Newest Post
// Posted by :OGSN
// On :venres, 2 de marzo de 2012
ARGUMENTO
A historia vai sobre que certa nave alieníxena aterriza na Terra de emerxencia un ano antes de que comece a historia principal. Así, a raza de alieníxenas desa nave está composta por seres de aspecto moi parecido ás féminas na súa maioría(hai machos, pero moi poucos) : todas son tremendamente guapas e serviciais, dedicándose a compracer aos habitantes da Terra en todo o que poidan(isto podería ser perfectamente o comezo dunha peli porno se un fala obxectivamente XD).
Dado que na Terra non existe a exclavitude legalmente, os Dears(nome da raza alieníxena) ocultan este feito en certo modo e integran as súas membras entre as escolas de Xapón . Así, cada Dear ten un denominado Amo e a felicidade da mesma consiste en compracer ao Amo.
O protagonista da historia é un rapaz chamado Takeya Ikuhara, a quen non lle emociona nada o tema dos Dears. Sen embargo, atopa unha fémina Dear tirada na rúa e decide acollela, a pesar de que está é unha Dear deficiente xa que non sabe falar e non foi educada adecuadamente.
A trama desenvólvese entre enredos e máis enredos de tipo comedia romática e nos últimos dous ou tres capítulos(como é normal neste tipo de animes) avanza a trama.
Basicamente , o argumen pódese resumir coma: rapaz coñece a rapaza alieníxena que ten actitudes ecchis e que xunto con outras rapazas de boas proporcións conforman o harem do citado rapaz XD

PERSONAXES
Só comento os principais

É o típico personaxe de comedia ecchi que é un good for nothing pero que extrañamente está cunha rapaza guapísima.


Ao comezo adopta unha actitude de total servidume cara os demáis pero logo dase conta de que os demáis non sempre necesitan a súa axuda e que ela tamén pode recibir axuda deles.
Natsuki Ikuhara: a mellor personaxe do anime. É a irmá do protagonista e polo menos non copiaron o seu carácter(polo menos non tan cantosamente) doutro anime, de xeito que aquí se nos presenta a unha personaxe que rompe co estereotipo de kawaii imouto e segue máis a liña dunha irmá mandona e moi celosa do que Ren pase tanto tempo co seu onii-chan.

ANIMACIÓN & BSO
Bueno, a animación non é de todo ....mala XD. Non hai grandes explosións nen centos de personaxes en pantalla, así que se un ten en conta que a historia é bastante simpre a animación cumpre. Ademáis, que os corpos das personaxes femininas están bastante detallados(moito máis que calquera personaxes masculino) e hai un manexo das cores e da luz suficientemente bo.
Respeito da BSO hai que dicir que non é nada do outro mundo e que na miña opinión é bastante mala, hai outras series deste tipo que teñen moita mellor BSO e non caen nas típicas melodías de sempre , como é este caso. Aquí deixo o opening:
CONCLUSIÓN
Como anime para ver se non se ten nada mellor que ver vale, pero non é unha desas obras mestras imprescindíbeis e non ten ningún elemento que faga deste anime algo interesante. O único que podería motivar a velo son as señoritas que aparecen e algún que outro chiste(a historia pode ser considerada interesante se non viches outros animes antes). Do estilo, é moito mellor Chobits(anime do cal Dears é unha copia bastante clara).

Nota: 4
- Back to Home »
- Anime , comedia , Dears , ecchi , Nota entre 4 e 5 , romance , shonen »
- Critica ANime: Dears
Related Posts :
Anime, comedia, Dears, ecchi, Nota entre 4 e 5, romance, shonen
