Psyren é polo seu argumento, xa que é incriblemente denso, con múltiples xiros de guión que te deixarán boquiaberto e que nos seus case cento cincuenta capítulos construe un universo tremendamente elaborado e no que apenas pode quedar algo por explicar logo de todo o manga , o que deixa unha sensación como de satisfacción ao rematalo e resolver tódalas incógnitas.
É un shonen, así que por moito guión que teña algo máis terá que pasar , non? Certo, basicamente a estrutura que segue é a mítica estrutura shonen de : "entreno, son máis forte, entreno, son máis forte" que se repite ata a saciedade en Naruto ou outros de temática similar aínda que neste caso levado dun xeito moito máis realista. Os protagonistas da historia e os seus inimigos son capaces de usar unha especie de superpoderes, o que fai que as batallas sexan bastante espectaculares e se convirtan en secuencias d eacción moi intensas o que fai que o manga non dependa só da historia e se sustente un pouco na acción.
Se falamos da arte, o que é o debuxo en sí e un gran debuxo para ser shonen, é dicir, os personaxes están ben desinados e teñen un trazo moi característico , sendo algúns personaxes cun diseño "badass" que lle senta incriblemente ben, ademáis de que os monstros e inimigos que saen están moi ben caracterizados e iso que non son demasiado basados na realidade.
O debuxo dos escenarios terrestres é bastante detallado, pero é moi interesante a visión que da dos territorios onde se desenvolven as "quest" de terras desoladas, que lle da ese aire de "resident evil II" tan interesante.
Podería dicir que este manga mereceu moito máis respeto e popularidade da que tivo xa que certamente do que se publica na súa revista de Jump non hai nada sequera comparábel ao seu nível de calidade de argumento, aínda que recoñezo que hai outros con mellor debuxo. Creo que o erro de Psyren foi se Shonen, porque unha historia tan profunda era moi complicado que durase en Jump e aínda así durante moitos caps e o seu final non se sentiu para nada forzado xa que remata no punto xusto cando non hai máis por onde tirar o que se cadra lle debería servir de lección a moitos outros que botan interminables arcos un detrás do outro e non se sabe en que dirección van.
En resumo, para min é un obra mestra de manga, un must -read, sobre todo se che gusta a ciencia ficción, aínda que creo que se tivese sido seinen que cecáis subira de calidade.
Nota: 9.5
- Back to Home »
- ecchi , Manga , Nota entre 9 e 10 , Psyren , shonen »
- Recomendacion : Psyren