Newest Post

// Posted by :OGSN // On :martes, 30 de agosto de 2011


Amor no tempos das bestas...XD

Este é un manga bastante subido de ton con esceas de sexo aínda que non se pode considerar hentai na miña opinión,  como moito un smut. A historia  pode parecer absurda pero é moi interesante unha vez que comeza o manga e sobre todo unha vez que comezan a pasar os capítulos e a trama se asenta.


Conta a historia de certa rapaza que vive co seu pai. Así, o seu pai traballa nun local nocturno e ela axúdalle. Ata aquí todo normal, non? Pois o interesante ben agora: o seu pai é un travesti e tódolos empregados(sí, moitos deles refírsense a si mesmos como mulleres e usan pronomes que así o demostran como atashi).
A protagonista do manga é a filla que traballa axudando no local nocturno, aínda que ten un traballo de oficinista. Así, un día chega un guapo doutor á súa empresa para facer revisións médicas e ela namórase del a primeira vista.El intenta evitar por tódolos medios a atracción pero á fin remata aceptando e cásanse. Apartir daquí comeza un sinfín de situacións hilarantes que te faran rir de maneira desmesurada dad a brilantez coa que está desenvoltas, combinando un estilo de debuxo normal cun estilo chibi(Parecido ao que ocorre en Sora no Otoshimono).

Hai un gran contraste de personalidades entre os dous protagonistas do manga: mentres qu ela é salvaxe e sempre quere practicar sexo, de feito parece unha leoa XD el é moito máis tranquilo polo que como dúo cómico son moi graciosos.



En resumo, unha obra altamente recomendábel para un público máis ou menos adulto, realmente hilarante a pesar do que poida semellar nun comezo e con multitude de situacións ecchis .

Nota: 7.75

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //