Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 14 de xaneiro de 2011
Air Gear é unha serie de manga, anime e novelas lixeiras bastante famosa que se atopa entre os primeiros postos dos rankings das páxinas de lectura de manga online coma mangafox. Non lin o manga nin as novelas lixeiras así que non podo opinar ao respeito, pero sí vin os seus 25 caps de anime (que non adaptan toda a historia, xa que o manga se segue publicando actualmente) que se emitiron no 2006 e a verdade.... non era tan boa . Imos co argumento
ARGUMENTO
Xa para empezar o argumento de Air Gear non me chama , non só a min, creo que non é un argumento suficientemente bo como para chamar ao especador medio para ver a serie. Así, conta a historia dun mundo ficticio, futurista teoricamente, no que se inventaron uns enxeños denominados Air Treks, que son uns patíns con motor incorporado que poden acadar altas velocidades de ata 80 ou 100 km/h e permitenaos seus usuarios realizar longos saltos que se asemellan ao voo dun ave , o que é un tema recurrente en todo o anime.
Céntrase na vida dun rapaz chamado Minami Ikki e dos seus amigos/familiares/rivales que despois se volven amigos/inimigos reais e nas batallas que teñe lugar entre uns patinadores e outros para conseguir chegar á cima dunha metafórica torre chamada Tropaeum(no anime din que é relativo á grecia clásica, que era unha torre construida nas guerras cos corpos dos guerreiros mortos do bando contrario ao teu) e así proclamarse rei dos ceos e monarca absoluto do mundo do Air Trek.
Vale, a ver, son patíns....É dicir, non estamos ante alguén que poida facer cousas extraordinarias aínda que se queira dar a ver e as cousas que lle pasan inténtase que sexan extraordinarias pero ao meu entender son moi comúns, oo que é un erro. Isto é ,se queres adoptar a filosofía do realismo adóptaa, pero este psuedorealismo facendo que os patinadores sexan heroes e teñan case "superpoderes" non me convence.Isto non quere dicir que a mesma idea con outro desenrolo tivese mellor resultado, xa que a premisa inicial de guerras entre patinadores nun ambiente de corrupción creo que estaría ben.
Como se pode deducir do argumento, é altamente shonen, isto é, típica estrutura de heroe que comeza sendo un inútil e se volve bo pouco a pouco, sufrindo repetidas derrotas e volvéndose máis forte pouco a pouco.
O argumento ten unha profundidade relativa(pouca) indagando en feridas do pasado que a verdade tal como se plantexa o anime non veñen moito a conto , así como os repetidos momentos filosóficos dos protagonistas que hai veces que carecen totalmente de senso .
Aínda así, consegue crear un amplo universo con moitos termos exclusivos da serie e centos de personaxes; non quita o feito de que sexa demasiado simplona.
Ten elementos cómicos, que ten farán bobtar algunha que outra gargallada e de acción, polo que o argumento se non esperas demasiado e a ves se non tes outra cousa que ver cumpre á perfección co perfecto anime shonen.
PERSONAXES
Só falarei un pouco d@s personaxes principais, aínda que hai un gran elenco de secundarios que aumenta a medida que pasan os caps, algún deles se cadra mellor que algún principal, algo que nunca debería pasar , na miña opinión.
Minami Ikki: o protagonista masculino principal da historia, sendo un rapaz normal membro dunha banda de rapaces que se meten en pelexas(gang) que un día descobre uns Air Treks na súa casa e comeza apatinar neles. Ten unha facilidade incrible para aprender xa que é capaz de chegar a un nivel máis que aceptábel superando a xente que leva anos de práctica en poucos meses. O seu carácter é bastante interesante por momentos,xa que algunhas veces desvíase do típico heroe shonen e pasa a ser alguén que lle da igual o que lle pase aos seus amigos, aínda que é o menos das veces, con abundates momentos deses nos que di que salvará aos seus nakama do perigo.
Está destinado a ser un rei xa que desde pequeno vírnoselle as súas ás(metaforicamente) cando sataba de grandes alturas ás que se subía.
Ringo: a protagonista feminina principal da historia. Vive na mesma casa que Ikki e trátanse como irmáns aínda que non o son realmente. É unha rapaza moi seria que sempre fai o correcto e e reprende constantemente a Ikki aínda que está namorada del en secreto, un tema que se desenvolve moi lentamente ao non ser o tema principal da historia. É unha excelente patinadora, lexítima herdeira dun equipo de patinadores chamado Sleeping Forest que foi o mellor nos seus tempos.
Kazu: amigo de Ikki e membro do seu equipo de Air Treks Kogarasumaru( a Ikki coñecen coma Karasu, que siñifica corvo, algo moi recurrente). É un rapaz rubio de ollos azuis aínda que non é demasiado popular entre rapazas, non obstante unha rapaza está tolamente namorada del. O seu estilo de patinar baséase na velocidade , tendo unha postura moi característica co corpo practicamente pegado ao chan para gañan velocidade.
Onigiri: outro membro de Kogarasumaru que é tremendamente pervertido e patina cun só patín, poñen a cabeza encima del , o que é bastante gracioso. Segue o chamado sendeiro da Pestilencia, xa que cando se excita suda moito e usa iso para intimidar aos seus rivais.
Buccha: un patinador incriblemente gordo que patina en Air Treks de catro rodas(normalmente teñen só dúas) tamén membro de Kogarasumaru despois de que Ikki o derrote. Cando patina metafóricamente móstrano coma un tanque polo que ten moita forza e é un gran patinador.
A pesar de estar gordo, apenas ten grasa no seu corpo, xa que maiormente é sangue , polo que é capaz de transformarse en musculoso cando o necesita.
Agito/Akito : rapaz con doble personalidade que é de Kogarasumaru. É tremendamente bo sendo considerado un dos mellores patinadores actuais .Mentres que Akito é tímido e amaneirado , Agito é rudo e forte, sendo a súa palabra favorita fuck. Segue o sendeiro do caveiro, que consiste en infrinxir as marcas das súa victoria cos seus Air Treks no corpo dos seus opoñentes.
Estes son máis ou menos o principais, hai "tropecentos" secundarios que son amigos/familia/inimigos de Ikki . Particularmente hai algúns secundarios que me parecen bastante interesantes: Rika-nee, a ex-líder de Sleeping Forest, e Simca-san, unha patinadora de pelo rosa obsesionada con Ikki.
ANIMACIÓN E BSO
A animación é ..... mala, por dicilo suavemente. No manga o deseño dos personaxes e escenarios é máis ou menos decente, pero é que no anime é penoso, cando o ves por primeira vez pensas que se ve mal porque será culpa de que hai un baixón de frames ou algo, pero é así en tódolos caps. Ademáis, que a calidade de debuxo do anime é vacía e falta de contido, parece que estás vendo outra serie diferente á do manga.
A BSO é... bueno, diferente. O seu esilo a min particularmente non me gusta demasiado, o opening é algo rítmico pero o ending detesteino e cambiaba de capítulo ao chegar a el.
O resto das melodías son bastante pasábeis habendo algunha que particularmente me pareceu moi boa que soa coma o instrumento co que Europe toca The final Countdown, que lle da un toque moi interesante.
CONCLUSIÓN
Non me gustou. Para nada. Personaxes simples, tramas vacías e unha animación detestábel. Se queres ver Air Gear lee o seu manga que certamente é bastante mellor que o anime.
Nota: 4
- Back to Home »
- Air Gear , Anime , ecchi , Nota entre 4 e 5 , shonen »
- CRíTiCa ANiMe: Air Gear