Newest Post
As light novels son o mesmo que o anime ou o manga(en formato de historia, refírome), o que pasa é que en formato de novelas con algunhas que outra ilustración. Teñen algunhas características particulares, coma que os párrafos son curtos, hai moita acción e diálogos , o que da moito dinamismo á historia.
Moitos éxitos do anime foron sacados de light novels, coma Zero No tsukaima, Shakugan no Shana ou To aru majutsu no index, aínda que tamén hai ocasións nas que se un anime ten moito éxito faranse light novels sobre o mesmo.
A súa publicación é bastante regular, sacando varios exemplares ao ano de forma que cada novela adapta normalmente un arco, chegando a duracións moi longas de incluso máis de 20 novelas.
Hoxe en día, grazas a internet, é posíbel acceder a estes materiais, particularmente hai un par delas a destacar:
-Lanove: proxecto de traducción de light novels en español que conta con varios títulos no seu catálogo e unhas releases máis ou menos frecuentes.
-Baka-tsuki: un sitio cun número moi grande de títulos pero sobre todo vai moito máis adiantada na traducción que as web en español, xa que tódalas traduccións que se realizan son en inglés(hai noutros idiomas pero non tantos caps). Poida que para ler as novelas na súa web o formato non sexa o máis adecuado polo que eu soio gardar o texto e as ilustracións nun pdf.Aínda que estén en inglés é sinxelo seguir un pouco o fío da historia aínda que non entendas todo.
Por último, algunhas imaxes de portadas dalgunhas das light novels máis famosas: