Newest Post

// Posted by :OGSN // On :domingo, 11 de novembro de 2012


Boas! No seu momento escribín sobre Air Gear, pero sobre o anime. Nesta caso falarei do manga, que é MOITO mellor. Así, Air Gear é un manga que foi pubricado na Shonen Magazine(Onde están a publicarse varios títulos dos que estou a ler actualmente, véxase Baby Steps, Code Breaker, Fairy Tail, Good Ending, Happy Project e Kimi no Iru Machi). Alguén co sinónimo de Oh great!(Ogure ito, pra ser exactos) foi a persoa encarga de debuxar e escribir o guión de Air Gear durante os seus 37 tomos, concretamente ata maio deste ano, cando finalizou. Imos co argumento:

Air Gear, en orixe, é un manga de deportes. Ubícase en Xapón, nunha época futurista na que a xente quere novas emocións. Así, surxen os AT(Air Treks), uns patíns con motor que permite aos patinadores acadar velocidades de vértigo e facer piruetas imposíbeis. Tales fazañas está ao alcance de poucos, dado que os AT son bastante caros e o protagonista da historia, Ikki, non ten cartos pra compralos dado que a súa familia é moi pobre. Vive coas catro irmás Noyamano, quen, ao igual ca el , non teñen máis. Estas intentan que Ikki se quite da cabeza o tema dos AT pero "baby face" (así é como o apodan) é moi teimudo e á fin consegue facerse cuns AT. 
Logo disto, decide formar un equipo con diferentes membros que recluta co paso dos capítulos ata conformas un equipo o suficientemente grande como pra cometir contra outros, chamado Kogarasumaru(Siñifica algo de corvos, non recordo exactamente o que). A maneira en que se compite depende do nivel dos participantes, que pode ser de A a F dependendo do número de victorias. Deste xeito, a competición pode ser unha carreira en liña recta, unha carreira de obstáculos, unha pelexa, pasarse un disco ou outros.
Logo ven a parte máis shonen do manga: as pelexas. Sí, técnicamente levan uns patíns, pero no manga, por moita carreira que fagan, á fin quen gaña é o que gaña nunha pelexa, polo que executan técnicas como lanzar grandes ventos ou atacar con forma de colmillos(recordoume a cando en Beyblade aquelas peonzas se convertían (teoricamente) en dragóns e así...XD ) . Isto provoca que cada patinador teña un estilo diferente, un sendeiro que seguir. Hai varios, de feito, Ikki ao comezo comeza no sendeiro das ás pero despois pásase a outro.

Se falamos d@s personaxes, hai moitos. Pero moitos, os máis de 300 capítulos do manga dan pra presentar a todo aquel que tiña algunha importancia, algunhas veces ata me pareceu de máis. Véxase que hai personaxes moito máis carismáticos ca outros: Agito/Akito/Lind é un rapaz que ten triple personalidade cun parche nun ollo. Win . Sen embargo, alguén que se supón que é moi importante como Simca(e a quen lle dedican tempo ) non me parece unha personaxe interesante( a non ser polos seus "atributos" XD ) .
A historia é máis profunda a medida que avanza: ao comezo Kogarasumaru é un grupo de xente que quere conquistar o trono dos Air Gear e ser os mellor do mundo. Sen embargo, isto pasa a ser algo secundario despois, cando comezan a aparecer un montón de dramas filosóficos e hai loitas a morte. O das pelexas está ben, pero os dramas filosóficos que se montan en plan ciencia-ficción (especialmente na parte final do manga ) son demasiado abastractos por momentos e pérdeste entre tanta información. Faise demasiado denso.
A pesar do anterior, Air Gear é bo argumentalmente, iso é seguro.

Falemos agora do debuxo. Está moi ben. Pra ser honestos, do mellor que levo visto, especialmente xa avanzado o manga. A batalla final é unha delicia, ten un debuxo espectacular, pero xa dende moito máis atrás @s personaxes e os ataques que realizan son espectacularmente retratados pra darlle ao manga unha gran sensación de presión nas batallas. Chapou.



Como conclusión, dicir que é un obra que aínda que o final te deixe nun estado de "que se supón que acaba de pasar " é altamente disfrutábel por momentos, especialmente en capítulos Avanzados. Notable alto.


Nota: 8.5

Leave a Reply

Subscribe to Posts | Subscribe to Comments

// Copyright © OGSN! //Anime-Note//Powered by Blogger // Designed by Johanes Djogan //